| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 8 de marzo de 1748 A Haia, Países Baixos |
| Morte | 9 de abril de 1806 Braunschweig, Alemaña |
| Lugar de sepultura | Igrexa nova de Delft |
| Datos persoais | |
| Relixión | Calvinismo |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Política egobernanza |
| Lugar de traballo | A Haia |
| Ocupación | político, aristócrata, coleccionista de arte, estadista |
| Carreira militar | |
| Rango militar | xeneral |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Outro | |
| Título | Príncipe de Orange |
| Familia | Casa de Orange-Nassau |
| Cónxuxe | Guilhermina da Prússia(1767–) |
| Fillos | unnamed son von Nassau-Dietz, Luísa Guilhermina de Orange-Nassau, unnamed child von Nassau-Dietz, Guillerme I dos Países Baixos, Prince Frederick of Orange-Nassau |
| Pais | Guillerme IV de Orange-Nassau |
| Irmáns | Carolina de Orange-Nassau |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Allgemeine Deutsche Biographie Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Guillerme V de Orange-Nassau (enneerlandés:Willem V van Oranje-Nassau), nado o8 de marzo de1748 nacidadesurholandesa daHaia e finado o9 de abril de1806 na localidadebaixosaxoa deBrunswick, membro dacasa de Orange-Nassau, príncipe de Nassau-Dietz,príncipe de Orange, príncipe deFulda e conde deCorvey, foi o derradeiroestatúder dasProvincias Unidas, entre1751 e1795.[1]

Guillerme V era fillo deGuillerme IV de Orange-Nassau (1711-1751), príncipe de Nassau-Dietz e de Orange-Nassau, e deAna de Hannover (1709-1759), princesa real de Gran Bretaña eIrlanda, erexente dasProvincias Unidas (1751-1759).[2]
O4 de outubro de1767 casou enBerlín conGuillermina de Prusia (1751-1820), sobriña deFrederico II, irmá deFrederico Guillerme II e neta deFrederico Guillerme I de Prusia.
Deste matrimonio naceron cinco fillos:
O pai de Guillerme V de Orange-Nassau faleceu en1751, cando el tiña unha idade de tres anos. En1766, ao cumprir a maioría de idade, converteuse no novo estatúder das Provincias Unidas logo dun período de rexencia encabezado, sucesivamente, pola súa nai, Ana de Hannover (1751-1759), a súa bisavoa, María Luísa de Hesse-Kassel (1759-1765), e a súa irmá, Carolina de Orange-Nassau (1765-1766).
Desde o principio, Guillerme V confiou osasuntos políticos aoduque Luís Ernesto de Brunswick-Wolfenbüttel, cuñado doreiFrederico II de Prusia, o que ocasionou unha vehemente oposición do partido patriota. O duque de Brunswick foi quen promoveu o casamento do estatúder coa sobriña do monarca prusiano, Guillermina de Prusia.
Guillerme V mantivo a neutralidade das Provincias Unidas durante aGuerra de Independencia dos Estados Unidos, liderando a facción probritánica do Goberno holandés e bloqueando os intentos da facción prorevolucionaria (e posteriormente profrancesa) de levar o goberno a declarar a guerra aGran Bretaña. No entanto, non foi quen de evitar as hostilidades entre holandeses e británicos cando o intento das Provincias Unidas de unírense áLiga de Neutralidade Armada, dirixida porRusia, provocou o estoupido dacuarta guerra anglo-holandesa, en1780.[3][4] As Provincias Unidas non recoñeceron a independencia dosEstados Unidos ata1782, logo dun intenso debate político e dun esforzo diplomático de franceses e estadounidenses.
Despois de catro anos, a guerra terminou coa derrota holandesa e co país empobrecido. Un grupo de xente nova revolucionaria chamado "facción dos patriotas" desafiou a autoridade de Guillerme V.[5] Ante os tumultos, Guillerme decidiu trasladar a súa corte aGüeldres, unhaprovincia arredada do centro político, pero non realizou accións decisivas contra os seus adversarios, malia as advertencias da súa esposa, Guillermina, que pretendía viaxar á Haia e restablecer a orde. Guillermina foi detida polos patriotas e obrigada a regresar a Güeldres co seu home. Para Guillermina e o seu irmán, Frederico Guillerme II de Prusia, esta acción dos revolucionarios holandeses constituíu un insulto, e Frederico enviou un exército prusiano para atacar os disidentes. Os patriotas holandeses fuxiron daquela a Francia, á que chegaron durante a caída do reiLois XVI e o ascenso do "poder do pobo". Guillerme V amosouse hostil ante aRevolución Francesa e aliouse co resto das monarquías europeas para deter os revolucionarios.
Apoiados polo exército francés, os "patriotas" holandeses regresaron desdeParís para estender a revolución. Derrotadas as tropas leais ao estatúder na actualBélxica, o seu país sufriu a conseguinte invasión francesa.

Ao non poder repeler a invasión, o12 de xaneiro de1795 fuxiu aInglaterra, entanto que no seu país se establecía, baixo a protección francesa, aRepública Bátava.[6][7] Desde Inglaterra deu instrucións para que as colonias holandesas (que daquela incluíanXava,Malaca e as illasMolucas) fosen cedidas aos británicos e non caesen nas mans francesas.
En1801, mediante oTratado de Lunéville, que legalizou a anexión do sur das antigas Provincias Unidas por Francia, recibiu en compensación as terras das abadías de Corvey e Fulda, enAlemaña, que legou ao seu fillo en1802.
O que foi o derradeiro estatúter holandés morreu durante o seu exilio en1806, logo de trasladarse coa súa familia á cidade de Brunswick, actualmente en Alemaña. Os seus restos descansan na cripta real da familia Orange-Nassau na Igrexa Nova de Delft.[8]
En1813 o seu fillo Guillerme regresou ás Provincias Unidas para lle devolver á Casa de Orange-Nassau o poder e, co tempo, asumir o título de rei dos Países Baixos.[9]
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Guillerme V de Orange-Nassau |