Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Guerra das Dúas Rosas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo contén variasligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto.
Por favor,mellora o artigo introducindonotas ao pé,citando as fontes.
Podes ver exemplos de como se fainestes artigos.
Guerra das Dúas Rosas
 Instancia de
Datas e cronoloxía
 Data
século XVEditar o valor en Wikidata
 Data de comezo
22 de maio de 1455(Gregoriano)Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
16 de xuño de 1487(Gregoriano)Editar o valor en Wikidata
Implicados
Localización
 Localización
 País
Fontes e ligazóns
Redes
BNE: XX465126
Wikidata C:Commons
A rosa vermella dacasa dos Lancaster
A rosa branca dacasa dos York
ARosa Tudor, creada ao termo da guerra civil, unindo ambos os emblemas

Aguerra das Dúas Rosas foi unhaguerra civil que enfrontou intermitentemente os membros e partidarios dacasa de Lancaster contra os dacasa de York entre1455 e1485. Ambas as familias pretendían o trono deInglaterra, por orixe común nacasa de Plantagenet, como descendentes do reiEduardo III.

O nomeguerra das Dúas Rosas ouguerra das Rosas, fai referencia aos emblemas de ambas as dúas casas, a rosa branca de York e a vermella de Lancaster, foi produto doRomanticismo.

Aguerra deuse principalmente entre os membros daaristocracia terratenente e exércitos dosseñores feudais. O apoio a cada un dos bandos dependeu nunha gran medida dosmatrimoniosdinásticos entre anobreza. O patriarca da casa de Lancaster,Xoán de Gante tivo como primeiro título o de conde de Richmond, o mesmo que deteríaHenrique VII ao final da guerra. O líder da casa de York foiEdmundo de Langley, que posuía o Señorío de Cambridge. Máis tarde, durante os reinados dosTudor e dosEstuardo, Richmondshire eCambridgeshire transformaríanse en focos principais de recusantes e os enxebres ou puritanos, respectivamente. Cómpre destacar que a pelexa entre as faccións se prolongou máis aló da época de Henrique, xa que os monarcas que o seguiron impediron a continuidade dos enfrontamentos.

A guerra das Dúas Rosas provocou a extinción dos Plantagenet e debilitou enormemente as ringleiras da nobreza, ademais de xerar un gran descontento social. Este período marcou o declive da influencia inglesa nocontinente europeo, o afrouxamento dos poderes feudais dosnobres e, en contrapartida, o aumento da influencia por parte doscomerciantes, e o crecemento e fortalecemento dunhamonarquía centralizada baixo osTudor. Esta guerra sinalou a fin daIdade Media inglesa e o comezo dorenacemento.

A loita pola sucesión

[editar |editar a fonte]

O antagonismo entre ambas as dúas casas comezou co derrocamento e asasinato do reiRicardo II, en1399, a mans do seu curmánHenrique Bolingbroke,duque de Lancaster. Henrique era o cuarto fillo deXoán de Gante, quen á súa vez era o terceiro fillo deEduardo III: as súas expectativas de chegar ao trono eran escasas. De acordo álei desucesión inglesa e os precedentes sentados pola tradición, acoroa debía recaer nos descendentes masculinos deLeonel de Anveres, segundo fillo supervivente de Eduardo III. De feito, Ricardo II designaraherdeiro presunto da coroa o neto de Leonel,Roger Mortimer. Con todo, tolerouse a situación exclusivamente porque o goberno de Ricardo II fora extremadamente impopular. Por esta causa, oParlamento declarounorei de Inglaterra e asumiu a coroa co nome deHenrique IV.

Á morte de Bolingbroke, o20 de marzo de1413, asumiu a coroa o seu filloHenrique V, quen era un gransoldado. Os seus logros militares contraFrancia durante aguerra dos Cen Anos déranlle unha gran popularidade, permitindo afianzar o control dos Lancaster sobre o trono. Durante o seu curto reinado, Henrique V debeu sufocar unha revolta liderada polo neto de Henrique III,Ricardo, conde de Cambridge. Unha vez desfeito oComplot de Southampton (nome que designa aquela revolta), Ricardo foi executado, o5 de agosto de1415, ao comezo da campaña que levaría á vitoria nabatalla de Agincourt. No entanto, a dona de Ricardo,Ana Mortimer, aduciu ter tamén dereitos sobre a coroa, xa que era filla de Roger Mortimer e, polo tanto, descendente de Leonel de Anveres. Henrique V finou no ano1422, eRicardo,duque de York, conde de Cambridge e fillo de Ana Mortimer, propúxose desafiar o novo rei, o febleHenrique VI.

Henrique VI

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Henrique VI de Inglaterra.
Henrique VI.

O reiHenrique VI de Lancaster estaba rodeado dunha morea de rexentes e conselleiros impopulares. Os máis notables deles foronEdmundo de Beaufort,duque de Somerset, eGuillerme da Pole,duque de Suffolk, a quen se acusou de non ser quen de manexar o goberno e concluír a guerra contraFrancia. Durante o goberno de Henrique VI perdéronse virtualmente todas as posesións inglesas no continente, incluídas as terras gañadas por Henrique V. Henrique VI comezou a ser percibido como un rei feble e inhábil. Para maiores males, este sufriu por entón unha serie de episodios embarazosos causados por mor dunhaenfermidade mental emerxente. Cara mediados da década de1450, moitos consideraban a Henrique incapaz de gobernar. A legalidade da curta liña de reis Lancaster pasou a estar infestada de dúbidas, e a casa de York fortaleceu a súa pretensión sobre a coroa. O crecente descontento civil, sumado á multiplicación de nobres con exércitos privados e á incapacidade e corrupción da corte de Henrique VI, formaron o clima político ideal para aguerra civil.

Cando, en1453, o rei padeceu un primeiro episodio grave, produto da súa enfermidade mental, estableceuse unConsello de Rexencia encabezado poloLord Protector, o poderoso e popularRicardo Plantagenet,duque de York e líder da súa casa. Ricardo comezou decontado a pugnar audazmente pola súa pretensión ao trono, encarcerando aSomerset, e apoiando os seus aliadosSalisbury eWarwick en conflitos menores contra os adherentes á causa de Henrique, especialmente oscondes de Northumberland. Con todo, o restablecemento de Henrique, en1455, frustrou as ambicións de Ricardo, quen axiña foi despedido da corte pola dona do rei,Margarida de Anjou. A incapacidade manifesta de liderado de Henrique traduciuse no fortalecemento da cada vez máis poderosa raíña Margarida, quen se converteu na máxima figura da casa de Lancaster. Ela conformou unha alianza de varios nobres contra Ricardo, co fin de minguar a súa influencia. A crecente frustración de Ricardo e a agresividade da raíña derivaron finalmente en accións armadas, dando lugar áprimeira batalla de Santo Albano.

A fase inicial (1455-1460)

[editar |editar a fonte]
A Torre do Reloxo de Santo Albano (c. 1500).

A pesar de que os enfrontamentos armados estouraron xa no período anterior, entre os adherentes do rei Henrique e os seguidores de Ricardo, duque de York, foi durante os anos1455 e1489 cando tiveron lugar as principais accións armadas da guerra das Dúas Rosas.

O22 de maio de1455, mentres oduque de York dirixía unha pequena forza cara aLondres, foi enfrontado polas tropas leais de Henrique no poboado deSan Albano (St. Albans). Este primeiro combate aberto da guerra, a pesar de ser de escala reducida, fundouse na intención de Ricardo de remover da corte osmalos conselleiros do rei. O resultado foi a derrota das forzas de Lancaster, morrendo en acción varios dos seus líderes, entre eles Somerset. York e os seus aliados reconquistaron as súas posicións de influencia. Por un tempo, ambos os dous bandos sentíronse impresionados por chegaren ao campo de batalla, e realizaron os seus mellores esforzos para acadaren a reconciliación. Con todo, o rei volveu sufrir un ataque de demencia, designándose a York comoLord Protector e á raíña Margarida como encargada do coidado do monarca, unha posición secundaria e á marxe do poder.

Logo da primeira batalla de Santo Albano, o compromiso adquirido polas partes en1455 chegou a acadar certo éxito, con York á cabeza do Consello ata a recuperación de Henrique. A pesar disto, os problemas xerados polo conflito emerxeron de novo, en especial o asunto de se correspondía a Ricardo ou aEduardo de Westminster (fillo de Henrique VI e Margarida) a sucesión da coroa. A primeira quenda era inaceptable para Margarida, quen rexeitou calquera solución que significase o desherdamento do seu fillo, deixando en claro que toleraría esa situación tanto coma durase a supremacía militar do duque de York. Henrique recuperouse no interior do país en1456, pero a raíña non lle permitiu volver a Londres. Polo menos no interior do reino contaban cunha alta popularidade, non así na capital, onde os mercadores atopábanse alporizados pola caída dos mercados e a ampla desorde. Por estas razóns, acorte do rei estableceuse na cidade deCoventry, onde o novoduque de Somerset,Henrique Beaufort, medraba en popularidade enchendo o posto baleiro do seu pai. A raíña conseguiu convencer o seu esposo da importancia de descoñecer os nomeamentos e arranxos feitos por York, e ordenoulle volver á súa posición enIrlanda. Os disturbios aumentaron e sucedéronse na capital e por toda a costa sur, pero o rei mantívose nos seus cuarteis reforzando as súas posicións. A raíña estableceu a conscrición obrigatoria por primeira vez en Inglaterra, realizandolevas para os seus exércitos. Mentres tanto, a popularidade deRicardo Neville,conde de Warwick e aliado de York, medraba sen pausa, emerxendo como o campión das clases mercantís.

OCastelo de Ludlow

Ante esa situación, York decidiu volver a Inglaterra, retomándose as hostilidades o23 de setembro de1459 nabatalla de Blore Heath enStaffordshire. Esta acción significou o fracaso do grande exército de Lancaster en evitar que a forza dos York dirixida porLord Salisbury, proveniente doCastelo de Middleham enYorkshire, se reunise coas tropas acuarteladas noCastelo de Ludlow. Con todo, a guerra continuou cun triunfo dos Lancaster nabatalla da Ponte de Ludfor, que forzou a fuxida cara aCalais deEduardo, o fillo máis vello de York (e posterior reiEduardo IV de Inglaterra), Salisbury eWarwick. Os Lancaster recuperaron o control total, nomeando a Somerset gobernador de Calais. Os seus intentos de derrotar a Warwick foron doadamente truncados. Entre1459 e1460, os seguidores de York abafaron, dende Calais, distintos puntos da costa inglesa, acrecentando a sensación de caos e desorde.

Para1460, Warwick e os seus seguidores estaban listos para iniciar a invasión da illa, establecéndose enKent e enLondres, onde atoparon moito apoio. Henrique dirixiu un exército cara ao sur, mentres Margarida ficou no norte co Príncipe Eduardo. O10 de xullo de1460, as forzas atopáronse nabatalla de Northampton, que probou ser unha completa desfeita para os Lancaster. O exército de York, dirixido porRicardo Neville, axudado pola traizón entre os dirixentes Lancaster, logrou prender o rei Henrique VI, levándooprisioneiro aLondres.

A Acta de acordo

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Acta de acordo.

Logo dos seus logros militares, York, baseándose na ilexitimidade da liña sucesora dos Lancaster, decidiuse a reclamar o trono. Desembarcou nonorte deGales, dende onde se dirixiu xunto coa súa donaCecilia a Londres, onde ambos o dous foron recibidos co cerimonial reservado aos monarcas. O Parlamento estaba reunido e Ricardo agardaba que se lle concedese directamente a coroa, tal e coma fixeran en1399 con Henrique IV. No canto diso atopou un silencio sepulcral. Ao anunciarse a súa pretensión á coroa, os lores, incluídos Warwick e Salisbury, estaban abraiados coas súas intencións. Non había ánimo entre eles para destronar o rei Henrique, senón que se limitaron aos seus esforzos orixinais, expulsando os malos conselleiros.

Ao día seguinte, York apoiou a súa reclamación con detallados esquemas xenealóxicos, baseado na súa descendencia deLionel de Antwerp, sendo comprendido dun xeito mellor. O Parlamento accedeu a achar o xeito, e finalmente decidiu que a reclamación de Ricardo era mellor, ao mesmo tempo que, por unha maioría de cinco, decidía manter no trono a Henrique. En outubro chegouse a un compromiso que se coñeceu como aActa de acordo de1460, que por unha banda recoñecía o dereito dos York e por outro o declaraba sucesor de Henrique, desherdando o príncipe Eduardo de seis anos. York tivo que aceptar este acordo como a mellor oferta que tiña para elixir, tendo presente que ao mesmo tempo era designado novamente Lord Protector, o que lle permitía gobernar en nome de Eduardo. En calquera caso, o acordo era inaceptable para os Lancaster, que se reuniron baixo a defensa da raíña Margarida e o Príncipe Eduardo, formando un grande exército no norte do reino.

O contraataque da casa de Lancaster

[editar |editar a fonte]
As ruínas doCastelo de Sandal

O duque de York deixou Londres baixo o mando de Lord Salisbury a finais daquel ano, co fin de reforzar as súas posicións no norte contra o exército da raíña Margarida, que se atopaba estacionado nos arredores da cidade deYork. Ricardo estableceu posicións defensivas ao redor doCastelo de Sandal, preto deWakefield, para oNadal de 1460. A pesar de que o exército de Lancaster superaba en dous a un ao de Ricardo, o duque de York ordenoulles ás súas forzas entrar en batalla o30 de decembro nabatalla de Wakefield. O exército de York foi completamente esnaquizado polas forzas da raíña na maior desfeita levada a cabo nas batallas para a causa da rosa branca. Ricardo, duque de York e Lord Protector do Reino, foi morto en batalla, mentres que Salisbury e Edmundo, o fillo de 17 anos de York, foran tomados prisioneiros e decapitados. As súas cabezas foron empaladas na porta da cidade de York.

Margarida de Anjou nun retrato de fantasía

A Acta de acordo e a desfeita da batalla de Wakefield deixaron aEduardo, fillo máis vello deRicardo de 18 anos, comoduque de York e herdeiro do trono de Inglaterra. Pola outra banda, a morte de Salisbury deixaba a Warwick, o seu herdeiro, como o máis gran terratenente das Illas Británicas. A raíña Margarida viaxou por todo o norte de Inglaterra, co fin de negociar o apoio dos escoceses.María de Guelder,Raíña e rexente de Escocia, aceptou prover a Margarida dun exército, coa condición que Inglaterra lle cedese a cidade deBerwick e que a súa filla casase co príncipe Eduardo. A raíña aceptou, tendo presente que non contaba con fondos para pagar a súa empresa. O acordo ao que chegou permitíalles aos exércitos pagarse coa pillaxe das vilas do reino que se atopasen ao sur dorío Trent. Dirixiu as súas tropas cara a Hull, recrutando máis homes de pasada.

Parhelio á tardiña.

Mentres isto sucedía no norte, Eduardo enfrontábase co exército dePembroke que viña chegando deGales nabatalla do Cruzamento de Mortimer enHerefordshire. Inspirou os seus soldados cunha suposta visión de tres soles á tardiña (fenómeno coñecido comoparhelio) que representaban os tres sobreviventes da casa de York: el e os seus irmáns Xurxón e Ricardo. A vitoria e esta visión provocaron a adopción do sol no seu fulgor como emblema persoal.

Neses momentos, a raíña Margarida trasladouse cara ao sur de Inglaterra, causando grandes desfeitas naquela rica rexión por medio da pillaxe feita polas súas tropas. Namentres, en Londres Warwick empregaba estes feitos como propaganda para reforzar a súa posición no sur, logrando que cidades comaCoventry mudasen de bando, uníndose aos York. A pesar disto non logrou levantar unha gran forza, o que lle valeu ser sorprendido o22 de febreiro de1461 nos arredores de Santo Albano. Sen o apoio do exército de Eduardo, asegunda batalla de Santo Albano significou a derrota máis decisiva para as forzas de York. Sorprendidos e batidos, deixaron abandonado o rei Henrique VI, que foi achado debaixo dunha árbore. Henrique armou cabaleiros a trinta membros das forzas de Lancaster ao serán. Produto da gran vitoria, e mentres as tropas do rei Henrique se dirixían ao sur, un gran pánico e temor apoderouse de Londres, ao chegar rumores da intención de saquear a cidade. O pobo decidiu pechar as portas da cidade e negouse a entregar provisións ao exército da raíña, que xa se atopaba saqueando os condados veciños deHertfordshire eMiddlesex.

O triunfo dos York

[editar |editar a fonte]
Eduardo IV

Eduardo avanzara polo oeste ata os arredores de Londres, onde reuniu as súas forzas coas de Warwick. Ao coincidir coa retirada da raíña Margarida ao norte, cara á cidade deDunstable, Eduardo e Warwick puideron entrar aLondres co seu exército, onde foron aclamados e recibidos con entusiasmo, diñeiro e provisións por parte da cidadeyorkista máis grande. Co seu pai e irmán mortos na batalla, a guerra converteuse a esas alturas nunha liorta pola mesmísima coroa, xa queEduardo de York non podía argumentar que quería separar o rei dos seusmalos conselleiros. A necesidade de autoridade por Eduardo viuse resolta cando oBispo deLondres preguntoulle o seu parecer ao pobo, que respondeu con berros e hurras aoRei Eduardo. O Parlamento non fixo senón confirmar a opinión popular, logrando coroalo nunha precipitada cerimonia naAbadía de Westminster entre escenas de xúbilo.

AsíWarwick e York capturaran a cidade de Londres, a pesar de que Eduardo fixo votos de non ter unha coroación formal mentres Henrique e Margarida non fosenexecutados ouexiliados. Tamén anunciou que Henrique violara aActa de acordo ao permitir que a súa dona levantase exércitos contra os herdeiros ao trono. Xa que logo, o argumento legal pasou a ser que a vitoria de Eduardo non era máis que a súa restauración nos seus lexítimos dereitos, de xeito que Henrique e os Lancaster usurparan os seus poderes.

Unha vez consolidada a situación na capital, York e Warwick dirixíronse ao norte, levantando un grande exército. As súas forzas topáronse co tamén grande exército da raíña na vila de Towton. Abatalla de Towton converteuse na máis grande e sanguenta da guerra das Dúas Rosas. Ambas as dúas partes acordaran de antemán que todos os problemas decidiríanse finalmente ese día, pelexando sen pedir nin dar cuartel. Estímase que entre 40.000 e 80.000 homes tomaron parte no enfrontamento, con preto de 20.000 mortos durante (e despois) do combate: un número extremadamente alto para a época, considerado o máximo derramamento de sangue nun só día noReino Unido. O novo rei e o seu exército gañaron esta decisiva batalla. Namentres os Lancaster eran batidos, coa maioría dos seus líderes mortos, Henrique e Margarida, en compañía do seu fillo Eduardo, agardaban en York as novas da batalla. Apenas se decataron do macabro resultado, decidiron fuxir ao norte. Moitos dos lores que apoiaban a causa de Lancaster mudaron de bando ese día, apoiando o rei Eduardo. Os que non o fixeron foron perseguidos cara aonorte, onde se refuxiaron nuns poucos castelos, do mesmo xeito que noPaís de Gales. Eduardo dirixiuse cara á cidade de York co fin de conquistala, enfrontándose ás cabezas cortadas do seu pai, o seu irmán e Salisbury. Estas foron rapidamente substituídas polas de destacados líderes da casa de Lancaster, entre os que se atopaba o famoso Lord Clifford de Skimpton-Craven, quen ordenou a execución do irmán de Eduardo, Edmundo, logo dabatalla de Wakefield.

Henrique e Margarida refuxiáronse en Escocia, onde quedaron na corte do reiXacobe III. Coa promesa renovada da entrega deBerwick, tentaron cumprir o seu xuramento de invadir novamenteCarlisle ese mesmo ano. Sen financiamento e con escaso apoio, foron doadamente derrotados polas tropas de Eduardo, quen aproveitou a incursión para expulsar os derradeiros membros da casa de Lancaster que se refuxiaban no norte.

Acoroación oficial de Eduardo IV tivo lugar enxuño de1461 en Londres, onde recibiu o clamoroso saúdo dos seus súbditos como monarca de Inglaterra. Eduardo puido gobernar en relativa paz por máis de dez anos.

Castelo de Harlech

A pesar da súa segura posición no sur, Eduardo non logrou consolidar o control de todo o territorio ata1464; máis aló das rebelións estacionais, algúns castelos permaneceron en poder dos Lancaster durante varios anos. As localidades deDunstanburgh,Alnwick (asento da familia Percy) eBamburgh —todas enNorthumberland— foron das derradeiras en seren sometidas. A gran fortaleza doCastelo de Harlech en Gales rendeuse axiña en1468, logo de sete longos anos de sitio. O deposto rei Henrique foi capturado en1465 e conducido como prisioneiro áTorre de Londres onde, para a época, foi razoablemente ben tratado.

En 1464 producíronse dúas revoltas pola causa de Lancaster. A primeira foi reprimida nabatalla de Hedgeley Moor o25 de abril, e a segunda nabatalla de Hexham o15 de maio. Ambas foron reducidas porJohn Neville,Marqués de Montagu, irmán de Warwick.

Reinicio das hostilidades (1469 ? 1471)

[editar |editar a fonte]
Castelo de Middleham.

O período que comprende os anos1467 e1470 estivo marcado pola rápida deterioración da relación entre o reiEduardo IV e o seu antigo mentor,Ricardo Neville,conde de Warwicko facedor de reis. Aínda que foron varios os motivos que levaron á creba, a primeira e principal razón foi a decisión de Eduardo de casar en segredo conIsabel Woodville en1464. O rei anunciou este feito como unfait accompli, esnaquizando os plans de Warwick de casalo cunha princesafrancesa, co fin de mellorar as relacións con esa nación. Este desaguisado converteuse en frustración, unha vez que osWoodville substituíron osNeville como favoritos da corte. Da mesma forma, a decisión de apoiarse enBorgoña no canto de Francia, e a reticencia en aprobar o matrimonio dos seus irmánsXurxo,duque de Clarence, eRicardo,duque de Gloucester, coas fillas de Warwick contribuíron ao distanciamento. Fóra do anterior, a popularidade de Eduardo atopábase en franco retroceso, xa que os aumentos nos impostos e as desordes e violacións da lei continuaban sendo o pan de cada día.

Lois XI.

Para1469 Warwick establecera unha alianza co celoso e traizoeiro irmán do rei, Xurxo. Ambos levantaron un exército que derrotou as forzas do rei nabatalla de Edgecote Moor, logrando capturar a Eduardo, encerrándoo no Castelo de Middleham enYorkshire. Warwick xogou as súas cartas rapidamente, ordenando a execución do sogro do rei,Ricardo Woodville. Forzou a Eduardo a convocar un parlamento en York, no que planeaba lograr a declaración de ilexitimidade de Eduardo, de maneira que a coroa pasase ao seu irmán Xurxo como herdeiro aparente. Con todo o reino era un caos, o que permitiulle ao rei demandar a lealdade do seu irmán Ricardo e da maioría dos nobres, de maneira que oduque de Gloucester chegou á cabeza dun grande exército, logrando liberar a Eduardo IV.

Os conxurados foron declarados traidores e forzados a exiliarse enFrancia, onde, en1470,Lois XI se atopaba baixo unha gran presión por parte da exiliada raíñaMargarida de Anjou, para que o axudase a invadirInglaterra e reconquistar e liberar o seu cativo esposo. Foi o rei Lois quen suxeriu a posibilidade dunha alianza entre Warwick e Margarida, unha idea que a ningún dos antigos inimigos lles gustaba. Malia as súas reticencias, ambos chegaron a darse conta do potencial de tal alianza, a pesar dos fins que perseguían cada un. Margarida quería reclamar o seu reino e asegurar a sucesión do seu fillo, mentres que Warwick esperaba poder manter como un monicreque o rei, fose Henrique ou o seu fillo. En calquera caso comprometéronse por medio dunha alianza matrimonial entre oPríncipe de GalesEduardo de Westminster e a filla de Warwick,Ana Neville. Co pacto en vigor,Ricardo Neville invadiu Inglaterra nooutono de 1470.

Batalla de Tewkesbury.

Esta invasión significou unha nova derrota para Eduardo, xa queJohn Neville, irmán de Ricardo, cambiou de bando marchando cun exército cara ao sur, unha situación para a que Eduardo non estaba preparado. Xunto co seu irmán Ricardo escaparon desde Doncaster cara aHolanda, e de aí ao seu exilio enBorgoña. Malia este triunfo, a fortuna de Warwick durou pouco, posto que a pesar de lograr a restauración de Henrique VI no trono (foi paseado en andas polas rúas de Londres) e a declaración de Eduardo e Ricardo como traidores para o outono, os seus plans víronse frustrados.

Neville obsesionouse co plan de invadir Borgoña corei de Francia, tentando a este último coa promesa de territorios en Holanda como recompensa. Isto obrigou á súa vez aCarlos o Temerario,duque de Borgoña a axudar a Eduardo. Entregoulle fondos suficientes para que levantase outro exército e con el logrou invadir Inglaterra en1471. Eduardo derrotou a Warwick na batalla de Barnet nese mesmo ano, e destruíndo a todas as forzas de Lancaster nabatalla de Tewkesbury, dando morte aEduardo de Westminster, fillo de Henrique VI e herdeiro presunto da coroa. O mesmo Henrique foi asasinado o14 de maio, co fin de reforzar o bando de York no trono.

Ricardo III

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Ricardo III de Inglaterra.
Ricardo III

A restauración de Eduardo IV no trono en1471 foi considerada por algúnshistoriadores coma o final da guerra das Dúas Rosas. Apaz fora restaurada por Eduardo, quen morreu de xeito repentino en1483. Isto marcou o comezo dun novo ciclo de desordes dinásticas. Baixo o reinado de Eduardo, as faccións dividíronse entre os parentes da raíña, a familiaWoodville (en particularAnthony Woodville eThomas Grey,Marqués de Dorset), e quen consideraban a esta familia como uns recentemente chegados, famentos de poder. O herdeiro ao trono,Eduardo V, tiña entón só doce anos, e fora criado e educado baixo o coidado de Anthony Woodville. Isto significaba que estaban baixo unha influencia insoportable para o partido anti-Woodville, quen forzou a designación deRicardo,duque de Gloucester e irmán de Eduardo IV comoLord Protector, converténdosede facto no líder desta facción.

OsPríncipes da Torre.

Coa axuda deGuillerme Hastings e deHenrique Stafford, Gloucester capturou o novo rei de mans dos Woodville enStony Stratford enBuckinghamshire. Pechouno naTorre de Londres baixo o seu coidado, onde se lle reuniu o seu irmánRicardo,duque de York, de só nove anos. Cos nenos a bo resgardo, Ricardo alegou que o matrimonio entreIsabel Woodville e Eduardo fora ilegal, ilexitimando os dous nenos á vez. O Parlamento accedeu a emitir oTitulus Regius co que Gloucester se converteu no reiRicardo III de Inglaterra. Os dous nenos encarcerados, coñecidos coma osPríncipes da Torre desapareceron e foron posiblementeasasinados, converténdose nun dos feitos históricos máis controvertidos de Inglaterra, sendo aínda discutido na actualidade.

Xa que Ricardo III era o mellorxeneral do bando de York, moitos aceptárono ante a perspectiva de ter que manexar dous nenos por intermedio dunConsello de Rexencia. Os Lancaster polo seu lado, concentraron as súas expectativas enHenrique Tudor, cuxo pai,Edmundo Tudor,conde de Richmond, era un medio irmán ilexítimo de Henrique VI. Con todo, a pretensión de Henrique ao trono era por medio da súa nai,Margarida Beaufort, unha descendente de Eduardo III por vía deJohn Beaufort, neto deEduardo III, quen era á súa vez o fillo ilexítimo deXoán de Gaunt.

Henrique Tudor

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Henrique VII de Inglaterra.
Henrique VII

As forzas de Henrique Tudor bateron os exércitos de Ricardo III nabatalla de Bosworth o22 de agosto de1485, converténdoo no reiHenrique VII de Inglaterra. O novel rei fortaleceu a súa posición casando coa filla de Eduardo IV,Isabel de York, a mellor reclamante ao trono dacasa de York. Así reuniu na súa persoa ás dúas casas reais que con gran violencia combateran polo poder. Xuntou a rosavermella de Lancaster coa rosabranca de York, creando un novo emblema, a rosa Tudor. Para confirmar a súa preeminencia, Henrique ordenou matar a calquera outro potencial pretendente que caese nas súas mans, política que continuou o seu filloHenrique VIII.

Moitos historiadores consideran o acceso ao trono de Henrique VII como o efectivo punto final do conflito. Outros din que a guerra como tal rematou finalmente nabatalla de Storke o16 de xuño de1487, cando fóra de toda lóxica se alzou ao derradeiro pretendente masculino da casa de York, o fillo deEduardo,conde de Warwick e fillo deXurxo, duque de Clarence, irmán de Eduardo IV. Con todo, para males da causa, o mozo atopábase realmente baixo a custodia de Henrique, polo que o neno (chamadoLamberto Simmel) amosou non ser máis ca un impostor. As súas forzas, dirixidas porXoán da Pole,conde de Lincoln (que fora designado herdeiro presunto por Ricardo III, aínda que se reconciliara con Henrique logo de Bosworth), que morreu na batalla. O mozo Simmel, pola súa banda, foi perdoado xa que se considerou que non fora máis ca un instrumento dos adultos, sendo enviado a traballar nas cociñas reais.

Na ficción

[editar |editar a fonte]
William Shakespeare.
Cita
E aquí profetizo: que esta querela de hoxe,
que medrou esta facción ata o xardín do Tempero
enviará, tanto da Rosa Vermella coma da Rosa Branca,
milleiros de almas á morte e á noite eterna
Da obraHenrique VI deWilliam Shakespeare. Shakespeare, William.Obras Completas. Editorial Aguilar,Madrid,1961.

A novelaThe Black Arrow: A Tale of the Two Roses deStevenson desenvólvese no eido da guerra das Dúas Rosas, máis concretamente ao redor dabatalla de Wakefield.

Parte do argumento da serie de novelas e relatos de fantasíaA Song of Ice and Fire do escritor norteamericanoGeorge R. R. Martin está inspirado na guerra das Dúas Rosas. Nestas obras de ficción, as casas Lancaster e York teñen a súa equivalencia nas imaxinarias Lannister e Stark.

Figuras clave

[editar |editar a fonte]

Estaárbore xenealóxica das familias nobres deYork,Lancaster,Plantagenet eTudor permite situar aos partícipes prominentes deste feito histórico.

Árbore xenealóxica das casas involucradas na guerra das Dúas Rosas(encastelán)

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Feiling, Keith.A History of England. McGraw-Hill Book Co.,Londres,1948.
  • Haigh, Philip A. (1995).The Military Campaigns of the Wars of the Roses.ISBN 0-7509-0904-8
  • Wagner, John A.Encyclopedia of the Wars of the Roses, ABC-Clio, 2001.ISBN 1-85109-358-3
  • Worth, Sandra.The Rose of York: Love

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Guerra_das_Dúas_Rosas&oldid=7103864»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp