Ogravitón é un supostobosón portador dagravidade na maioría dos sistemas teóricos de gravidadecuántica. As principais características que debería ter: ser sempre atractivo (a gravidade endexamais repele), ter efecto sen importar a distancia entre os corpos, e ademais habería unha cantidade ilimitada deles. Nateoría cuántica, isto define unbosón despin par (2 neste caso) cunhamasa en repouso de valor cero.
Postúlase a existencia dos gravitóns debido ao éxito da teoría cuántica noutras áreas. Por exemplo, aelectrodinámica pódese explicar moi ben aplicándoselle a cuantificación ósfotóns. Neste caso, suponse que os fotóns son creados (e destruídos) continuamente por tódalas partículas concarga eléctrica, de xeito que as interaccións entre estes fotóns xeran as forzas macroscópicas ás que estamos afeitos, coma omagnetismo.
Considerando o amplo éxito da teoría cuántica ao describi-la maioría das forzas básicas douniverso, semella axeitado asumir que os mesmos métodos haberán de servir para explica-la gravidade. Fixéronse moitas tentativas de introducir o ata o de agora invisible gravitón, que funcionaría máis ou menos coma o fotón. Isto levaría a unha teoría cuántica gravitatoria, aínda que ocorpo matemático sería máis complexo.
Unha teoría como a descrita precisaría que o gravitón operase de xeito semellante ao fotón; mais, ao contrario que naelectrodinámica, onde os fotóns interactúan directamente entre eles e as partículas con carga, a gravidade no traballa de xeito tan sinxelo. Os feitos experimentais mostran que a gravidade créase por calquera forma deenerxía (e amasa é unicamente unha forma condensada de enerxía, segundo a célebre ecuación deEinstein), o cal é difícil de describir nuns termos semellantes á carga eléctrica. Ata o de agora tódalas tentativas de crear unha teoría cuántica sinxela da gravidade fracasaron.
A detección do gravitón, se é que existe, é unha tarefa bastante problemática. Estas partículas portarían moi pouca enerxía, polo tanto a detección sería moi difícil. A única maneira de detectalas sería buscar os casos nos que o movemento ou a enerxía dun corpo mudase nunha forma distinta da prevista polaTeoría Xeral da Relatividade, pero un dos principios básicos da gravidade cuántica sería que deberían coincidir en maior ou menor medida con estas predicións relativistas.