Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Guadalupe, Francia

Coord.:16°15′34″N61°33′38″O / 16.2595,-61.5605
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Guadeloupe»)
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde setembro de 2016.)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Guadalupe.
Modelo:Xeografía políticaGuadalupe, Francia
Guadeloupe (fr)Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 16°15′34″N61°33′38″O / 16.2595,-61.5605
EstadoFranciaEditar o valor en Wikidata
CapitalBasse-TerreEditar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación383.569(2022)Editar o valor en Wikidata (235,61hab./km²)
Lingua usadalingua francesa
crioulo de GuadalupeEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie1.628 km²Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoLa Grande Soufrière(pt)Traducir (1.467 m)Editar o valor en Wikidata
Creación21 de marzo de 1946Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoAry Chalus(pt)Traducir(2015–)Editar o valor en Wikidata
MoedaeuroEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.gpEditar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+590Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia112Editar o valor en Wikidata
Código de paísGPEditar o valor en Wikidata
ISO 3166-2FR-971, FR-GP e FR-GUAEditar o valor en Wikidata
Código NUTSFRA1Editar o valor en Wikidata
Código de departamento INSEE971Editar o valor en Wikidata
INSEE region code(en)Traducir01Editar o valor en Wikidata

Facebook: RegionGuadeloupeTwitter: CRGuadeloupeInstagram: regionguadeloupeLinkedIn: region-guadeloupeYoutube: UCvgAUedCpWtB_0Z3pUI7_ogBNE: XX451767Editar o valor en Wikidata

Guadalupe (enfrancésGuadeloupe) (palabra derivada doárabeWad al luben que significa "río escondido") é un pequeno arquipélago dasAntillas, nomar Caribe, e que actualmente é undepartamento de ultramar deFrancia. Atópase a 600 km ao norte das costas deAmérica do Sur e ao sueste daRepública Dominicana. Antigamente chamábaseKarukera, que significaba "a illa das belas augas". Foi descuberta porCristovo Colón dándolle o seu actual nome en honra da VirxeSanta María de Guadalupe, orixinaria deEstremadura. Popularmente, na culturacrioula chámaseGwada.

Xeografía

[editar |editar a fonte]

Situado a 16°17′ de latitude Norte e 61°29′ de lonxitude Oeste, o Departamento de Guadalupe é un grupo insular dasPequenas Antillas. Como xa se dixo, as illas reciben o seu nome tras a chegada a elas deCristovo Colón na súa segunda viaxe. Tras a longa viaxe cruzando oocéano Atlántico a expedición chegou á Désirade dándolle ese nome debido ao desexo por pisar terra firme dos mariñeiros.

O arquipélago de Guadelupe está formado polas illas seguintes:

  • A Guadelupe propiamente dita que está composta por dúas illas distintas, separadas por un estreito brazo de mar, chamado aRivière Salée, pero conectadas entre elas por dúas pontes. Estas dúas illas son aBasse-Terre (848 km²), a máis grande e montañosa das dúas que é de orixe volcánica e cuxo punto máis alto é o volcán en activo aSoufrière (1467 m) e a segunda, aGrande-Terre (588 km²), de substrato calcáreo, composta por unha chaira árida dentada de costas rochosas e salvaxes. É na costa sur da Grande-Terre onde se sitúan a maioría de centros turísticos, con praias de area branca e arrecifes coralinos. Esta zona coñécese como a Riviera.
  • La Désirade.
  • Marie-Galante.
  • Les Saintes: 9 illotes, 2 deles habitados, Terre-de-Haut e Terre-de-Bas.
  • Petite Terre.

A Illa de San Bartolomeu, ademais da parte norte da illa de Saint-Martin, dependían administrativamente de Guadalupe, a cal sepárase para converterse en Colectividade Territorial en febreiro de 2007. Están situadas máis ao nordés e separadas do resto de Guadalupe porSaint Kitts e Nevis,Montserrat eAntiga e Barbuda.

Historia

[editar |editar a fonte]

Cronoloxía

[editar |editar a fonte]

Organización político-administrativa

[editar |editar a fonte]

Guadalupe é ao mesmo tempo unha rexión administrativa e undepartamento de ultramar daRepública Francesa cuxa prefectura é Basse-Terre e cuxas sub-prefecturas son Pointe-à-Pitre, Saint-Martin e Saint-Barthélemy. Como tal, é unharexión ultraperiférica da Unión Europea. Está representada por catrodeputados naAsemblea Nacional de Francia, e tres senadores noSenado.

En2003 propúxose a fusión das institucións rexionais e departamentais nun novo modo de orgranización. Esta proposición foi rexeitada por referendo. Con todo, as illas de Saint-Barthélemy e de Saint-Martin aceptaron a reforma, que propuña facer de cada unha delas unha colectividade territorial distinta de Guadaloupe. Estas dúas illas non estarán máis unidas a Guadaloupe cando a reforma póñase en funcionamento, a cal fíxose efectiva o 22 de febreiro do 2007.

Existen variospartidos políticos,Guadeloupe Unie Socialisme and Réalités,Federación Guadalupana do Partido Socialista,Federación Guadalupana polo encontro da República,Federación Guadalupana pola Unión pola Democracia Francesa,Partido Comunista Guadalupano,Partido Democrático Guadalupano,Unión Popular pola Liberación da Guadalupe e aAlianza Revolucionaria Caribe, sendo os tres últimos mencionados os que claman pola independencia da illa.

Galería de imaxes

[editar |editar a fonte]
  • Foto de satélite da illa de Guadeloupe e de Marie-Galante
    Foto de satélite da illa de Guadeloupe e de Marie-Galante
  • Praia en Guadalupe
    Praia en Guadalupe
  • As îles des Saintes vistas desde Guadalupe
    As îles des Saintes vistas desde Guadalupe
  • Un salto de auga do río Carbet
    Un salto de auga do río Carbet

Demografía

[editar |editar a fonte]
Evolución da poboación de Guadalupe entre1961 e2003.

A poboación de Guadalupe, amplamente mestizada, é o produto do encontro dosamerindios,europeos,africanos ehindús, que xuntos elaboraron no curso do tempo unha cultura chamadacrioula.

Economía

[editar |editar a fonte]

A economía da Guadalupe depende do turismo e da agricultura principalmente. O seuPIB por habitante equivale á metade do de Francia metropolitana. Por iso Guadalupe benefíciase dos fondos estruturais que outorga aUnión Europea ás zonas económicas menos favorecidas.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Estados soberanos
Dependencias
Estados Unidos
Francia
Países Baixos
Reino Unido
Estados soberanos
Territorios dependentes
Dinamarca
Estados Unidos
Francia
Países Baixos
Reino Unido
Comunas do departamento deGuadalupe
Rexións
Rexións de alén mar
Rexións ata 2015
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Guadalupe,_Francia&oldid=6758764»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp