Gustavia é a principal cidade e capital da illa deSaint-Barthélemy (a miúdo abreviado comoSaint-Barth en francés, ouSt. Barts en inglés) . Debe o seu nome ao reiGustavo III deSuecia.
Saint-Barthélemy foi reclamada por primeira vez por Francia, en 1648. A illa foi cedida a Suecia a cambio dos dereitos comerciais enGotemburgo en 1784 e Suecia fundou aSvenska Västindiska Kompaniet. Prosperou durante asGuerras Napoleónicas, perdeu potencial a partir de entón, e a illa foi vendida a Francia en 1878.
O lugar foi chamado primeiroLe Carénage polo refuxio que proporcionaba aos buques danados. De acordo aos arquivos o nomeGustavia apareceu entre o 28 de decembro de 1786 e o 9 de febreiro de 1787. Gustavia permanece como un reflexo do período sueco.
Construíronse tres fortes a mediados e finais do século XVII protexendo o porto: Oscar (antes Gustav Adolf), Karl e Gustav. A Igrexa Anglicana Episcopal fronte á baía foi construída en 1855.
As localizacións de Fort Karl, con vistas a Shell Beach ao sur da cidade, e Fort Gustav, na base do faro cara ao norte, son populares entre os excursionistas. Fort Oscar, na punta da península de Gustavia, alberga a Xendarmería. Hai un museo ao final da estradaVictor Schoelcher na península. Gustavia ten algúns restaurantes que serven gastronomía americana, italiana, francesa e doutros tipos. Gustavia ten moitas boutiques de alta gama que son unha fonte esencial de ingresos para a illa, e un dos hoteis máis luxosos de clase alta da illa. Hai un Real Consulado de Suecia en Gustavia (Cónsul Dantes Magras).
O clima é tropical con só pequenas variacións na temperatura. A pequena superficie da illa de só 24 km² permítelle gozar dun clima suave e agradábel provocado polos ventos alisios. As temperaturas medias de auga e aire móvense ao redor dos 27 °C, o ano divídese en dúas estacións: unha seca, coñecida como a Coresma (Careme), e unha máis húmido no inverno. Esta última tempada sucede entre maio e novembro, e o omnipresente sol está nubrado por pasaxes curtos de nubes de choiva con breves períodos de choiva de 10 a 15 minutos. De acordo co sistema daClasificación climática de Köppen Gustavia ten unclima tropical seco, abreviado "Aw" nos mapas climáticos.[1]