Gustav Stresemann, nado enBerlín o10 de maio de1878 e finado na mesma cidade o3 de outubro de1929[1], foi unpolíticoalemán, fundador e dirixente doPartido Popular Alemán,chanceler en 1923 e Ministro de Asuntos Exteriores desde 1923 ata a súa morte.
Figura ineludible daRepública de Weimar, permitiu a Alemaña recobrar o peso diplomático e económico perdido tralaprimeira guerra mundial mediante a posta en práctica dunha política pragmática. Esta política, onde os compromisos tiveron unha importante presenza, non foi unicamente a costa dos intereses alemáns. A cada concesión alemá correspondeu un avance diplomático ou económico. Tras controlar a hiperinflación que ameazaba a existencia mesma de Alemaña, Stresemann encarou outros problemas como aocupación do Ruhr polos exércitos francés e belga, as reparacións de guerra ou a cuestión fronteiriza latente desde otratado de Versalles.
A índole pragmática da súa política atraeulle moitos inimigos, sendo abandonado por unha gran parte da clase política coa que Stresemann tivo que lidar. Xunto aAristide Briand, foi o artífice da aproximación franco-alemá e de numerosos cambios diplomáticos en Europa, o que lles valeu a ambos a concesión dopremio Nobel da Paz. Con todo, esta aproximación detívose coa morte de Stresseman, perdendo aRepública de Weimar a un dos seus últimos defensores.
|
|---|
| 1901–1925 | |
|---|
| 1926–1950 | |
|---|
| 1951–1975 | |
|---|
| 1976–2000 | |
|---|
| 2001– | |
|---|