Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Guinea

Coord.:10°N11°O / 10,-11
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde outubro de 2018.)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Guinea (homónimos).
Modelo:Xeografía políticaGuinea
République de Guinée (fr)Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoLibertéEditar o valor en Wikidata

Lema«Traballo, Xustiza, Solidariedade»Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 10°N11°O / 10,-11
CapitalConakryEditar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación12.717.176(2017)Editar o valor en Wikidata (51,73hab./km²)
Lingua oficiallingua francesaEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie245.857 km²Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano AtlánticoEditar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Nimba (1.752 m)Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoOcéano Atlántico (0 m)Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación2 de outubro de 1958Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepúblicaEditar o valor en Wikidata
• Presidente da GuineaEditar o valor en WikidataMamady Doumbouya(2021–)Editar o valor en Wikidata
• Primeiro ministro da GuineaEditar o valor en WikidataBah Oury(2024–)Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoAsemblea Nacional de Guinea ,(Escano: 114)Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal16.091.817.842 $ (2021)Editar o valor en Wikidata
Moedafranco guineanoEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.gnEditar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+224Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia117,18 e442-020Editar o valor en Wikidata
Código de paísGNEditar o valor en Wikidata

Sitio webpresidence.gov.gnEditar o valor en Wikidata
BNE: XX455465

Guinea,[1] oficialmenteRepública de Guinea (enfrancés:République de Guinée), é un país daÁfrica Occidental, limitado ao norte porGuinea-Bissau e poloSenegal, ao norte e leste porMalí, ao leste polaCosta do Marfil, ao sur porLiberia eSerra Leoa e ao oeste poloocéano Atlántico. A súa capital éConakry.

Historia

[editar |editar a fonte]

En parte do que é agora Guinea, moitos imperios xurdiron e caeron. Entre eles oImperio de Malí creado porSundiata Keita, quen derrotou ao rei dos Sosso,Soumaoro Kanté nabatalla de Kirina en1235, coa cal terminou oImperio Sosso.

O Imperio deMalí comprendía partes da área norte de Guinea que foi gobernada pormansa (emperadores). O máis famoso foiKankan Musa I, que fixo unha famosa peregrinación cara aA Meca en1324. O Imperio deMalí caeu presa dos invasoresalmorávidas que viñan donorte de África, que estableceu oImperio Songhai, o cal caeu a mans dosmarroquís en1591.

Os musulmánsfulani migraron aFouta Djalon en Guinea Central e estableceron un estado islámico de1735 ata1898 cunhaconstitución escrita e gobernadores alternados.

Os aventureiros europeos comezaron o comercio deescravos na rexión costeira de Guinea desde oséculo XVI ata oséculo XIX.

A actual Guinea foi creada como colonia por Francia en1890 con Noël Balley, sendo o primeiro gobernador. A capital,Conakry, foi fundada na illa Tombo en1890. En1895 o país incorporouse áÁfrica Occidental Francesa.

Independente deFrancia desde1958, Guinea non tivo eleccións democráticas ata1993, cando o xeneralLansana Conté (xefe dogoberno militar) foi elixido presidente nunha votación. As supresións da seguridade continúan, aínda que non tan severas como nas primeiras décadas. Reelixido en1998, o presidente enfrontouse á crecente crítica en1999 polo seu encarceramento dun principal líder daoposición e o extenso malestar económico. As desordes enSerra Leoa tamén continuaron ameazando a estabilidade de Guinea.

En2008, á morte de Lansana Conté, tomou o poderMoussa Dadis Camara, que ten como primeiro ministro aCellou Dalein Diallo.

Xeografía

[editar |editar a fonte]

Pódense diferenciar catro zonas xeográficas:

Estas catro zonas, ás veces denominadas "rexións naturais", non se corresponden coas rexións administrativas.

Hidrografía e orografía

[editar |editar a fonte]
Guinée

O país ten 320 km de costa, na que con frecuencia medranmangleiros. Abundan as augas interiores: vinte e dous grandes ríos da África Occidental nacen en Guinea, sendo o Fouta Djalon o gran centro difusor. Entre eses ríos salientan oNíxer, oSenegal e oGambia. As montañas máis elevadas son interiores, no confín fronteirizo conCosta do Marfil eLiberia, érguese a maior elevación do país oMonte Nimba, con 1.764 metros.

Economía

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Economía de Guinea.

Galería de imaxes

[editar |editar a fonte]
  • Mapa de Guinea.
    Mapa de Guinea.
  • Monte Loura.
  • Fervenza de Tabouna en Kindia
    Fervenza de Tabouna enKindia
  • Fervenza de Saala
    Fervenza de Saala
  • Chimpancé de Bossou
    Chimpancé de Bossou
  • Praia na Illa de Loos.
    Praia na Illa de Loos.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras paraguineano.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Estados soberanos
Enteiramente
en Africa
Parcialmente
en Africa
Control de autoridades
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Guinea&oldid=6914582»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp