Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Granulita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mostra de rocha metamórfica da facies da granulita de composiciónfélsica, conprofiroblastos degranate.

Asgranulitas son unha clase derocha demetamorfismo de alto grao dafacies da granulita que experimentaron un metamorfismo de alta temperatura e moderada presión.[1] Son rochas de gran medio a groso e están compostas principalmente defeldespatos ás veces asociados concuarzo eminerais ferromagnesianos hidratados, con texturagranoblástica e degneis a estrutura masiva.[2] Son de especial interese para os xeólogos porque moitas granulitas representan mostras dacodia continental profunda. Algunhas granulitas experimentaron descompresión ao pasaren de zonas profundas da Terra a zonas máis superficiais a alta temperatura; outras arrefriaron mentres permanecían en zonas profundas da Terra.

Os minerais presentes nunha granulita varían dependendo da rocha parental a partir da que se formou a granulita e das condicións de presión e temperatura sufridas durante o metamorfismo. Un tipo común de granulita atopada en rochas metamórficas de alto grao dos continentes conteñenpiroxeno, feldespatoplaxioclasio e minerais accesorios comogranate, óxidos e posiblementeanfíbolos. Poden estar presentes tanto osclinopiroxenos coma osortopiroxenos, e, de feito, a coexistencia de clino- e ortopiroxeno nunha metabasita (basalto metamorfizado) define a facies da granulita.

Unha granulita pode ser bastante distintiva visualmente con abundantes granates de piralspita vermellos ou rosas pequenos nunha matriz 'granular'holocristalina. Poden formarse concentracións de granates,micas ou anfíbolos cunha disposición linear que lembra as bandas dosgneis oumigmatitas.

Diagrama que mostra as facies metamórficas nos distintos espazos depresión-temperatura. O dominio do
gráfico corresponde ás circunstancias reinantes no interior dacodia emanto superior terrestres.

Formación

[editar |editar a fonte]

As granulitas fórmanse nas profundidades da codia, tipicamente durante o metamorfismo rexional a altos gradientes térmicos de máis de 30 °C/km.[3] Nas rochas da codia continental abiotita pode alterarse a altas temperaturas transformándose en ortopiroxeno + feldespato potásico + auga, producindo unha granulita. Outros posibles minerais que se forman en condicións de fusión e deshidratación son azafirina,espinela,sillimanita eosumilita. Algunhas ensamblaxes como zafirina + cuarzo indican temperaturas moi altas de máis de 900 °C. Algunhas granulitas poden representar os residuos da fusión parcial na extracción de fundidos felsicos en cantidades variables, e en casos extremos representan rochas nas que todos os constituíntes minerais son anhidros e así parece como se non fundisen en condicións de temperaturas ultaaltas. Por tanto, cómpren temperaturas moi altas de 900 a 1150 °C para producir as ensamblaxes minerais da facies da granulita. Temperaturas tan altas nas profundidades da codia só poden orixinarse polo ascenso de mantoastenosférico en lugares de rifting continental, que pode causar ometamorfismo rexional aos altos gradientes térmicos de máis de 30 °C/km.

Facies da granulita

[editar |editar a fonte]
Metasedimento da facies da granulita,Río de Xaneiro,Brasil.

A facies da granulita determínase polo límite de baixa temperatura de 700 +/− 50 °C e o rango de presión de 2–15 kb. A ensamblaxe mineral máis común da facies da granulita consiste enplaxioclasio antipertítico,feldespato alcalino que contén ata o 50% dealbita epiroxenos ricos en Al2O3.

A transición entre a facies daanfibolita e da granulita defínese por estas reacciónsisógradas:

anfíbolo piroxeno + H2O
biotita feldespato K + granate + ortopiroxeno + H2O.

Asubfacies de granulita dehorneblenda é unha rexión de coexistencia transicional de minerais ferromagnesianos anhidros e hidratados, así que as isógradas antes mencionadas marcan a fronteira coasubfacies da granulita de piroxeno, facies con ensamblaxes minerais completamente anhidras.[2]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Granulite".Encyclopædia Britannica Online(eninglés). Consultado o 18 de novembro de 2019. 
  2. 2,02,1D.R. Bowes (1989),The Encyclopedia of Igneous and Metamorphic Petrology; Van Nostrand ReinholdISBN0-442-20623-2
  3. Zheng, Y.-F., Chen, R.-X., 2017. Regional metamorphism at extreme conditions: Implications for orogeny at convergent plate margins. Journal of Asian Earth Sciences, 145, 46-73.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  GranulitaModificar a ligazón no Wikidata
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Granulita&oldid=6344020»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp