Guadix é unha cidade e concelloespañol daprovincia de Granada. Está situada na cara norte daSerra Nevada. É a capital histórica da comarca de Guadix (coñecida tamén comoAccitania).
É un dos asentamentos humanos máis antigos da Península. En épocaromana denominábaseJulia Gemella Acci e de aí o seu xentilicio, accitanos. O nome actual da cidade remóntase á dominación musulmá, cando a cidade se chamabaWadi Ash ("río Ash", arabización do nomeAcci), pronunciadowad ish no árabe coloquial granadino. En época doReino de Granada Wadi Ash era unha das súas 33madinas ou cidades amuralladas que contaba conalcazaba. Durante este período a súa demarcación xurisdicional era case idéntica á da actual Accitania.
Cabe mencionar os numerosos monumentos que conforman a súa fisionomía arquitectónica, entre os que destacan a alcazaba árabe que domina a localidade, así como a catedral de Guadix, na que se superpoñen diversos estilos, desde ogótico ata oneoclásico que é unha das tres catedrais españolas con planta renacentista xunto ás deGranada eMálaga. Cabe destacar tamén as súas covas habitadas.