Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Guano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde xuño de 2016.)
.Reserva Nacional de Paracas,Perú.
Illas guaneras enChincha, Perú. 21.2.1863
Guano de morcego nun hotel abandonado enCacahuamilpa,México.

Guano (quechua: wanu) é o nome que se lle dá aosexcrementos demorcegos eaves mariñas cando estes se acumulan. Para iso requírese tamén dunclima árido ou de escasahumidade.[Cómpre referencia]

Está composto deamoníaco,ácido úrico,fosfórico,oxálico eácidos carbónicos,sales e impurezas da terra. Ten cor avermellada cando provén dosxacementos doplioceno e oplistoceno, e é amarelado cando é de formación recente.

Pode ser utilizado como unfertilizante efectivo debido aos seus altos niveis denitróxeno efósforo. A partir da concentración de devanditos compoñentes tamén se pode elaborar osuperfosfato.[Cómpre referencia]

O guano colléitase de variasillas e illotes doocéano Pacífico, particularmente doPerú e noutrosocéanos (por exemplo ailla Juan de Nova). Estas illas foron o fogar de colonias de aves mariñas porséculos, e o guano acumulado ten moitosmetros de profundidade.[Cómpre referencia]

Oguano das illas, particularmente o dasillas Chincha no Perú, foi explotado noséculo XIX e principios doséculo XX e foi o seu gran produto de exportación durante moito tempo.[Cómpre referencia]

A partir do ano 1845 comezouse a explotarse, e polas súas propiedades como fertilizante era importado por países como Inglaterra e os Estados Unidos.

O guano peruano segue tendo gran demanda por ser unfertilizante natural e pola tendencia a efectuar "boas prácticas agrícolas", ao ir eliminando daagricultura moderna, pesticidas e fertilizante sintéticos e substituílos por outrosbiodegradables, dentro dos cales está o guano das illas.

Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Guano&oldid=6363242»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp