Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Gripe de 1918

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gripe de 1918
Soldados de Fort Riley, Kansas, doentes de gripe nun hospital de Camp Funston.
Tipoinfluenza pandemic(en)Traducir,pandemia,doenza infecciosa,zoonose ebrote epidémicoEditar o valor en Wikidata
Subclasedoenza egripeEditar o valor en Wikidata
Localización
Lugar de saídaFort Riley(pt)Traducir,condado de Haskell(pt)Traducir,Camp Funston(en)Traducir eÉtaplesEditar o valor en Wikidata
Data
Comezoxaneiro de 1918Editar o valor en Wikidata
Rematedecembro de 1920Editar o valor en Wikidata
Características
Causado porPrimeira guerra mundialEditar o valor en Wikidata
No implicados
No mortes50.000.000 e 675.000Editar o valor en Wikidata
Acontecementos
Primeira guerra mundialEditar o valor en Wikidata
Contacto
RedesBNE: XX557254
Wikidata ]

Coñécese comogripe de 1918 unhapandemia degripe que afectou a todo o planeta precisamente cando remataba aprimeira guerra mundial. Entre xaneiro de 1918 e decembro de 1920 infectou 500 millóns de persoas, aproximadamente un cuarto da poboación da época[1], e matou entre 17[2] e 50 millóns de persoas[3], un número tres veces maior que o de baixas na guerra.

Nome

[editar |editar a fonte]

Aínda que se ignora onde apareceu ovirus, as primeiras noticias sobre a súa intensidade publicáronse en xornais españois. España era un país neutral no conflito que asolaba o resto de Europa, e tiña unha política decensura liberal, sen aplicar a censura previa na prensa[4]. Xa que logo, as informacións sobre a propagación da epidemia nin se suprimían nin se adozaban, e cando o reiAfonso XIII colleu a enfermidade en maio de 1918 a axenciaReuters informou da aparición en Madrid dunha estraña enfermidade da que non había constancia de mortos[5]. A partir de xuño incrementouse o uso do termogripe española nas informacións da prensa internacional[6]. A prensa española da época para se referir á epidemia empregaba formas comosoldado de Nápoles,dama española ouenfermedad de moda[7] e aparecían informacións levando a orixe da enfermidade a Francia, traída supostamente a España por emigrantes retornados. Noutros países tamén recibiu nomes locais, así en Alemaña os soldados denominárona ao primeiroBlitzkatarrh (catarro lóstrego)[8] e os militares británicos chamáronaFlanders Flu[9].

Historia e características

[editar |editar a fonte]
"A ignorancia é máis destrutiva cá guerra". Folla volante publicada polas autoridades sanitarias de Illinois (EUA) para coutar a expansión da gripe; ca. 1919.

Con efecto, na primavera e comezos do verán de1918, a enfermidade estendeuse por ambos os dous lados das frontes europeas, afectando adivisións enteiras. Declinou unhas semanas e logo, a finais do verán, rexurdiu moi violentamente. Os doentes sentíanfebre,dor de cabeza e dores nasarticulacións. Curiosamente, moitos eran novos, a quen a gripe apenas afecta. Un 5% das vítimas morreron, algunhas en só dous ou tres días. Os seuspulmóns revelábanse nasautopsias completamente anegados desangue; os rostros dos mortos tornábanse de cor violeta.

Aepidemia afectou os campamentos militares de Europa e osEstados Unidos e pasou logo ás cidades portuarias e industriais, matando miles de persoas cada día e estendéndose finalmente por todo o planeta. Estímase que todos os seres humanos respiraron o virus e que a metade enfermaron.

Noséculo XX houbo outras pandemias de gripe en1957 e1968 e agripe A (2009).

O artigo "The Persistent Legacy of the 1918 Influenza Virus", de David M. Morens, Jeffery K. Taubenberger, e Anthony S. Fauci, publicado na edición dixital da revistaThe New England Journal of Medicine o 16 de xullo de 2009, estableceu que o virus gripal de 1918 deu lugar a unha cepa resistente da cal o virus A/H1N1 do 2009 é herdeira.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Taubenberger JK, Morens DM (xaneiro de 2006)."1918 Influenza: the mother of all pandemics".Emerging Infectious Diseases. 12 (1): 15–22. doi:10.3201/eid1201.050979. PMC 3291398.PMID 16494711
  2. P. Spreeuwenberg; et al. (1 de decembro de 2018). "Reassessing the Global Mortality Burden of the 1918 Influenza Pandemic".American Journal of Epidemiology. 187 (12): 2561–2567. doi:10.1093/aje/kwy191.PMID 30202996.
  3. Niall P. A. S. Johnson e Juergen Mueller (febreiro de 2002)"Updating the Accounts: Global Mortality of the 1918-1920 "Spanish" Influenza Pandemic".Bulletin of the History of Medicine 76(1):105-15. DOI: 10.1353/bhm.2002.0022 ·
  4. Estaba en vigor a lei de prensa de 1883, considerada garantista na liberdade de prensa. Manuel Suárez Cortina "Élites republicanas y periodismo en la España de fines del siglo XIX" en Paul Aubert e Jean-Michel Desvois (2001)Les élites et la presse en Espagne et en Amérique latine des Lumières à la seconde guerre mondiale. Casa de Velázquez-Université de Provence, pp. 67-87
  5. Pete Davies (1999)Catching Cold – The Hunt for a Killer Virus. Londres:Penguin Books, Londres 1999, p. 59
  6. Manfred Vasold (2009)Die Spanische Grippe. Die Seuche und der Erste Weltkrieg. Darmstadt:Primus Verlag, p. 31.
  7. Manuel Sánchez "Del “soldado de Nápoles” a la “dama española”. La pandemia de 1918"HALLALI. Revista de estudios culturales sobre la Gran Guerra y el mundo hispánico nº4. 2009
  8. Alfred W. Crosby (2003)America's Forgotten Pandemic: The Influenza of 1918 Cambridge University Press, p. 26
  9. W. Mitchinson (2014)The Territorial Force at War, 1914-16 Springer, p. 95

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Gripe de 1918Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Gripe_de_1918&oldid=6966495»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp