Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Grecia

Coord.:38°30′N23°00′L / 38.5,23
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaGrecia
Ελλάδα (el)
Ελλάς (el)
Ελληνική Δημοκρατία (el)Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoImnos is tin Eleftherian (1865)Editar o valor en Wikidata

Lema«Eleutheria i thanatos»Editar o valor en Wikidata
Epónimopobo gregoEditar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 38°30′N23°00′L / 38.5,23
CapitalAtenas(1834–)Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación10.482.487(2021)Editar o valor en Wikidata (79,44hab./km²)
Lingua oficiallingua grega
Grego demótico(pt)Traducir
lingua grega modernaEditar o valor en Wikidata
Relixiónigrexas greco-ortodoxasEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie131.957 km²Editar o valor en Wikidata
Auga2,3 %Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar MediterráneoEditar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Olimpo (2.919 m)Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixofoxa de Calipso (−5.269 m)Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación25 de marzo de 1821(Xuliano)Editar o valor en Wikidata
Día festivo
Organización política
Forma de gobernoRepública parlamentariaEditar o valor en Wikidata
• PresidenteEditar o valor en WikidataKonstantinos Tasoulas(pt)Traducir(2025–)Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGabinete da Grécia(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
• Primeiro ministroEditar o valor en WikidataKyriakos Mitsotakis(2019–)Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoParlamento Helénico(pt)Traducir ,(Escano: 300)Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialCourt of Cassation(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal214.873.879.834 $ (2021)Editar o valor en Wikidata
MoedaeuroEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.gr e.ελEditar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+30Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia112,100,166(pt)Traducir e199Editar o valor en Wikidata
Código de paísGREditar o valor en Wikidata
Código NUTSELEditar o valor en Wikidata

Sitio webgovernment.gov.grEditar o valor en Wikidata
BNE: XX450889

Grecia (Gl-Grecia.oggpronunciación (axuda · info)) (engregoΕλλάδα/Elláda[eˈlaða] (AFI)Ellada.oggescoitar ouΕλλάς/Ellás), oficialmenteRepública Helénica (Gl-República Helénica.oggpronunciación (axuda · info)) (engregoΕλληνική Δημοκρατία/Elinikí Dimokratía[eliniˈci ðimokraˈti.a] (AFI)) é un país do sueste meridional europeo, situado ao sur daPenínsula Balcánica. Fai fronteira conAlbania,Macedonia do Norte eBulgaria polo norte e conTurquía polo leste. Omar Exeo atópase no leste e sur da Grecia continental, mentres omar Xónico se atopa no leste, a través do cal ten ligazóns conItalia, e conAlbania. Tanto no seu leste coma no seu oeste, Grecia posúe unha gran cantidade de illas, sendo a maior aIlla de Creta.

Grecia atópase na conxuntura deEuropa,Asia eÁfrica. A Grecia actual constitúese como herdeira do patrimonio daGrecia antiga, oImperio Romano oImperio Bizantino,[1] e oImperio Otomán.[2] Así mesmo, Grecia é o berce dademocracia,[3] afilosofía occidental,[4] osXogos Olímpicos, a literatura occidental ehistoriografía, asciencias políticas, osprincipios matemáticos, e odrama occidental[5] incluíndo atraxedia e acomedia.

A Grecia actual é un país doprimeiro mundo, membro daUnión Europea dende1981,[6] daUnión económica e monetaria dende2001, daOTAN dende1952, daOCDE dende1961,[7] e daAxencia Espacial Europea dende2005.[8]Atenas é a súa capital;Salónica ePatras son, alén da capital, as principais cidades do país.

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]

O nome histórico de Grecia en grego é Ἑλλάς, (transcrito comoElás). No grego moderno chámase comunmente Ελλάδα (transcrito comoElada). O nome de Grecia en galego provén do termolatinograecus (Γραικοί), que é a forma coa queAristóteles se refería ao nome do país. Con todo, na realidade o nome está relacionado co da xente de Epiro.

O outro nome que recibe está relacionado co termo deAlexandre o Grande, "Helénico", que provén de Ellada (Ελλάδα) e que significa "terra lixeira!, onde o "h" inicial vén da pronuncia nogrego antigo cun son aspirado inicial. Tamén se relacionou o país grego con "helios" (sol). Con todo, a raíz de onde se formou o seu nome é incerta, e foi durante oImperio Romano cando comezou a recibir o nome de Grecia.

En moitas linguas europeas, como nogalego, o nome provén da raíz Γραικός (Graikós) véxase ocastelán eitaliano:Grecia,portugués:Grécia,inglés:Greece,francés:Grèce,alemán:Griechenland ou oruso:Греция. Por outra banda o nome en varios países asiáticos, como enturco:Yunanistan,árabe: يونان,hebreo: יוון,persa antigo:Yaunâ,pali:Yona ouindonesio:Yunani, derivan de Ἰωνία (ionía), a rexión deXonia.

Historia

[editar |editar a fonte]
Véxase tamén:Grecia antiga e Grecia clásica.
Historia de Grecia

Grecia prehelénica
Prehistoria de Grecia
-3200Civilización cicládica
-2700Civilización minoica
 -1550Civilización micénica
Grecia antiga
 -1200Idade escura
 -800Época arcaica
 -510Época clásica
 -323Época helenística
 -146Grecia romana
Grecia medieval
 330Imperio bizantino
 1202Cuarta cruzada
 1453Grecia otomana
Grecia contemporánea
  1799República das sete illas
  1822Guerra de independencia
 1832Reino de Grecia
 1936Réxime do 4 de agosto
 1941Ocupación
 1946Guerra civil
 1967Ditadura dos coroneis
 1974República helénica
OPartenón
Filipo II de Macedonia

A antiga Grecia tiña límites conIliria eMacedonia ao norte, ao leste comar Exeo, ao oeste comar Xónico, e ao sur comar Mediterráneo. Tiña 77.000 km². As súas montañas, co ceo case sempre azul e o seu clima suave facía de Grecia un dos máis marabillosos países do mundo antigo. Foi nese pequeno país no que a primeira civilización europea comezou hai máis de dous mil anos. Naquel tempo, Grecia dominaba grandes áreas das marxes doMediterráneo e domar Negro. Actualmente, Grecia é un único país de poder reducido, e un dos menos desenvolvidos deEuropa.Atenas é a capital e maior cidade do país, con catro millóns de habitantes. EnAtenas e noutras partes de Grecia, existen ruínas de monumentos do pasado glorioso da antiga civilización.

Hai milleiros de anos, os gregos estabeleceron tradicións dexustiza e liberdade individual que son as bases da democracia e da economía de mercado. A súaarte,filosofía eciencia tornáronse fundamentos do pensamento e da cultura occidentais. Os gregos da Antigüidade chamábanse a si mesmos helenos (tódolos que falaban ogrego, mesmo que non vivisen na Grecia Continental, e daban o nome de Hélade á súa terra. Os que non falaban grego eran chamados bárbaros. Nunca chegaron a formar un goberno nacional, porén estaban unidos pola mesmacultura,relixión elingua.



A Grecia tornouse independente o14 de setembro de1829, despois de que o Tratado de Adrianópolis fose asinado entreRusia eTurquía, o cal puxo fin á guerra da independencia.

Despois de conseguir a independencia doImperio Otomán, e como resultado das Guerras Balcánicas, Grecia conseguiu incrementar o seu territorio e poboación. Os seguintes anos, a loita entreConstantino I de Grecia e o carismático primeiro ministroEleftherios Venizelos sobre a política estranxeira antes daprimeira guerra mundial dominou a escena política grega, e dividiu o país en dous grupos enfrontado. Trala fin da Gran Guerra producinse unha loita que enfrontou os helenos cos nacionalistas turcos, liderados porMustafa Kemal, unha guerra que provocou un intercambio importante de poboación entre os dous países tras o Tratado de Lausana.

A inestabilidade e sucesivos golpes de estado marcaron a seguinte era, que foi eclipsada pola tarefa de incorporar máis dun millón e medio de refuxiados gregos deAsia Menor dentro da sociedade grega. O28 de outubro de1940 aItalia fascista pediu a rendición de Grecia, mais o ditador grego Ioannis Metaxas opúxose e provocou a consecuente Guerra Greco-Italiana, onde Grecia expulsou as forzas italianas enAlbania, dando aosaliados da segunda guerra mundial a primeira vitoria sobre asPotencias do Eixe. Posteriormente tívose que enfrontar as forzas alemás durante a Batalla de Grecia. Trala liberación, Grecia caeu na guerra civil entre as forzas a prol da realeza e as comunistas, o que provocou unha grave crise económica e graves tensións sociais entre as dereitas e as esquerdas os seguintes trinta anos.

Os seguintes vinte anos caracterizáronse pola marxinación dos esquerdistas dentro a esfera política e social gregas, pero cun considerable crecemento económico, grazas en parte aoPlan Marshall. O ano1965, foi un período de turbulencia política que trouxo o golpe de estado do21 de abril de1967 do Réxime dos Coroneis, co apoio dosEstados Unidos. En novembro de1973 o levantamento á Universidade Politécnica de Atenas provocou un golpe contrario que instalou a Dimitrios Ioannidis como ditador. O20 de xullo de1974, coainvasión turca da illa deChipre o réxime grego colapsouse. O antigo primeiro ministro Konstantinos Karamanlis devolveu de París onde vivira dende o seu exilio en1963, empezando a era denominada Metapolitefsi. O14 de agosto de1974 as forzas gregas abandonasen a estrutura militar daOTAN en protesta polaocupación turca do norte de Chipre. En1975 instaurouse a constitución da república democrática e aboliuse a monarquía por referendo. Andreas Papandreou fundou o Movemento Socialista Panhelénico (PASOK), en resposta ao partido Nova Democracia de Konstantinos Karamanlis, xurdindo as dúas forzas políticas dominantes da política grega durante as décadas seguintes. Grecia volveu áOTAN en 1980 e converteuse no décimo membro daUnión Europea o1 de xaneiro de1981, experimentando dende entón un notable crecemento económico. O país adoptou oeuro en2001 e organizou de maneira satisfactoria osXogos Olímpicos do verán de 2004 enAtenas.

Política e goberno

[editar |editar a fonte]
Véxase tamén:Política de Grecia.
Eleftherios Venizelos (1864-1936).

Grecia é unharepública parlamentaria.[9] Oxefe de estado é o Presidente da República, quen é elixido polo Parlamento por un período de cinco anos.[10] A vixente Constitución foi redactada e adoptada polo parlamento heleno no ano1975, trala caída da xunta militar que gobernou o país entre1967 e1974. Dende aquela foi revisada dúas veces, a primeira en1986 e a segunda no ano2001. A Constitución, constituída por 120 artigos, establece a separación de poderes nos poderesexecutivo,lexislativo, exudicial, e garante extensas e específicasliberdades e dereitos sociais.[11]

Segundo a constitución, o poder executivo é exercido polo Presidente da República e o goberno.[12] A emenda constitucional de1986 restrinxiu significativamente as obrigacións e deberes do presidente, sendo o seu papel hoxe en día soamente cerimonial.[13] Dende o13 de marzo de2020 a presidenta de Grecia éKaterina Sakellaropoulou. A posición doPrimeiro Ministro, xefe do goberno de Grecia, pertence ao líder do partido político que obteña a maior confianza do parlamento grego. O Presidente da República formalmente elixe o Primeiro Ministro, e, baixo recomendación, elixe e destitúe os membros do goberno.[14] O Primeiro Ministro exerce vastos poderes políticos, aumentados a conta dos do Presidente na emenda de1986.[15] OPrimeiro Ministro de Grecia dende o 8 de xullo de 2019 é Kyriakos Mitsotakis.[16]

O poder lexislativo é exercido por 300 membros doParlamento unicameral.[17] Os estatutos aprobados polo Parlamento son promulgados polo Presidente da República.[18] As eleccións parlamentarias teñen lugar cada catro anos, mais o Presidente da República está obrigado a disolve-las cortes no caso de que o goberno o propoña en caso de acontecer asunto nacional de extrema importancia.[19] O Presidente está obrigado tamén a disolver o Parlamento, no caso de que a oposición sexa quen de levar a cabo unhamoción de censura.[20]

Opoder xudicial é independente do executivo e do lexislativo é abrangue tres Cortes Supremas. O sistema xudicial componse tamén de cortes civís, encargadas de xulgar casos civís e penais e cortes administrativas, encargadas de xulgar disputas entre os civís e as autoridades gregas. Dende a restauración dademocracia e ata adécada de 2010, imperou unsistema bipartidista dominado polos partidos Nova Democracia (liberalconservador) e Movemento Socialista Panhelénico (socialdemócrata),[21] até que este último perdeu gran parte do seu apoio nas eleccións de 2012 e nas seguintes, caendo a menos dun 10% dos votos. Paralelamente á caída do PASOK produciuse a subida daCoalición da Esquerda Radical (SYRIZA), chegando a ser a forza máis votada nas eleccións de2015 e gobernando o país ata2019 cando Nova Democracia volveu gañar unhamaioría absoluta.

Dereitos humanos

[editar |editar a fonte]

En materia dedereitos humanos, respecto á pertenza nos sete organismos da Carta Internacional de Dereitos Humanos, que inclúen oComité de Dereitos Humanos (HRC), Grecia firmou ou ratificou:

GreciaGrecia Status dos principais instrumentos internacionais dedereitos humanos[22]
CESCRCCPRCERDCEDCEDAWCAT[23]CRCMWCCRPD
CESCRCESCR-OP[24]CCPRCCPR-OP1CCPR-OP2-DPCEDAWCEDAW-OP[25]CATCAT-OPCRCCRC-OP-ACCRC-OP-SCCRPDCRPD-OP[26]
PertenzaGrecia recoñeceu a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentesSen informaciónGrecia recoñeceu a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentesGrecia recoñeceu a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentesGrecia recoñeceu a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentesFirmado e ratificadoSen informaciónFirmado e ratificadoFirmado e ratificadoFirmado e ratificadoSen informaciónFirmado e ratificadoSen informaciónFirmado pero non ratificadoNin firmado nin ratificadoFirmado pero non ratificadoNin firmado nin ratificado
Firmado e ratificado, firmado pero non ratificado, nin firmado nin ratificado, sen información, accedeu a firmar e ratificar o órgano en cuestión, pero tamén recoñece a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes.


Xeografía

[editar |editar a fonte]
Véxase tamén:Periferias de Grecia e Lista de illas de Grecia.
Monte Olimpo

Grecia consiste nun territorio continental na extremidade sur dosBalcáns, na península doPeloponeso, separada do continente pola canle de Corinto, e de numerosas illas, incluíndoCreta,Rodas,Eubea e os arquipélagos doDodecaneso e dasCíclades nomar Exeo, e das Illas Xónicas noMar Xónico. Grecia ten máis de 14.880 km de costas e unha fronteira terrestre de 1.160 km. A súa superficie é de 132.562 km² incluíndo augas interiores da cunca do Exeo, illas e illotes.

Preto do 80% da Grecia é territorio montañoso ou, polo menos, accidentado. A maior parte do país é terra seca erochosa. Só o 28% da terra é arábel. A Grecia occidental contén lagos e zonas húmidas. O Pindo, a cadea montañosa central, ten unha elevación media de 2.650 m. O lendario monteOlimpo é o punto máis alto de Grecia, atinxindo 2.917 m por riba do nivel do mar.

Oclima grego é semellante aoportugués, con invernos suaves e húmidos e veráns quentes e secos. As temperaturas só raramente atinxen valores extremos, aínda que ten nevado nas montañas e ata mesmo enAtenas, nalgúns invernos.

Xeográfica e climaticamente o territorio grego é moi variado. Contando con 9.000 illas, illotes e afloramentos rochosos, 15.021 km de costa (máis de 16.000 km de costa incluíndo os afloramentos rochosos), sendo o segundo deEuropa despois deNoruega e décimo do mundo detrás dosEstados Unidos en lonxitude costeira. Omar Exeo foi de grande importancia na historia e desenvolvemento da cultura e civilización helenística.

Divisións administrativas

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Periferias de Grecia.

Administrativamente, Grecia constitúese de 13 periferias (provincias) divididas en 51 prefecturas (engregonomoi, singularnomos). Existen tamén unha área autónoma, oMonte Athos (engregoAgio Oros, "Outeiro sagrado"), que bordea a periferia daMacedonia central.

Atenas
Salónica
MapaNúmeroPeriferiaCapitalÁreaPoboación
1ÁticaAtenas3.808 km²3 761 810
2Grecia centralLamia15.549 km²605.329
3Macedonia centralSalónica18.811 km²1 871 952
4CretaHeraklion8.259 km²601.131
5TraciaKavala14.157 km²611.067
6EpiroIoannina9.203 km²353.820
7Illas XónicasCorfú2.307 km²212.984
8Exeo setentrionalMitilene3.836 km²206.121
9PeloponesoCalamata15.490 km²638.942
10Exeo meridionalErmoupoli5.286 km²302.686
11TesaliaLarisa14.037 km²753.888
12Grecia occidentalPatras11.350 km²740.506
13Macedonia occidentalKozani9.451 km²301.522
-Monte Athos(Autónomo)Karyes390 km²2.262

Demografía

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Demografía de Grecia.
Hermoupolis, na illa deSiros, é a capital das illasCícladas

O corpo oficial de estatísticas de Grecia é o Servizo Nacional de Estatísticas de Grecia (engregoΕθνική Στατιστική Υπηρεσία της Ελλάδος). Segundo o corpo de estatísticas grego, Grecia tiña unha poboación total de 10,964,020 (2001)[27], dos cales 5 427 682 eran homes e 5 536 338 mulleres.[27] As estatísticas de1971,1981, e2001 amosan un progresivo envellecemento da poboación grega.[27] Ataxa de natalidade no ano2003 era de 9,5 por cada 1.000 habitantes (14,5/1.000 no ano1981). Ao mesmo tempo ataxa de mortalidade subiu do 8,9 por 1.000 habitantes no ano 1981, aos 9,6/1.000 no ano 2003. En2001, o 16,71% da poboación tiña máis de 65 anos, un 68,12% atopábase entre os 15 e os 64 anos de idade, e un 15,18% tiña 14 anos ou menos.[27] En1971 as cifras eran do 10,92%, 63,72%, e 25,36% respectivamente.[27] A sociedade grega sufriu un gran cambio nas últimas décadas. Os cocientes de casamentos veñen baixando nas últimas décadas dende o 71 por 1.000 do81 ata2002, medrando lixeiramente ata os 61 por 1.000 no2003 e caendo de novo ata os 51 en2004.[27] Por outro lado, os cocientes de divorcio veñen medrando dende os 191,2 por 1.000 en1991 aos 239,5 do2004.[27]

Cidades

[editar |editar a fonte]

Case dous terzos dos gregos viven en áreas urbanas; as dúas grandes áreas metropolitanas do país son Atenas e Salónica. Na lista de abaixo están as vinte principais cidades gregas, coa poboación segundo datos oficiais das súas aglomeracións urbanas, que pode incluír varios concellos.


Cidades máis poboadas deGreciaFonte?

Atenas

Tesalónica
PosiciónLocalidadeRexiónPob.PosiciónLocalidadeRexiónPob.
Patras

Heraklion
1AtenasÁtica3,074,16011AgrinioGrecia Occidental93,930
2TesalónicaMacedonia Central790,82412KateriniMacedonia Central86,170
3PatrasGrecia Occidental214,58013TrikalaTesalia80,900
4HeraklionCreta173,45014SerresMacedonia Central76,240
5LárisaTesalia163,38015Lamia, GreciaGrecia Central74,720
6VolosTesalia144,42016AlexandroupoliMacedonia Oriental e Tracia72,750
7RodasExeo Meridional118,62317KozaniMacedonia Occidental70,420
8IoanninaEpiro111,74018KavalaMacedonia Oriental e Tracia70,360
9ChaniaCreta108,31019KalamataPeloponeso70,130
10CalcisGrecia Central102,42020VeriaMacedonia Central66,630

Minorías

[editar |editar a fonte]
Zonas dos Balcáns onde viven ospobos romaneses

O grego é a lingua maioritaria en todo o territorio heleno, malia existir diversas zonas onde se falan outras linguas ou habitan determinadas minorías étnicas.[28] A única minoría grega que ten un especial recoñecemento legal é a minoríamusulmá (Μουσουλμανική μειονότητα,Mousoulmanikí meionótita) de Tracia, que constitúe o 0.95% da poboación. Os seus membros son na súa maioría de orixeturca,pomak ou búlgaromusulmá, exitana. Outras minorías recoñecidas son osarmenios (35.000) e osxudeus (5.000).

Existen tamén outros grupos lingüísticos, cuxos membros falan ademais dogrego outra lingua e se identifican como gregos.[29] Entre estes se atopan osarvanitas, o cales falan unha variante doalbanés coñecido comoarvanitika[30] osarromaneses e osmeglenorromaneses, cuxas linguas atópanse estreitamente vencelladas coromanés. No norte de Grecia existen grupos de falantes delinguas eslavas, cuxos membros identifícanse como gregos na súa maioría. Os dialectos falados poden clasificarse lingüisticamente como formas domacedonio (localmente chamadoEslavomacedonio ou simplementeEslavo), ou dobúlgaro (distinguido comapomak no caso da comunidade musulmá de lingua búlgara da rexión deTracia occidental).[31] A falta dun recoñecemento oficial de ningunha minoría, agás os musulmáns de Tracia, constitúe unha fonte de críticas de numerosos organismos.[32]

Inmigración

[editar |editar a fonte]
Vila Pomak enTracia

A complexa política migratoria grega, as distintas prácticas e os diferentes datos recadados, fan que sexa difícil establecer o verdadeiro número de inmigrantes en Grecia, sendo as estatísticas actuais causa de especulación. Un estudo doObservatorio Migratorio do MediterráneoArquivado 08 de outubro de 2017 enWayback Machine. mantén que no ano2001 residían no país sen a cidadanía grega 762.191 persoas, o que constitúe o 7% da poboación. Deses, 48.560 eran cidadáns daUE ou daAsociación Europea de Libre Comercio (Suíza,Noruega,Islandia eLiechtenstein) e 17,426chipriotas con status privilexiado. En canto a orixe dos inmigrantes, o 56% sonalbaneses, seguidos polosbúlgaros (5%),xeorxianos (3%) eromaneses (3%). Osestadounidenses,chipriotas,británicos ealemáns representan un 2% cada un. O resto dos 690.000 inmigrantes pertencen a outros grupos étnicos.

A maioría dos inmigrantes de fóra da UE residen no contorno da capital ateniense (uns 132.000 inmigrantes, que constitúen o 17% da poboación).Salónica é a segunda cidade en poboación estranxeira, cuns 27.000 residentes que constitúen o 7% da poboación. Deixando estas dúas cidades, as principais zonas con asentamentos estranxeiros son os concellos que rodean a capital. Segundo o mesmo estudo, a poboación estranxeira (documentada e indocumentada) residente en Grecia podería ser maior do 8,5% oficial, chegando ao 10.3% (1,15 millóns de estranxeiros).

Economía

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Economía de Grecia.
Primeira sede do Banco Agrícola de Grecia enAtenas

Aagricultura representa un papel moi importante naeconomía de Grecia. As industrias creadas durante o período posterior áprimeira guerra mundial foron na súa maioría destruídas durante asegunda guerra mundial e a seguinte guerra civil. Desde entón, o desenvolvemento do sectormanufactureiro da economía viuse obstaculizado pola falta de combustibles e as dificultades xurdidas co uso da enerxía hidroeléctrica do país. En1970, no entanto, a contribución das manufacturas á produción nacional anual superou por primeira vez á da agricultura. Dúas importantes fontes de ingreso para Grecia son a construción naval e oturismo. A extracción depetróleo dos campos do norte domar Exeo foi unha grande axuda para a economía a principios da década de1980. Grecia pasou a ser membro da Comunidade Económica Europea (hoxeUnión Europea) en1981. O orzamento nacional a principios dadécada de 1990 calculouse nuns 37,6 miles de millóns de dólares de ingresos, e 45,1 miles de millóns de gasto.

A súa industria produce principalmente: alimentos e produtos do tabaco, teas e tecidos, produtos químicos, siderurxia, minería e refinación de petróleo, mentres que a súa agricultura se basea na produción de trigo, millo, cebada, remolachas para azucre, olivas, tomates, viño, tabaco, patacas; carne e produtos lácteos. A organización de sindicatos é gremial, así pois os membros de cada gremio están afiliados a federacións nacionais.

Agricultura e pesca

[editar |editar a fonte]
Viñedos en Santorini

Unha cuarta parte da poboación activa de Grecia traballa na agricultura, que constitúe o 15% doproduto interno bruto (PIB). Pero a súa produtividade é inferior á que cabería esperar deste sector da economía. As explotacións son pequenas, debido ao minifundio creado (3,4 ha de media) como consecuencia da subdivisión hereditaria, o cal dificulta o uso eficaz de equipos mecánicos. Ademais, o rendemento é baixo por mor da seca e a erosión dos chans neste lugar. Otabaco é ocultivo principal e achega preto do 3% dos ingresos por exportación. A produción anual dos cultivos máis importantes (en toneladas) no final da década de 1980 foi: tabaco, 142.000;trigo, 2,6 millóns;tomates, 1,9 millóns;laranxas, 780.000;millo, 2,1 millóns; remolacha azucreira, 1,9 millóns;uvas, 1,6 millóns;olivas, 1,5 millóns;patacas, 850.000, ealgodón, 222.000. A facendagandeira totaliza uns 10,8 millóns de cabezas de gando ovino, 3,5 millóns de caprino, 800.000 cabezas de vacún, 31 millóns de aves de curral e 2,1 millóns de porcino. O goberno grego tomou medidas para replantar as árbores que foron destruídas durante a segunda guerra mundial. Preto de 2,9 millóns de m³ de madeira cortábanse por ano no final da década de 1980. O 75% procedían dos bosques de coníferas. A pesca é limitada. No final da década de 1980 a captura anual ascendía a unhas 135.000 t, a maior parte das cales se consumía no país. As esponxas son o principal produto mariño destinado á exportación.

Outros sectores

[editar |editar a fonte]
Corfú, un dos destinos turísticos máis populares

Aínda que a minería ten escasa importancia para a economía grega, explótase unha considerable variedade de recursos minerais. A produción anual (en toneladas) a mediados da década de 1980 foi: lignito, 35,9 millóns; bauxita, 2,3 millóns; mineral de ferro, 1,3 millóns, e magnesio, 884.400. Tamén se extraeron preto de 279.200 m³ de mármore, ademais depetróleo, sal,cromo,prata,zinc,ouro echumbo. Ao redor dunha quinta parte da poboación activa traballa neste sector, que produce un 18% do produto interior bruto anual. Os seus principais artigos son os metais básicos e os produtos metálicos, alimentos, bebidas, tabaco, téxtiles e confección, produtos químicos, cemento e viño.Atenas é o centro industrial de Grecia.

Un 90% daelectricidade de Grecia xérase en instalacións termoeléctricas de lignito, carbón ou derivados do petróleo, e o resto en instalacións hidroeléctricas situadas principalmente no río Akhelóös, nos montes Pindo. No final da década de 1980 a capacidade xeradora de enerxía de Grecia era duns 10,2 millóns de kW, e a súa produción anual de 30,1 milleiros de millóns. No final dadécada de 1980, uns 8,1 millóns de turistas elixiron anualmente Grecia como destino das súas vacacións, para visitar as súas antigüidades e relaxarse ao sol domar Mediterráneo. As cifras reflicten uns beneficios neste sector de 2.200 millóns dedólares ao ano.

Cultura

[editar |editar a fonte]
Vestimentas tradicionais gregas

A cultura grega é, xunto cohumanismo, unha das bases dacivilización occidental. Eles foron os primeiros en desenvolver o modo de pensamento que temos agora, ademais de legar un grandioso patrimonio artístico e arquitectónico. A cultura helénica evolucionou durante miles de anos, cos seus inicios nascivilizacións minoica emicénica continuando coa notableGrecia clásica, o nacemento da época helenística e por medio da influencia doImperio Romano e o seu sucesor, oimperio bizantino, na Grecia oriental. OImperio Otomán tamén tivo unha influencia considerable na cultura grega, pero é a guerra de independencia grega a que revitaliza Grecia e propicia o nacemento dunha identidade individual dentro da súa polifacética cultura ao longo da súa historia.

Foi ademais na Antiga Grecia, na cidade deOlimpia, onde xurdiron osXogos Olímpicos en homenaxe aos deuses. Os gregos tamén desenvolveron unha ricamitoloxía, que é referencia para estudos e libros aínda hoxe en día. A filosofía tamén acadou un desenvolvemento sorprendente, principalmente enAtenas no século V a.C. (período clásico de Grecia), época de filósofos conPlatón eSócrates.

De entre os músicos gregos con fama internacional destacanManos Hadjidakis,Mikis Theodorakis ouEvangelos Papathanassiou, coñecido popularmente como Vangelis. A busca e a sistematización do patrimonio musical popular, que é o obxectivo básico de famosos músicos e investigadores, ten incentivado a creación de gran número de corais que participan en concursos internacionais.

En canto ás vestimentas de Grecia, son parte dunha historia cultural mixta. Algunhas das características dos traxes folclóricos gregos poden ser achadas nas antigas vestimentas helénicos ebizantinos. De feito, moitos dos elementos dos traxes litúrxicos usados hoxe polos sacerdotesGregos Ortodoxos están emparentados cos traxes tradicionais da Grecia moderna e teñen a súa orixe nas vestimentas doImperio Bizantino.

Actitudes

[editar |editar a fonte]
Taberna grega
Bandeira grega

Os gregos, en xeral, senten un gran vencello co seu pasado, facendo fincapé noperíodo clásico da historia grega, dende o helenístico e obizantino ata o presente. Ambas, aGrecia clásica e abizantina, representan para a maioría dos gregos as precursoras da actual República Helénica. Durante o final doséculo XIX e comezos doXX as antigas fronteiras do imperio bizantino, ou máis en concreto aquelas que ata este período conservaran as poboacións gregas, chegaron a representar para algúns un ideal ao alcance do estado contemporáneo.

A continuidade cultural e lingüística do pobo grego, no entanto, foi complicada durante a súa historia polas influencias exteriores, como a do cristianismo sobre a antigüidade tardía ou a falta de presión ao final da época bizantina, que son cousas fortemente recalcadas polos gregos de hoxe en día sendo como son, unha das nacións máis patrióticas de Europa segundoEurostat. Cómpre destacar que alingua grega abrangue unha historia de máis de 4.000 anos, tendo en consecuencia un enorme impacto noutros idiomas, sobre todo dooeste europeo.

Trala revolución de1821, Grecia pasou por un período de renacemento artístico e cultural. Os gregos actuais coidan os recordos dos anos de antes da revolución, aqueles da ocupación de Grecia poloImperio Otomán, como os dos «anos de escuridade», en que o desenvolvemento cultural quedou completamente detido. A pesar da evidencia pola contra (en particular con respecto á literatura cretense), o rexurdimento de Grecia trala formación da primeira República Helénica en1831 é lembrada por unha inmensa maioría dos gregos como o "renacemento" da súa nación.

A experiencia da ocupación, a da época otomá e da época moderna, deixou unha marca indeleble na psique grega. Noséculo XX, o trauma da guerra civil grega durante o que a nación chegou a ser o primeiro teatro deguerra fría, inmediatamente tralasegunda guerra mundial, a cal conduciu a enormes privacións coa ocupaciónnazi, e a intromisión dosEUA coa creación do "Réxime dos coroneis", que gobernou brutalmente desde1967 a1974; todo iso levou á aparición da idea doEthnos Anadelfon (Nación sen irmáns), recalcando que os gregos só podían contar consigo mesmos e os seus compatriotas. Con todo, desde mediados dadécada de 1970 cara a adiante e sobre todo trala entrada de Grecia naUnión Europea en1981, a orientación de Grecia, e as aspiracións da maioría, enfocouse cara á corrente principal europea.

Arte

[editar |editar a fonte]

A arte e a arquitectura da Grecia antiga tivo unha grande influencia naarte occidental ata o presente. Aarte earquitecturabizantinas tamén xogaron un importante papel nos inicios docristianismo, e queda unha significativa influencia nas naciónscristiás ortodoxas deEuropa oriental eEurasia. Ata agora, debido aos estragos da historia, só unha pequena variedade da arte grega antiga sobreviviu, sobre todo escultura e arquitectura e artes menores, incluíndo o deseño de moedas, cerámica e o gravado de pedras preciosas. Grecia tamén ten, a partir da revolución, un peso específico na historia daarte contemporánea.

Arquitectura

[editar |editar a fonte]
Detalle doErecteion
Véxase tamén:Arquitectura grega clásica.
Véxase tamén:Acrópole de Atenas.

Os restos daarquitectura aínda sobreviven ou están ben documentados actualmente. Os antigos gregos desenvolveron dous estilos primarios (ou «ordes clásicas»). O sobrio e sólidodórico e o refinado e decorativoxónico. Hai que sinalar que o estilo xónico evolucionou dentro do estilocorintio.

A forma rectangular dos antigostemplos gregos, rodeados decolumnas sostidas por un pedimento triangular, construído de pedra calcaria oumármore, segue sendo un popular estilo aínda hoxe en día. Aínda que o arco era familiar aostroianos, non estaba amplamente estendido o seu uso, en contraste coas posteriores edificacións romanas.

As obras representativas que sobreviven da arquitectura grega son oPartenón e oErecteion deAtenas, e as estruturas romanas baseadas no modelo grego, coma oPanteón de Roma, o cal é atribuído ao arquitecto gregoApolodoro de Damasco. A arquitectura bizantina foi un xeito de construción común dende o ascenso do cristianismo baixoConstantino ata a caída doBizancio en1453 nas mans dos turcosotománs. Son característicos a cruz grega, ocapitel de estilo bizantino (unha mestura dexónico e capiteiscorintios) e unha cúpula central rodeada por varias pequenas cúpulas. Grecia experimentou tamén o rexurdimento neobizantino trala revolución grega e bastante insospeitadamente, tamén o auxe daarquitectura neoclásica nos anos seguintes á Revolución; isto viu a pola en contacto e interacción coa tradicional vila bizantina para producir unha forma específica na Grecia contemporánea.

Como outras capitais contemporáneas, Atenas, ten parte na arquitecturamodernista eposmodernista, máis concretamente as últimas construcións deSantiago Calatrava para asOlimpíadas de Atenas de2004.

Pintura e escultura

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Escultura grega.
Escultura debronce, posiblementePoseidón ouZeus.

En contraste con outras formas ilustradas, as pinturas conservadas da Grecia antiga son moi escasas. Os pintores gregos traballaban principalmente en paneis de madeira, e as obras finais foron admiradas durante centos de anos logo da súa creación. Con todo, estas pinturas desapareceron despois doséculo IV cando non foron suficientemente protexidas. Conserváronse as copias romanas de inferior calidade, por exemplo as dePompeia, achadas nas tumbas dos reis deMacedonia en Verxina ou en Leúcade, na antiga Macedonia, como as de Kazanlak na antigaTracia.

As obras conservadas da antigaescultura grega son máis comúns, en particular as dos mestres escultores, comoFidias ePraxíteles. Estes artistas e os seus seguidores foron frecuentemente emulados polos romanos. Con todo, oscristiáns doséculo IV eV viron a destrución dos ídolospagáns como un "acto de piedade". Moitas esculturas antigas demármore foron queimadas concal naIdade Media, e estatuas de bronce foron fundidas para obter o metal. As estatuas de mármore que escaparon á destrución foron esquecidas, ou no caso dos bronces, perdidos no mar.

No períodobizantino, a arte relixiosa era o tema dominante, conmosaicos eiconas moi traballadas adornando os edificios relixiosos. O artistarenacentista,O Greco (Domenikos Theotocopoulos), responde dobizantino e noséculo XVI a artemanierista, producindo escultura e pinturas de forma libre, luz e cor que inspiraría a artistas doséculo XX comoPablo Picasso ouJackson Pollock.

Mosaico representando aAlexandre Magno.

Ademais, un importante e a miúdo pioneiro papel, foi xogado por artistas dasillas Xónicas noXVIII e a comezos doXIX, que explotaron as conquistas doRenacemento italiano e dos talleresbarrocos. Con persistentes esforzos cara a novas direccións e obxectivos, os artistas gregos afloraron ao mundo durante as primeiras décadas doséculo XIX conectando a arte grega coa súa antiga tradición, así como a procura de talleres europeos, sobre todo os daMunich School, con exemplos definitorios da arte contemporánea grego do período que inclúe a obra deTheodoros Vryzakis eNikiphoros Lytras.

A comezos doséculo XX,Demetrios Galanis, contemporáneo e amigo dePicasso, conseguiu un amplo recoñecemento en Francia e foi membro vitalicio da Academia Francesa, tralo encomio do críticoAndré Malraux como un artista capaz «de provocar fortes emocións comoGiotto». Xa en pleno século XX,Nikos Engonopoulos conseguiu recoñecemento internacional coas súas concepciónssurrealistas en pintura e poesía, ao mesmo tempo en queYannis Spyropoulos destacaba como pintor abstracto, mentres que no final da década dos60,Dimitris Mytaras eYiannis Psychopedis se asociaron co realismo crítico europeo.

Grecia continuou a antiga tradición escultórica nas épocasmodernista eposmodernista, con colaboradores como o filósofoCostas Axelos e o afamadoConstantine Andreou, receptor da Lexión de Honra deFrancia.

Cerámica e moedas

[editar |editar a fonte]
Detalle dun vaso grego exposto no MAM deNova York.
Artigo principal:Cerámica grega.
Artigo principal:Moeda da Antiga Grecia.

Aantiga Grecia foi tamén reputada pola súacerámica, que incluía tanto formas de vasos de bebida como furnas. A cerámica de figuras negras, en cuxas decoracións aparecen siluetas negras sobre fondo vermello, son moi representativas da temperá artesanía grega. Posteriormente as formas inclúen a cerámica de figuras vermellas e a cerámica de figuras brancas.

Os gregos non consideraban o deseño da moeda como unha forma principal de arte propiamente dita. No entanto, a durabilidade e a abundancia de moedas que deseñaron é unha das máis importantes fontes de coñecemento acerca da estética grega. As moedas foron inventadas en Lida durante o século VII a.C. pero foron os gregos os primeiros que as empregaron amplamente, e quen estableceron un canon do deseño monetario que foi seguido dende entón. Esta forma de arte ten unha particular importancia no estudo da época bizantina.

Cine

[editar |editar a fonte]
Cinema Olympion, enTesalónica (naMacedonia Central, ao norte do país), onde se celebra un importante festival de cine.

A primeira sala de cine apareceu por primeira vez en Grecia en1897, e o primeiro teatro foi construído en1907. A primeira produción é de1914 cando a compañía Asty Filme foi fundada e comezou a producirse longametraxes.Golfo (Γκόλφω), unha tradicional historia de amor, foi a primeira longametraxe, aínda que houbo antes varias producións menores como os noticiarios. O cine grego tivo unha historia axitada, desde momentos de relativo estancamento ata moi memorables producións. Desde a década de1920 ata o final dos40 houbo algúns filmes bastante notables, como Έρως και κύματα (dirixida en1928 por D. Gaziadis), eAplauso (Χειροκροτήματα) (dirixida en1944 por G. Tzavelas), e a máis importante é de1944, na que Katina Paxinou foi premiada coÓscar para a mellor actriz secundaria porPor quen dobran as campás.

A idade de ouro do cine grego foi a década dos anos50, década nas que se produciron ata sesenta filmes por ano, cunha película comoRonsel, dirixida por Michael Cacoyannis, un dos máis famosos directores. Notables actores e directores deste período foron Alekos Sakelarios, Nikos Tsiforos, Ellie Lambeti, Dinos Iliopoulos eIrene Papas. Cacoyannis, en particular, que dirixiu nos60Alexis Zorbas, chegando a gañar tres premios Óscar. Dende esta época o cine grego estivo relativamente parado. Sen contar con películas comoLoafing and Camoflage (Λούφα και Παραλλαγή), cuxo éxito popular sacou do punto morto usando a comedia exea. Outros temas políticos foron tocados no cine grego, como a inmigración deAlbania aparecendo en1991 con Μετέωρο βήμα του πελαργού (eninglés:The Suspended Step of the Stork), dirixida porTheo Angelopoulos.

Máis recentemente, filmes como Politiki kouzina (Un toque de pementa) e a comedia sexual tabú Safe Sex sinalaron a tendencia crecente da calidade do cine grego. Isto pode estar relacionado, en gran parte, cun inigualable período de prosperidade económica en Grecia, o cal conduciu a un incremento das produción cultural en todas as artes, tanto física como visual.

Literatura

[editar |editar a fonte]

Grecia ten unha destacable, rica e forte tradición literaria que abrangue uns 2.800 anos. A época clásica é a que máis comunmente se relaciona coa literatura grega, que comeza no ano800 a.C. e mantén a súa influencia durante o período bizantino; no entanto, a influencia do Cristianismo comezou un novo desenvolvemento da palabra escrita. Moitos elementos da antiga tradición milenaria están reflectidos na moderna literatura grega, incluíndo as obras dos laureados coPremio Nobel de Literatura,Odysseas Elytis eGiorgos Seferis.

Grecia clásica

[editar |editar a fonte]
Platón eAristóteles

As primeiras obras da tradición literaria occidental son os poemas épicos deHomero eHesíodo. A primeirapoesía lírica, a representada por poetas comoSafo ePíndaro, foi a responsable da definición doxénero lírico como é entendido actualmente na literatura occidental.

Esopo escribiu as súasFábulas noséculo VI a.C. Estas innovacións tiveron unha fonda influencia non só nos poetasromanos, comoVirxilio no seu poema épico da fundación de Roma, aEneida, senón que se estendeu a través de toda Europa.

Na Grecia clásica establécese o nacemento doteatro tal como o entendemos.Esquilo introduciu as ideas dediálogo e dramatizando as relacións dos personaxes e ao facelo, inventou odrama: a súaOrestíada, triloxía de obras, é considerada a cima da súa carreira. Outros grandes dramaturgos foronSófocles eEurípides.Aristófanes, un escritor de comedias, definiu e desenvolveu o concepto decomedia como forma teatral.

Herodoto eTucídides son considerados os pioneiros do moderno estudo dahistoria no campo da procura filosófica, literaria, e científica.Polibio foi o primeiro en introducir no seu estudo o concepto de militar.

Afilosofía introduciu literatura cos diálogos dePlatón, mentres que o seu discípuloAristóteles, na súa obraPoética, formulou o primeiro criterio da crítica literaria. Ambas as figuras literarias, no contexto das contribucións da filosofía grega nas épocas clásica e helenística, deron nacemento ao concepto deciencia política, o estudo da evolución política e a crítica dos sistemas de goberno.

Grecia bizantina

[editar |editar a fonte]
Evanxeo bizantino doséculo XI
Artigo principal:Literatura bizantina.

A expansión doCristianismo por todo o mundo grecorromano nosséculos IV,V eVI, xunto á Helenización doImperio Bizantino que se produciu no período, levaría á formación dunha forma literaria única, que combinaba influencias cristiás, gregas, romanas e orientais (como as doimperio persa). Á súa vez, isto permitiu que se desenvolvese a poesía cretense, a sátira poética no Oriente grego, e o xénero histórico, con varios prominentes historiadores comoProcopio de Cesarea.

Grecia moderna

[editar |editar a fonte]

A moderna literatura grega naceu a partir da revolución grega de1821 e a subseguinte independencia de Grecia en1831, e como tal, a literatura grega do período está fortemente influída por temas revolucionarios, aínda que o impacto da literatura grega da ilustración tamén podía ser destacada, ademais da influencia das cancións e novela acríticas do imperio bizantino.

Noséculo XX, a tradición literaria grega moderna abrangue a obra deConstantino Cavafis, considerado unha figura clave da poesía do século XX, conmovedorGiorgos Seferis (cuxas obras e poemas aspiraron a unir a literatura da antiga e moderna Grecia) eOdysseas Elytis, quen gañaron oPremio Nobel de Literatura.Nikos Kazantzakis é tamén unha gran figura, con obras comoA última tentación de Cristo eCristo recrucificado recibindo recoñecemento internacional.Vassilis Vassilikos é cumpridamente traducido.

Educación

[editar |editar a fonte]
Universidade Nacional e Kapodistríaca deAtenas

Aeducación en Grecia é obrigatoria para todos os nenos entre 6 e 15 anos; é dicir, inclúe Primaria (Dimotiko) e o Ensino Secundario Inferior (Gymnasio). A vida dos estudantes na escola, con todo, pode comezar dende a idade de dous anos e medio (preescolar) en institucións (públicas e privadas) chamadasVrefonipiakoi Paidikoi Stathmi (creches). NalgúnsVrefonipiakoi Stathmoi hai taménNipiaka Tmimata (garderías) que funcionan como aNipiagogeia (xardín de infancia). Despois de rematar o Gymnasio os estudantes poden continuar co Ensino Secundario Superior (Lykeio).

O nivel educativo público máis alto está dividido entre universidades, "Grandes Institucións Educativas" (Ανώτατα Εκπαιδευτικά Ιδρύματα, Anótata Ekpaideytiká Idrýmata, "ΑΕΙ") e "Grandes Institucións de Formación Tecnolóxica" (Ανώτατα Τεχνολογικά Εκπαιδευτικά Ιδρύματα, Anótata Technologiká Ekpaideytiká Idrýmata, "ATEI"). Os estudantes son admitidos nestes centros de acordo aos seus resultados dunha proba a nivel nacional xusto despois de rematar o terceiro grao de Lykeio. Ademais disto os estudantes maiores de vente e dous anos poden ser admitidos na Universidade Helénica Aberta mediante unha especie de lotaría. A Universidade Nacional e Kapodistríaca de Atenas é a universidade máis antiga do leste mediterráneo.

Deportes

[editar |editar a fonte]
Cerimonia de Inauguración dosXogos Olímpicos de Atenas 2004.
Artigo principal:Grecia nos Xogos Olímpicos.

A achega de Grecia aosXogos Olímpicos foi destacada; dende a antigüidade coa creación dos orixinaisXogos de Olimpia, ata os modernos ondeAtenas foi anfitrioa en dúas ocasións (1896 e2004), ademais de ser tradicional participante desde a súa creación. Nos últimos Xogos Olímpicos do Verán, Grecia obtivo 6 medallas de ouro, 6 de prata e 4 de bronce para un total de 16. O único título mundial que obtivoGrecia foi en fútbol, cando no ano2004 se coroou como Campioa daEurocopa, ao derrotar aselección local,Portugal, por 1-0.

Tamén destacan os gregos nobaloncesto, onde cultivaron varios éxitos: medalla de ouro no Europeo de 2005 e prata no mundial de Osaka de 2006. No europeo disputado enEspaña, foron privados das medallas por desenvolver un xogo estático, na opinión dos mestres, aínda que a súa perseveranza en coller os rebotes foi eloxiada polos críticos. O que máis defendeu a actuación de Grecia no Europeo foi o adestradorruso Mikhail Lukewisky. Mikhail non é un nome calquera para os afeccionados gregos, foi adestrador da selección Helena durante os anos 1992, 93, 94, 95 e 1996, conseguindo títulos como a medalla de bronce nosXogos Olímpicos de Barcelona 92, ou o cuarto posto no Europeo de Budapest. Lukewisky é unha lenda viva do baloncesto grego. A nivel de clubs os equipos gregos son dos máis punteiros de Europa, destacando oOlympiakos Piraeus, oPAOK Tesalónica, oPanathinaikos ou oAEK Atenas.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Sir Steven Runciman, Conclusion,The Fall of Constantinople
  2. Encyclopædia Britannica 2006
  3. Finley, M. I. Democracy Ancient and Modern. 2d ed., 1985. London: Hogarth.
  4. History of Philosophy, Volume 1 by Frederick Copleston
  5. Brockett, Oscar G. History of the Theatre. sixth ed., 1991. Boston; London: Allyn and Bacon.
  6. "Member States of the EU: Greece". Arquivado dendeo orixinal o 22 de abril de 2007. Consultado o 14 de xuño de 2008. 
  7. www.oecd.org Organisation for Economic Co-operation and Development
  8. Greece becomes 16th ESA Member State
  9. "The Constitution of Greece: Article 1"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 24 de marzo de 2009. Consultado o 24 de marzo de 2009. 
  10. "The Constitution of Greece: Article 30"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 24 de marzo de 2009. Consultado o 24 de marzo de 2009. 
  11. P.D. Dagtoglou,Individual Rights, I, 21
    * E. Venizelos,The "Acquis" of the Constitutional Revision, 131-132, 165-172
  12. "The Constitution of Greece: Article 26"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 24 de marzo de 2009. Consultado o 24 de marzo de 2009. 
  13. K. Mavrias,Constitutional Law, 477-478
  14. "The Constitution of Greece: Article 37"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 24 de marzo de 2009. Consultado o 24 de marzo de 2009. 
  15. K. Mavrias,Constitutional Law, 477-478, 486-487
  16. "O conservador Kyriakos Mitsotakis xura o cargo como novo primeiro ministro grego".Faro de Vigo. 8 de xullo de 2019. Consultado o 8 de xullo de 2019. 
  17. "The Constitution of Greece: Articles 51, 53"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 24 de marzo de 2009. Consultado o 24 de marzo de 2009. 
  18. "The Constitution of Greece: Article 42"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 24 de marzo de 2009. Consultado o 24 de marzo de 2009. 
  19. "The Constitution of Greece: Article 41"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 24 de marzo de 2009. Consultado o 24 de marzo de 2009. 
  20. "The Constitution of Greece: Article 84"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 24 de marzo de 2009. Consultado o 24 de marzo de 2009. 
  21. Para unha análise diacrónica do sistema de partidos grego véxaseTransformation of the Greek Party System Since 1951 de T. Pappas, 90-114, que distingue tres tipos distintos de sistemas partidarios que se desenvolveron en orde consecutiva, chamados sistema de partido predominante (de 1952 a 1963), sistema de pluralismo polarizado (entre 1963 e 1981), e sistema bipartidista (dende 1981).
  22. Oficina do Alto Comisionado para os Dereitos Humanos."Status by country"(eninglés).Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dendeo orixinal o 14 de agosto de 2013. 
  23. Convención contra la Tortura y Otros Tratos o Penas Crueles, Inhumanos o Degradantes (Resolución)(encastelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 1984. 39/46. Arquivado dendeo orixinal o 7 de marzo de 2013. 
  24. Protocolo Facultativo del Pacto Internacional de Derechos Económicos, Sociales y Culturales(PDF) (Resolución)(encastelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 2008. A/RES/63/117. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 9 de febreiro de 2014. 
  25. Protocolo Facultativo de la Convención sobre la eliminación de todas las formas de discriminación contra la mujer (Resolución)(encastelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 6 de outubro de 1999. A/54/4. Arquivado dendeo orixinal o 7 de marzo de 2013. 
  26. Protocolo facultativo de la Convención sobre los derechos de las personas con discapacidad (Resolución)(encastelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dendeo orixinal o 2 de agosto de 2014. 
  27. 27,027,127,227,327,427,527,6"Greece in Numbers National Statistical Service of Greece"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 08 de abril de 2008. Consultado o 08 de abril de 2008. 
  28. Véxase Ethnologue ([1]); Euromosaic,Le (slavo)macédonien / bulgare en Grèce,L'arvanite / albanais en Grèce,Le valaque/aromoune-aroumane en Grèce, and Mercator-Education: European Network for Regional or Minority Languages and Education,The Turkish language in education in Greece. cf. also P. Trudgill, "Greece and European Turkey: From Religious to Linguistic Identity", in S Barbour, C Carmichael (eds.),Language and nationalism in Europe, Oxford University Press 2000.
  29. Greek Helsinki MonitorArquivado 23 de maio de 2003 enWayback Machine., Minority Rights Group, Greece, Report about Compliance with the Principles of the Framework Convention for the Protection of National Minorities (along guidelines for state reports according to Article 25.1 of the Convention) 8 de setembro de 1999
  30. Ethnologue,Joseph (1999)Arquivado 05 de marzo de 2009 enWayback Machine.
  31. P. Trudgill, "Greece and European Turkey: From Religious to Linguistic Identity", in S Barbour, C Carmichael (eds.),Language and nationalism in Europe, Oxford University Press 2000.
  32. (see The Guardian May 12) Source : Peter Trudgill / Daniel Schreier, Greece and Cyprus / Griechenlandc und Zypern Ammon, Ulrich(Editor). Sociolinguistics. Berlin, , DEU: Mouton de Gruyter (A Division of Walter de Gruyter & Co. KG Publishers), 2006. p 153. Copyright © 2006. Mouton de Gruyter (A Division of Walter de Gruyter & Co. KG Publishers)

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Grecia
Estados soberanos
Dinamarca
Reino Unido
Áreas especiais de
soberanía interna
Finlandia
  • Illas Åland
    • rexión autónoma suxeita á convención de Åland de 1921
Noruega
Reino Unido
Países e territorios doMediterráneo
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Grecia&oldid=6898541»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp