Guinea Ecuatorial[1][2] (enfrancés:Guinée équatoriale; enportugués:Guiné Equatorial) é un país daÁfrica central, e un dos países máis pequenos daÁfrica continental, cunha área de 28 000 km². Antigamente foi unhacoloniaespañola coñecida comoGuinea Española, e obtivo a súa independencia o12 de outubro de1968. O nome que adoptou o país tras obter a súa independencia débese á proximidade coEcuador e a estar situado nogolfo de Guinea. Guinea Ecuatorial é o único estado soberano africano no que ocastelán é a lingua oficial. No ano 2015, o país tiña unha poboación estimada de 1 222 245 persoas.[3]
Guinea Ecuatorial componse de dúas partes, unha insular e outra continental. A rexión insultar componse das illas deBioko (antigaFernando Pó) no Golfo de Guinea eAnnobón, unha pequena illa volcánica que é a única zona do país situada ó sur doecuador. A illa de Bioko é a zona máis setentrional de Guinea Ecuatorial e é onde se atopa a capital do país,Malabo. A nación lusófona deSan Tomé e Príncipe atópase entre Bioko e Annobón. A rexión continental,Río Muni, limita coCamerún polo norte e conGabón polo sur e leste. No continente atópaseBata, a meirande cidade do país, eCiudad de la Paz, a futura capital do país. Río Muni tamén inclúe numerosas illas pequenas, comoCorisco,Elobey Grande eElobey Chico. O país é membro daUnión Africana, daFrancofonía, daOPEC e daCPLP.
Ao exploradorportuguésFernãou do Pó, que estaba buscando unha ruta áIndia, acredítaselle o descubrimento da illa deBioko en1471. ChamounaFlor Formosa ("Flor Fermosa"), pero máis tarde tomaría o nome do seu descubridor. As illas deFernando Poo eAnnobón foron colonizadas polos portugueses en1474. Os portugueses retiveron o control ata1778, cando as illas foron cedidas aEspaña en intercambio a territorios enSuramérica. Entre1926 e1959 unifícase a colonia baixo o nome deGuinea Española. En1968 obtivo a independencia de España
Nominalmente, Guinea Ecuatorial é unha democracia constitucional desde1991. Con todo, a realidade política do país é a ditadura unipartidista e persoal deTeodoro Obiang Nguema, no poder desde o3 de agosto de1979, cando liderou un golpe de estado contra o seu tío,Francisco Macías Nguema, e que se perpetúa na presidencia falseando os resultados electorais. O sistema político de Guinea Ecuatorial foi definido como "Democratura" polo ProfesorMax Liniger-Gourmaz, mentres que outros analistas coinciden en sinalar que se trata dunha dinastía de facto.
As eleccións presidenciais realízanse cada sete anos (a última delas tivo lugar o15 de decembro de2002, e a próxima será endecembro de2009) e nelas votan todas as persoas maiores de 18 anos. O presidente, á súa vez, nomea o primeiro ministro (actualmente,Ricardo Mangue Obama Nfubea). Hai unha soa cámara lexislativa, practicamente decorativa e sen poder real, (a Cámara de Representantes do Pobo), composta por 100 representantes elixidos, en teoría por voto popular directo, para unha lexislatura de cinco anos. Dos 100 escanos, 98 corresponden na actual lexislatura ao partido único da ditadura, oPDGE (Partido Democrático de Guinea Ecuatorial).
Desde a toma do poder por parte deTeodoro Obiang Nguema sucédense os asasinatos políticos e as desaparicións así como as parodias de xuízos que destacan pola ausencia de garantías procesuais. Os informes de Amnistía Internacional e outros organismos independentes reportan, desde hai anos, unha estremecedora realidade en canto a detencións arbitrarias, horribles torturas, mallamentos e mortes en detención.
A Rexión Continental (Río Muni) atópase entre oCamerún eGabón. O seu territorio está formado por altiplanos, accidentados por algúns macizos que van descendendo ata a costa, que polo xeral é baixa e areúda.
A Rexión Insular comprende da antiga illa de Fernando Poo, posteriormente Macías Nguema e, máis tarde,Bioko (situada a 40km da costa leste do Camerún), a illaAnnobón (a 595 km ao suroeste de Bioko, interpoñéndose entre elas as illas deSan Tomé ePríncipe), así como as illas deCorisco,Elobey Grande eElobey Pequeno (situadas na Baía de Corisco fronte ás costas de Gabón).
É estado membro deCEMAC. A moeda de curso legal é oFranco CFA. A riqueza principal de Guinea Ecuatorial é o petróleo e os seus derivados, cunha extracción estimada de 300.000 barrís de petróleo diarios, a explotación de madeiras nobres, a agricultura, con produtos como o algodón, café, a cana de azucre, froitas tropicais etc. Tamén se debe destacar a gandería debido á existencia de terras altas aptas para o vacún, e os minerais, en particular os metais preciosos, cuxo comercio informal é destacable.
Desde final do século XX, coa explotación de xacementos petrolíferos, a renda per cápita aumentou espectacularmente, aínda que non a repartición de devandita renda posto que a riqueza procedente do petróleo, segundo a Asociación pola Solidariedade Democrática con Guinea Ecuatorial, canalízase nun 98% cara ás compañías mineiras, principalmente norteamericanas e francesas, así como á familia deTeodoro Obiang Nguema, actual ditador do país. A exportación de barrís por habitante é similar á de Kuwait.
A pesar da alta renda per cápita relativa, a inmensa maioría dos cidadáns de Guinea Ecuatorial viven baixo limiares de miseria, destacando a escasa ou nula atención médica. A Ditadura deTeodoro Obiang Nguema converteu Guinea Ecuatorial no centro do tráfico de drogas de África Occidental e levou ao país á clasificación dos máis corruptos do Planeta.
Evolución da poboación entre 1961 e 2003 (cifras daFAO, 2005). Poboación en miles de habitantes.
Guinea Ecuatorial ten unha poboación de carácter novo (o 45% non supera os 15 anos) cunha taxa de natalidade arredor do 42 por mil e unha mortalidade do 16 por mil. A esperanza de vida é de 49 anos para os homes e 53 para as mulleres. Só un 4% da poboación ten máis de 65 anos.
A taxa de alfabetización nos adultos estaba en 1992 no 52%, pero subiría a un 80% para1999.
A poboación nacional, que representa o 99% da poboación, é esencialmentebantú (fang) enMbini ebubi enBioko. Os principais grupos étnicos distribúense da seguinte forma:fang (72% da poboación, en Mbini),bubi (15%, en Bioko),fernandinos (en Bioko), bisios e ndowes na Rexión Continental, antiga provincia de Río Muni e annobonenses na Illa deAnnobón, o único territorio do país no Hemisferio Sur. A minoría predominante doutra raza constitúena os brancos europeos de ascendencia española. Guinea Ecuatorial recibiuasiáticos e negro-africanos doutros países para que traballasen nas plantacións decacao ecafé. Outros negro-africanos proceden deLiberia,Angola eMozambique, e asiáticos que son maioritariamentechineses. Así mesmo, chegaron ao país comunidadesbritánicas,francesas ealemás. De todos estes arribos, os únicos que non se adaptaron optimamente á lingua española foron os franceses, xa que o seu idioma é cooficial.
Os idiomas oficiais son ocastelán (castelán ecuatoguineano), tal como o recolle a Constitución do país, ofrancés e oportugués.[4] A meirande parte dos ecuatoguineanos fala castelán (aínda que moitas veces comosegunda lingua). A rexión con maior coñecemento do castelán éMalabo. O castelán é o idioma oficial dende1844, aínda que durante un breve período nosanos 1970, o castelán foi declarado lingua "importada" e prohibiuse o seu uso (sendo substituído polofang). A partir do3 de agosto de1979, trala abolición daConstitución de 1973, volveuse declarar lingua oficial. Actualmente, en Guinea Ecuatorial apostouse pola fundación no país dunhaAcademia Ecuatoguineana da Lingua Española, a cal foi finalmente creada en outubro de2013; o establecemento dun programa que reforce a difusión do castelán nos medios de comunicación social e o reforzo dos cursos de castelán para estranxeiros xa estabelecidos polaUniversidade Nacional de Guinea Ecuatorial.[5]
Unha lei constitucional de1998, que modifica o artigo 4 daLei Fundamental do Estado, estabelece que as linguas oficiais da República de Guinea Ecuatorial son o castelán e o francés. O francés adoptouse como lingua oficial, aínda que na práctica o seu uso é moi minoritario e adoptouse para pertencer á comunidade de estados francófonos, cos beneficios de aperturas de mercado que supón, incluída a adopción dofranco CFA. Recoñécense as linguas autóctonas como integrantes da cultura nacional (Lei constitucional n.º 1/1998 do 21 de xaneiro): ofang falado por case 300 mil persoas comolingua materna e tamén se fala en zonas doCamerún,Gabón e aRepública Democrática do Congo (o número total de falantes o millón); obubi (enBioko, 40 mil falantes); oannobonense na illa deAnnobón (9 mil falantes); obalengue na Rexión Continental (mil falantes); oigbo e o ingléscrioulo (pichinglis), tamén en Bioko. Alingua ndowé (tamén chamadakombe oungumbi) pertence ao grupo dos ndowé situados na zona costeira da parte continental do país e é falada por 4 mil persoas. Outras linguas importantes son o kwasio (tamén chamado bisio ou bujeba) con case 9 mil falantes e o seki con 11 mil falantes.
En xullo de 2007,Teodoro Obiang anunciou a decisión de que oportugués se convertese en idioma cooficial de Guinea Ecuatorial, para satisfacer os requirimentos para solicitar a calidade de membro pleno daComunidade dos Países de Lingua Portuguesa (CPLP), porén, o seu uso é practicamente inexistente (agás na illa de Annobón, onde se fala oannobonense, un idioma crioulo derivado do portugués). En xullo de 2012, a CPLP rexeitou a solicitude de Guinea Ecuatorial, por mor das constantes violacións dosdereitos humanos no país. Finalmente foi admitida en 2014.
A gran maioría da poboación é formalmentecatólica (80,1%), aínda que se profesan outras relixións cristiás (6,8%). As relixións dos antigos habitantes denominadas baixo o apelativo deanimismo son practicadas en diverso grao pola maioría, e existe unha minoríaislámica (4%).
Os ecuatoguineanos tenden a ter un nome español e un nome africano. Cando o escriben, o nome español é seguido polo africano e polo apelido do pai e o da nai.
No país están activas varias organizacións culturais (oCentro Cultural Hispano-Guineano e outros) cuxo fin principal é a alfabetización e promoción cultural da poboación. A maioría do apoio económico neste sentido provén do gobernoespañol.
Ibrahim K. Sundiata,Equatorial Guinea: Colonialism, State Terror, and the Search for Stability (1990, Boulder: Westview Press)ISBN0-8133-0429-6.
Robert Klitgaard. 1990.Tropical Gangsters. Nova York: Basic Books. (World Bank economist tries to assist pre-oil Equatorial Guinea)ISBN0-465-08760-4.
D.L. Claret.Cien años de evangelización en Guinea Ecuatorial (1883–1983) / One Hundred Years of Evangelism in Equatorial Guinea (1983, Barcelona: Claretian Missionaries).
Adam Roberts,The Wonga Coup: Guns, Thugs and a Ruthless Determination to Create Mayhem in an Oil-Rich Corner of Africa (2006, PublicAffairs)ISBN1-58648-371-4.