Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Gunderico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGunderico

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento379Editar o valor en Wikidata
Xermania Magna, AlemañaEditar o valor en Wikidata
Morte428(Gregoriano)Editar o valor en Wikidata (48/49 anos)
Sevilla, EspañaEditar o valor en Wikidata
Rei
407 – 428Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónPaganismo earianismoEditar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónreiEditar o valor en Wikidata
Familia
PaisGodexisiloEditar o valor en Wikidata  e FloraEditar o valor en Wikidata
IrmánsXensericoEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAllgemeine Deutsche BiographieEditar o valor en Wikidata
WikiTree: Vandals-51

Gunderico (enlatín:Gundericus) nado no379 e finado no428, foi rei dosvándalos entre o407 e o428 e dosalanos entre o419 e o428. Dirixiu aos vándalosasdingos, tribo que residía orixinalmente preto dorío Oder, para participar nasinvasións bárbaras doImperio Romano de Occidente noséculo V.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Fillo deGodexisilo, rei dos vándalos asdingos, e da súa esposaFlora. Sucedeu ao seu pai, morto no último día do ano406 combatendo contra osfrancos ripuarios, que defendían, comofoederati doImperio Romano, a fronteira dorío Rin.

Cos seus aliadossuevos e a cabalaría pesada proporcionada por varios clans alanos, Gunderico derrota unha forza de 3.000 francos e forza o paso áGalia, que recorre saqueando, entre outras, cidades comoMaguncia ouAmiens.

Ante a presión conxunta dos francos e das tropas britano-romanas do usurpadorConstantino III, vese empuxado cara ao sur, cruzando osPireneos en outubro do409.

Asentamento na Gallaecia

[editar |editar a fonte]

Dous anos despois, en411, un tratado con Roma estableceu aos vándalos asdingos ao norte daGallaecia, aos suevos no sur, aos alanos enLusitania e aCartaxinense, e aos vándalos silingos naBética.

Esta situación, porén, ha durar pouco, debido á intervención dosvisigodos que, dirixidos porWalia e en calidade defoederati de Roma, interveñen enHispania no ano417. Walia penetra na Cartaxinense e derrota aos vándalos silingos na Bética, capturando ao seu reiFredebaldo.

Sucesión alana

[editar |editar a fonte]

No418 chégalle a vez aos alanos, cuxo reiAtaces morre a mans dos visigodos. Como consecuencia de todo isto, Gunderico acabará asumindo en419 o título de “Rex Wandalorum et Alanorum” ("Rei de vándalos e alanos") e instalando ao seu pobo na Bética comofoederati no422.

Guerra suevo-vándala

[editar |editar a fonte]

En419, despois dunha disputa conHermerico, os vándalos atacaron os suevos e atraparon ao exército de Hermerico nabatalla dos montes Nervasos. O xeneral romanoAsterio interveu a favor dos suevos e os vándalos retrocederon, marchando cara áBética, onde se uniron aos silingos sobreviventes.[1]

Campañas desuevos,vándalos eImperio romano de Occidente durante a guerra suevo-vándala.

Asentamento na Bética

[editar |editar a fonte]

En422, Gunderico derrota a un exército romano preto deCórdoba que, ao mando deCastino, pretendía recuperar a Bética. Os vándalos atacaronMauretania Tingitana,Baleares, e saquearonCartaxena eHispalis (Sevilla) no425, aínda que non chegaron a establecerse nestas cidades. Gunderico volveu tomarHispalis en428.[2]

Morte

[editar |editar a fonte]

Hidacio escribiu que enHispalis no428 Gunderico puxo "as mans na igrexa daquela mesma cidade, por vontade de Deus foi apreixado por un demo e morreu". Non está claro como morreu Gunderico, aínda que se teoriza que Hidacio facía referencia ao intento de Gunderico de converter unhaigrexa católica nunhaigrexa ariana pero morreu inesperadamente. Despois de que Gunderico morrese a principios de 428,[3] os vándalos elixiron o seu medio irmánXenserico como o seu sucesor, este deixouIberia no 429 e invadiu aÁfrica romana onde se asentou.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Thompson, 165.
  2. Kulikowsi 2004, pp. 173-180
  3. Reilly (2003), p. 10

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Predecesor:
Godexisilo
Rei dosvándalos
407-428
Sucesor:
Xenserico
Predecesor:
Ataces
Rei dosalanos
419-428
Sucesor:
Xenserico
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Gunderico&oldid=6910117»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp