Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Grupo prostético

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Succinato-coencima Q redutase oucomplexo II.

Osgrupos prostéticos son compoñentes non formados poraminoácidos, que están fortemente unidos a certasproteínas, xeralmente de modocovalente. O conxunto formado polo grupo prostético e a parte formada por aminoácidos constitúe a proteína completa, chamadaheteroproteína. Un exemplo de heteroproteína é amioglobina, na cal o grupo prostético é un grupohemo. Moitas proteínas con grupo prostético sonencimas, e neles o grupo prostético funciona como uncofactor necesario para que o encima realice a súacatálise. Un exemplo de encima deste tipo é apiruvato carboxilase, cuxo grupo prostético é abiotina.

Cando a unión do cofactor (orgánico ou inorgánico) non é forte nin permanente durante toda a catálise non debe considerarse como grupo prostético.

Porén, un mesmo cofactor pode estar fortemente unido nuns encimas e feblemente unido noutros. Por exemplo, ocoencimapirofosfato de tiamina (TPP) está fortemente unido natranscetolase ou napiruvato descarboxilase, pero a súa unión é menos forte napiruvato deshidroxenase.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Grupo_prostético&oldid=6146647»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp