O formato HDTV utiliza exclusivamente unha relación de aspecto 16:9 a diferenza do formato convencional que pode utilizar 4:3 ou 16:9. A alta resoluxión das imaxes (1920 pixeis x 1080 liñas ou 1280 pixeis x 720 liñas) permite mostrar moito máis detalle comparado coa televisión analóxica de definición estándar (720 pixeis x 576 liñas co estándar PAL). Para a compresión pódense utilizar oscódecs MPEG-2,H.264 ou o VC-1 (derivado doWindows Media Vídeo 9).
Comparanza da resolución dos diferentes estándares de televisión
O sistema de alta definiciónHDTV ten polo menos o dobre de resolución que oSDTV, razón pola cal se pode mostrar moito máis detalle en comparanza cun televisor analóxico ou un DVD normal. Ademais, os estándares técnicos para transmitir HDTV permiten que se proxecte utilizando unharelación de aspecto de 16:9 sen utilizar franxas negras e, por tanto, pódese incrementar a resolución do contido.