Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Hades

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:BiografíaHades

Editar o valor en Wikidata
Biografía
ResidenciaHades
inframundo gregoEditar o valor en Wikidata
CelebraciónRelixión da Grecia antigaEditar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxePerséfoneEditar o valor en Wikidata
ParellaMente
LeuceEditar o valor en Wikidata
FillosMacária
 ()
Zagreu
 ()PerséfoneEditar o valor en Wikidata
PaisCronosEditar o valor en Wikidata  e ReaEditar o valor en Wikidata
IrmánsHestia
Zeus
Hera
Deméter
PoseidónEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética (1926—1947)
Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft
Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po LjubkeruEditar o valor en Wikidata

Hades (/ˈades/; engrego antigo: ᾍδης,romanizado:Hā́idēs[háːi̯dεːs], máis tarde[háːdεːs]), namitoloxía erelixión daGrecia antiga, é o deus dos finados e rei doinframundo, do cal o seu nome se tornou sinónimo.[1] A palabra facía referencia enHomero só ao deus; sendo oxenitivo ᾍιδούHaidou unelisión para designar localización: ‘[a casa/dominio] de Hades’. Finalmente tamén onominativo chegou a designar a morada dos mortos.

Namitoloxía grega, Hades é o fillo varón maior deCrono eRea. Segundo o mito, el e os seus irmánsZeus ePoseidón derrotaron aosTitáns e reclamaron o goberno do cosmos, adxudicándose o inframundo, o ceo e o mar, respectivamente; a terra sólida, desde moito antes provincia deXea, estaba dispoñible para os tres ao mesmo tempo.

Hades tamén era chamadoPlouton (en grego antigo Πλούτων, xenitivo Πλούτωνος, ‘o rico’), nome que os romanoslatinizaron comoPlutón. Os antigos romanos asociaron a Hades/Plutón coas súaspropias deidadesctónicas,Dis Pater eOrco. O deusetrusco equivalente eraAita.

O termo «hades» nateoloxía cristiá (e noNovo Testamento Grego) é paralelo aohebreosheol (שאול, ‘tumba’ ou ‘pozo de sucidade’), e alude á morada dos mortos. O concepto cristián deinferno parécese máis aoTártaro grego, unha parte profunda e sombría do Hades usada como alxube de tormento e sufrimento.

O reino de Hades

[editar |editar a fonte]
Hades conCérbero (Museo de Arqueoloxía de Creta).

Nos antigos mitos gregos, o reino de Hades é a neboenta e sombría[2] morada dos mortos (tamén chamadaÉrebo), á que ían todos os mortais. A filosofía grega posterior introduciu a idea de que os mortais eran xulgados tras a súa morte e recompensábanse ou maldicíanse. Moi poucos mortais podían abandonar este reino unha vez entraran: as excepcións,Heracles eTeseo, eran heroes. InclusoOdiseo na súanekyia[3] chama aos espíritos dos defuntos, en lugar de descender até eles.

Había varias seccións no Hades, incluíndo oElisio, osCampos de Asfódelos e oTártaro. Osmitógrafos gregos non son totalmente consistentes sobre a xeografía domáis alá. Un mito completamente oposto sobre a outra vida concirne ao xardín dasHespérides, con frecuencia identificado coasIllas da Bendición, onde podían morar os heroes bendicidos.

Namitoloxía romana, a entrada ao Inframundo localizada noAverno, un cráter próximo aCumas, foi a ruta usada porEneas para descender ao reino dos mortos.[4] Porsinécdoque, «Averno» pode usarse como referencia a todo o inframundo. OsInferi Dii eran os deuses romanos do inframundo.

Para os helenos, os falecidos entraban ao inframundo cruzando o ríoAqueronte, porteados porCaronte, quen cobraba pola pasaxe unóbolo,pequena moeda que poñían na boca do defunto os seus piadosos familiares. Ospobres e os que non tiñan nin amigos nin familia reuníanse durante cen anos na orela.[4] Os gregos ofrecíanlibacións propiciatorias para evitar que os defuntos volvesen ao mundo superior a «perseguir» a quen non lles dera un funeral adecuado. O outro lado do río era gardado poloCérbero, o can de tres cabezas derrotado porHeracles (Hércules para os romanos). Máis alá de Cérbero, as sombras dos defuntos entraban na terra dos mortos para ser xulgadas.

Os cinco ríos do reino de Hades e o seu significado simbólico eran oAqueronte (o río da pena ou a congoxa), oCocito (lamentacións), oFlexetonte (fogo),Lete (esquecemento) eEstixia (odio), o río sobre o que incluso os deuses xuraban e no que somerxeron a Aquiles para facelo invencible. O Estixia formaba a fronteira entre os mundos superior e inferior.

A primeira rexión do Hades comprendía osCampos de Asfódelos, descritos naOdisea,[3] onde as almas dos heroes vagaban abatidas entre espíritos menores, que barullaban como morcegos. Só libacións de sangue ofrecidas por eles no mundo dos vivos podían devolvelos durante un tempo ás sensacións de humanidade.

Máis alá quedaba oÉrebo, que podía tomarse como uneufemismo para o Hades, cun nome que era temido. Había nel dous lagos: o de Lete, a onde as almas comúns acudían para borrar todos os seus recordos, e o deMnemósine (‘memoria’), de onde os iniciados nos Misterios preferían beber. No antepatio do palacio de Hades e Perséfone sentábanse os tres xuíces do Inframundo:Minos,Radamantis eÉaco. Alí, notrivio consagrado aHécate, onde os tres camiños se encontraban, as almas eran xulgadas, volvendo aos Campos de Asfódelos se non eran virtuosas nin malvadas, enviadas ao camiño do tenebroso Tártaro se eran impías ou malas, ou aoElisio (Illas dos Benaventurados) se eran heroes «intachables».

NosOráculos sibilinos, un curioso batiburrillo de elementos grecorromanos e xudeocristiáns, volve a aparecer o Hades como morada dos mortos, e poretimoloxía popular, incluso procede do nome deAdán (o primeiro home), afirmándose como motivo que foi o primeiro en entrar nel.[5]

Deus do inframundo

[editar |editar a fonte]

Namitoloxía grega, Hades (o ‘invisible’), o deus do inframundo, era un fillo dosTitánsCrono eRea. Tiña tres irmáns,Deméter,Hestia eHera, así como dous irmáns,Zeus (o menor de todos) ePoseidón. Xuntos constituían os seisdeuses olímpicos orixinais.

Tras facerse adulto, Zeus logrou obrigar ao seu pai a que regurxitase aos seus irmáns. Tras ser liberados, os seis deuses mozos, xunto aos aliados que lograron reunir, desafiaron o poder dos deuses maiores naTitanomaquia, unha guerra divina. Zeus, Poseidón e Hades recibiron armas dos tresCiclopes como axuda para a guerra: Zeus os tronos, Poseidón otridente e Hades uncasco de invisibilidade. A noite anterior á primeira batalla, Hades puxo o seu casco e, sendo invisible, infiltrouse no campamento dos Titáns e destruíu as súas armas.[Cómpre referencia] A guerra durou dez anos e acabou coa vitoria dos deuses novos. Tras esta vitoria, segundo a unha única pasaxe famosa daIlíada,[6] Hades e os seus dous irmáns máis novos, Poseidón e Zeus, botaron a sortes[7] os reinos a gobernar. Zeus quedou co ceo, Poseidón cos mares e Hades recibiu o inframundo,[8] o reino invisible ao que os mortos van tras deixar o mundo, así como de todas as cousas baixo terra.

Hades obtivo a súa consorte definitiva e raíña,Perséfone, mediante artimañas, nunha historia que conectaba os antigosmisterios eleusinos co panteón olímpico nunmito fundacional do reino dos mortos.Helios díxolle á chorosa Deméter sobre Hades «que non é un indigno xenro o soberano de tantos, que é da túa mesma semente e sabes ben onde vive e que lote lle tocou cando se fixo a repartición entre os tres irmáns...»[2]

A pesar das connotacións modernas da morte como maldade, Hades tiña en realidade un carácter máisaltruísta na mitoloxía. A miúdo retrátase máis como pasivo que como malvado: o seu papel era normalmente de manter un relativo equilibrio.

Hades reinaba sobre os mortos, coa axuda doutros sobre os que tiña completa autoridade. Prohibiu estritamente aos seus súbditos abandonar os seus dominios e enfurecíase bastante cando alguén o intentaba, ou se alguén trataba de roubar almas do seu reino. Era igualmente terrible para quen intentaba enganar á morte ou cruzala, comoSísifo ePirítoo descubriron para a súa desgraza.

Á parte deHeracles, as únicas persoas vivas que se aventuraron no Inframundo foron todasheroes:Odiseo,Eneas (acompañado polaSibila),Orfeo,Teseo e, nun romance posterior,Psique. Ningún deles estivo especialmente satisfeito co que presenciaron no reino dos mortos. En particular, o heroe gregoAquiles, a quen Odiseo conxurou cunha libación de sangue, dixo: «Non me fales con dozura da morte, glorioso Odiseo. Preferiría servir como mercenario a outro antes que ser o señor dos mortos que pereceron.»[9]

Culto

[editar |editar a fonte]
Hades, etiquetado comoPlouton, ‘o rico’, porta unhacornucopia nunha ánfora ática de figuras rubias,c. 470 a. C.

Hades, deus dos mortos, era un personaxe temible para aqueles que aínda vivían. Sen présa por encontrarse con el, eran reticentes a prestar xuramentos no seu nome. Para moitos, simplemente dicir a palabra «Hades» xa lles daba medo, polo que se buscaroneufemismos. Dado que os minerais preciosos viñan das profundidades da terra (é dicir, do «inframundo» gobernado por Hades), considerábase que este tiña tamén o control sobre eles, polo que referíanse a el como ΠλουτωνPlouton (relacionado con ‘riqueza’), de onde procede o seu nome romano,Plutón.Sófocles explicaba o hábito de referirse a Hades como ‘o rico’ con estas palabras: «o sombrío Hades enriquécese cos nosos suspiros e lágrimas». Ademais, chamábaselleClímeno (Κλυμενος, ‘célebre’),Polidegmon (Ρολυδεγμων, ‘que recibe a moitos’) e quizaisEubuleo (Ευβουλεος, ‘bo conselleiro’ ou ‘benintencionado’),[10] todos eles eufemismos que evolucionaron aepítetos.

Aínda serolímpico, pasaba a maior parte do seu tempo no seu escuro reino. Formidable na batalla, demostrou a súa ferocidade na famosaTitanomaquia, a batalla dos olímpicos contra os titáns, que entronizou a Zeus. Temido e odiado, Hades personificaba a inexorable finalidade da morte: «Por que odiamos a Hades máis que a calquera deus, se non é por ser tan adamantino e inflexible?», preguntábase retoricamenteAgamenón.[11] Mais non era un deus malvado, pois aínda que si severo, cruel e desapiadado, era, non obstante, xusto. Hades gobernaba o Inframundo e por iso era con moita frecuencia asociado coa morte e temido polos homes, aínda que a personificación real desta eraTánatos.

Cando os gregos pacificaban a Hades, golpeaban as súas mans contra o chan para asegurarse de que puidera oílos.[12] Animais negros, como ovellas, eran sacrificados por el. O sangue de todos os sacrificiosctónicos, incluíndo os dedicados a Hades, goteaba a un pozo ou físgoa no chan.[13]

As súas pertenzas identificativas incluían un famoso casco, que lle deron osCiclopes e que facía invisible a calquera que o levase. Sabíase que ás veces Hades lle prestaba o seu casco da invisibilidade tanto a deuses como a homes (como aPerseo). O seu carro escuro, tirado por catro cabalos negros como o carbón, sempre resultaba impresionante e pavoroso. Os seus outros atributos ordinarios eran onarciso e ociprés, a Chave do Hades eCérbero, o can de múltiples cabezas. Sentaba nun trono deébano.

O filósofoHeráclito, unificando opostos, declarou que Hades eDioniso, a mesma esencia da vida indestrutible (zoë), eran o mesmo deus.[14] Entre outras evidencias,Kerényi sinala que a aflixida deusa Deméter rexeitaba beber viño, que é o don de Dioniso, tras o rapto de Perséfone, debido a esta asociación, e suxire que Hades pode de feito ter sido un «pseudónimo» para o Dioniso do inframundo.[15] Incluso suxire que esta identidade dual poida ter sido familiar a quen entraban en contacto cosMisterios.[16] Un dos epítetos de Dioniso eraCtonio, ‘subterráneo’.[17]

Representacións artísticas

[editar |editar a fonte]

Hades é rara vez representado na arte clásica, agás nas representacións do rapto de Perséfone.[18]

Mitos

[editar |editar a fonte]

Perséfone

[editar |editar a fonte]
Fonte de Proserpina enPoznan (Polonia), esculpida por Augustin Schöps.

A consorte de Hades eraPerséfone, representada polos gregos como a fermosa filla deDeméter.[19]

Perséfone non se someteu a Hades voluntariamente, senón que foi raptada por este mentres recollía flores nos campos deNisa. En protesta por este acto, Deméter lanzou unha maldición sobre a terra que produciu unha gran fame negra, e aínda que un por un os deuses foron pedirlle que a levantase para que a humanidade deixase de sufrir, ela aseguraba que a terra permanecería estéril até que volvese ver a súa filla. Por fin interveu Zeus, quen a través deHermes pediulle a Hades que devolvese a Perséfone. Este accedeu, «pero antes de partir tomou un gran de granada, que é doce como o mel e que Hades lle ofreceu porque sabía que así tería que regresar.»[2]

Deméter preguntoulle a Perséfone á súa volta á luz e ao aire: «Non probarías bocado mentres estabas abaixo? Porque se aínda non o fixeches poderás vivir con nós, pero se comiches algo, terás que volver alí, pasarás os invernos na terra profunda e cando chegue a calor e a terra estea verde poderás reunirte connosco de novo.»[2]

Isto atouna a Hades e ao Inframundo, para gran consternación de Deméter. Non está claro se Perséfone foi cómplice do asunto. Zeus propuxo un compromiso, ao que accederon todas as partes: do ano, Perséfone pasaría un terzo co seu marido.[20] É durante esta época cando oinverno cae sobre a terra, «unha expresión de tristeza e loito».[21]

Teseo e Pirítoo

[editar |editar a fonte]

Hades encarcerou aTeseo ePirítoo, quen prometeran secuestrar e desposar a fillas deZeus. Teseo elixiu aHelena, secuestrouna e decidiu retela até que tivese idade de casar. Pirítoo elixiu aPerséfone. Deixaron a Helena coa nai de Teseo,Etra, e viaxaron ao Inframundo. Hades coñecía o seu plan de raptar á súa muller, así que finxiu ofrecerlles hospitalidade e preparou un banquete. Tan pronto como a parella sentou, enroscáronse serpentes arredor dos seus pés, atrapándoos. Teseo foi finalmente rescatado porHeracles, pero Pirítoo quedou preso como castigo por ousar pretender a esposa dun deus.

Heracles

[editar |editar a fonte]

O último traballo deHeracles foi capturar aCérbero. Primeiro viaxou aEleusis para ser iniciado nosmisterios eleusinos. Fixo isto para absolverse a si mesmo da culpa por ter matado aoscentauros e para aprender como entrar e saír vivo do Inframundo. Atopou a entrada do inframundo enTénaro.Atenea eHermes axudáronlle na súa ida e volta do Hades. Heracles pediulle permiso a Hades para levar a Cérbero. Hades accedeu, mais coa condición de que non lle fixese dano. Cando Heracles sacou o can fóra do Hades, pasou pola covaAquerusia.

Orfeo e Eurídice

[editar |editar a fonte]

Hades só mostrou clemencia unha vez: candoOrfeo, un gran intérprete musical, viaxou ao Inframundo para recuperar á súa esposa,Eurídice, que fora mordida por unha serpente, morrendo no acto. Incapaz de aceptar a súa morte, Orfeo foille pedir a Hades unha segunda oportunidade. Emocionado pola habilidade musical de Orfeo, Hades permitiulle a este levar a súa esposa de volta ao mundo dos vivos coa condición de que nunca intentase mirar atrás para comprobar se ela o seguía até chegar á superficie. Orfeo accedeu e partiu con Eurídice de volta ao mundo dos vivos, pero pronto lle asaltaron as dúbidas, temendo que Hades o enganara dándolle a alma equivocada, ou que a súa esposa no puidera seguilo ou o abandonara, así que acabou mirando para atrás, rompendo a súa promesa. Desta forma, Eurídice volveu de novo ao Hades, perdida para sempre por Orfeo.

Mente e Leuce

[editar |editar a fonte]

SegundoOvidio, Hades perseguiu e gañaría áninfaMente, asociada co ríoCocito, de non ser porque Perséfone a transformou nunha planta chamadamenta. De forma similar, a ninfaLeuce, a quen tamén violara, foi metamorfoseada por Hades nunálamo branco tras a súa morte. Outra versión conta que foi transformada por Perséfone nesta árbore mentres estaba xunto á lagoa da Memoria.

Caronte

[editar |editar a fonte]

Naantiga Grecia e naantiga Roma era costume poñer unhamoeda (comunmente unóbolo) dentro ou sobre a boca dos defuntos, xa que estes tiñan que pagarlle aCaronte, o barqueiro do Hades.[22]

Artigo principal:Óbolo de Caronte.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Cartwright, Mark."Hades". 
  2. 2,02,12,22,3Himno homérico a Deméter.
  3. 3,03,1Homero,Odisea xi.
  4. 4,04,1Virxilio,Eneida vi.
  5. Oráculos sibilinos i.101–3.
  6. Homero,Ilíada xv.187–93.
  7. Walter Burkert, enThe Orientalizing Revolution: Near Eastern Influence on Greek Culture in the Early Archaic Age (1992) pp. 90 e seg., compara esta única referencia coAtrahasis mesopotámico: «a estrutura básica de ambos textos é asombrosamente similar». O sorteo non era a versión habitual:Hesíodo (Teogonía 883) declara que Zeus derrocou ao seu pai e foi aclamado rei polos outros deuses. «Dificilmente haxa en Homero outra pasaxe que se acerque tanto a ser unha tradución dunha épicaacadia», conclúe Burkert (p. 91).
  8. Poseidón dixo: «Eu obtiven por sorte habitar sempre no espumoso e axitado mar, tocáronlle a Hades as noitebras sombrías, correspondeulle a Zeus o ancho ceo entre o éter e as nubes; pero a terra e o alto Olimpo son de todos.» (Ilíada xv.187.)
  9. Homero,Odisea xi.488.
  10. O nome «Eubuleo» aparece máis a miúdo como epíteto deDioniso ouZeus.
  11. Homero,Ilíada ix.
  12. Graves, R. (1960).The Greek Myths. pp. §31.e.Hades nunca sabe que está sucedendo ni mundo superior, ou no Olimpo, salvo pola información fragmentaria que lle chega cando os mortais golpean as súas mans sobre a terra e o invocan con xuramentos e maldicións 
  13. Kerényi, K. (1951).Gods of the Greeks. pp. 231. 
  14. Heráclito, encontrándose coa festa daFaloforia, na que se desfilaba con falos, comentou nun fragmento conservado: «Se non ordenasen a procesión na honra do deus e lle dirixisen a canción fálica, sería o máis desvergonzado dos comportamentos. Pero Hades é o mesmo que Dioniso, para quen cantan e se comportan comobacantes». (Citado enKerényi, K. (1976). Princeton University Press, ed.Dionysos: Archetypal Image of Indestructible Life. pp. 239 e seg. )
  15. Kerényi (1967) p. 40.
  16. Kerényi (1976) p. 240.
  17. Kerényi (1976) p. 83.
  18. Vermeule, Emily (decembro de 1958)."Mythology in Mycenaean Art".The Classical Journal54 (3): 97–108. 
  19. Guirand, Felix (1959). Batchworth Press Limited, ed.Larousse Encyclopedia of Mythology. pp. 190. 
  20. Guirand (1959) p. 175.
  21. Guirand (1959) p. 176.
  22. Non sobre os ollos: todas as fontes literarias especifican a boca.Calímaco,Hecale fragmento 278 no texto de R. PfeifferCallimachus (Oxford University Press, 1949) vol. 2 p. 262; agora ordenado como fragmento 99 por A. S. D. Hollis na súa edición,Callimachus: Hecale (Clarendon Press, 1990) pp. 284 e seg., daSuda, especificando a boca, tamén enEtymologicum Graecum («Danakes»).W. Smith tamén especifica a boca, aínda que a arqueoloxía desmente a súa afirmación de que todos os cadáveres tiñan unha moeda (Smith, W. (1867). Little, Brown & Co, ed."Charon".A Dictionary of Greek and Roman biography and mythology1: 689. OCLC 68763679. Consultado o 2 de abril de 2012. ) Véxase taménÓbolo de Caronte.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  HadesModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Relixións e cultos
Grupos
Deuses olímpicos
Outras deidades maiores
Heroes
Ritos e prácticas
Lugares sagrados
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Hades&oldid=6917387»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp