Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Hóckey sobre herba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xogo de hóckey nosXogos Olímpicos de 1908.

Ohóckey sobre herba[1] é un deporte practicado por dous equipos de once xogadores. Un partido divídese en catro tempos de 15 minutos, con 15 minutos de intervalo na metade, dous minutos despois dos primeiro e terceiro tempo; dispútase sobre un rectángulo cunha portería en cada extremo. O obxectivo do xogo é tentar marcar o maior número degoles posíbeis, conducindo a bóla por medio dunstick.

Historia

[editar |editar a fonte]

O deporte foi creado polos ingleses a finais doséculo XIX, aínda que a tradición remonta a súa orixe áPersia de hai milenios. Por iso o deporte se popularizou nascolonias británicas, a mediados doséculo XX, mesmo sendo prohibido por interferir no adestramento dos arqueiros, responsábeis da defensa nacional.[2][3]

As seleccións masculinas daIndia ePaquistán foron ata o inicico da década de 1980 as grandes potencias do hóckey. Dende entón o deporte pasou a ser máis populares nos cinco continentes e algunhas nacións que destacan sonAlemaña,Australia, aArxentina, aChina e osPaíses Baixos.[4]

Regras

[editar |editar a fonte]
Campo oficial de hóckey sobre herba

Un partido de hóckey sobre herba consiste en catro tempos de 15 minutos cada un, durante os ques dous equipos de once xogadores tentan marcar o maior número de goles posíbel. Osgoles márcanse cando a bóla, que só pode ser tocada co lado plano dostick, atravesa totalmente a liña do gol adversario despois de ser tocada polo taco dun atacante dentro da área de chute (unsemicírculo marcado a 15metros do gol).[5][6]

O stick

[editar |editar a fonte]

O taco é xeralmente moi longo, xeralmente feito demadeira ou defibra de carbono. Ossticks poden pesar ata 7,374 quilogramos-forza, variando de lonxitude, tipo de construción e curvatura de acordo coa preferencia do xogador.

A bóla

[editar |editar a fonte]

A bóla está feita de plástico e cortiza con 7 cm de diámetro e pesa 170 gramos.

O campo

[editar |editar a fonte]

O campo ten 91,40 metros de lonxitude e 55 metros de largura, dividido por unha liña central e con outra a 23 metros de cada liña de fondo. A portería ten 2,14 metros de altura e 3,66 metros de largura.[7]

Regras

[editar |editar a fonte]

Unha característica única do hóckey sobre herba é a regra de obstrución. Na maioría dos outros deportes protexer a bóla co corpo non só está permitido senón que forma parte da estratexia do xogador. No hóckey sobre herba, pola contra, protexer a bóla co corpo só se permite cando a bóla está en movemento. Desta forma todos os xogadores teñen a mesma oportunidade de ter o control da bóla cando hai un caneo ou un pase.

Outras infraccións inclúen tocar a bóla con algunha parte do corpo (só se lle permite ao porteiro tocar a bóla coasmans ou coaspernas), empregar ostick de maneira perigosa e lanzar a bóla perigosamente na dirección dalgúnxogador.[5]

Penalidades

[editar |editar a fonte]

Normalmente, cando se marca unha infracción, o equipo que a sufriu ten dereito a un tiro libre do lugar onde esta foi marcada. No entanto, se a falta acontecer dentro da área de chute, ou se tratar dunha falta intencional da defensa, atrás da súa liña de 23 metros, márcase un penalti-córner.

O penalti-córner é un tiro libre do ataque, batido da liña de fondo a unha distancia de 10 metros do poste do gol, debendo todo atacante estar fóra da área de chute. Soamente cinco defensores poden ficar atrás da liña de fondo, mentres que os outros deben ficar atrás da liña do medio de campo. A vantaxe é toda do ataque, que precisa só que a bóla saia da área de remate antes de lanzala ao gol e para tal realiza unha serie de xogadas previamente ensaiadas para eludir os defensores.[5]

Calquera falta intencional marcada dentro da área de chute resulta en penalti a favor do ataque. O penalti lánzase a unha distancia de 6,4 metros do gol e o xogador só poderá dar un paso para empurrar a bóla (non se permite batela no penalti) en dirección ao gol, despois de autorizado polo árbitro.

Con relación ás faltas, os árbitros poden punir os xogadores con tres tipos de tarxetas, que se aplican de acordo coa gravidade da infracción cometida. A tarxeta verde serve para advertir un xogador pola súa conduta antideportiva. O seguinte nivel é o tarxeta amarela, que leva a unha suspensión temporal do xogador, correspondendo ao árbitro determinar a duración desta. Os xogadores suspendidos deben saír do campo e non poden ser substituídos. En casos extremos o árbitro emprega a tarxeta vermella, que exclúe o xogador para o resto do partido.[5]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras parahóckey.
  2. "History of Field Hockey | Surfers Field Hockey".www.surfersfieldhockey.com. Arquivado dendeo orixinal o 25-11-2020. Consultado o 11-03-2018. 
  3. "Where was field hockey invented? The history of hockey as we know it!".A Hockey World(eninglés). 08-01-2017. Consultado o 11-03-2018. 
  4. "Los Leones y Las Leonas debutarán ante Bélgica en enero venidero por la Pro League".La Nación(encastelán). 06-02-2018. Arquivado dendeo orixinal o 24-06-2018. Consultado o 11-03-2018. 
  5. 5,05,15,25,3"Field Hockey Rules"(PDF).FIH. Consultado o 11-03-2018. 
  6. "How to Choose a Field Hockey Sticks from Longstreth".www.longstreth.com(eninglés). Consultado o 11-03-2018. 
  7. "Hockey Pitches – Basic Information"(PDF).Great Britain Hockey. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 12-07-2018. Consultado o 11-03-2018. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Hóckey sobre herbaModificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Hóckey_sobre_herba&oldid=6410641»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp