Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Grande-Terre

Coord.:16°19′03″N61°25′43″O / 16.3175,-61.428611111111
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaGrande-Terre
Imaxe

Localización
Mapa
 16°19′03″N61°25′43″O / 16.3175,-61.428611111111
EstadoFrancia
RexiónsGuadalupeEditar o valor en Wikidata
CapitalPointe-à-PitreEditar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación197.000(2006)Editar o valor en Wikidata (308,29hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie639 km²Editar o valor en Wikidata
Medición35,1 (ancho) ×39,9 (lonxitude) km
Bañado porOcéano AtlánticoEditar o valor en Wikidata
Altitude130 mEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

As Illas Petite Terre aparecen a 10 km ao sueste da illa de Grande-Terre. Grande-Terre foi chamado así en contraste con estas dúas pequenas illas.

Grande-Terre (francés:île de Grande-Terre ouîle de la Grande-Terre) é a segunda das dúas maioresillas do departamento de ultramar francés deGuadalupe. Malia que o seu nome significa literalmente enfrancés"Terra Grande" é menor que Basse-Terre. Isto débese a que o seu nome foi dado en contraste coas moito máis pequenas illasPetite Terre (Illas "Terra Pequena"), dúas pequenas illas situadas a uns 10 km ao sueste da Grande-Terre. Está separada da súa irmá máis vella,Basse-Terre, por unha estreita canle chamadaRivière Salée.

Características

[editar |editar a fonte]

A illa ten unha superficie de 586´68 km². Nocenso de 2006 a poboación de Grande-Terre era 197 603 habitantes que viven en 10comunas (municipios). A densidade de poboación era de 337 habitantes por km². As comunas máis poboadas son, en orde descendente da poboación,Les Abymes (parte da área urbana dePointe-à-Pitre),Le Gosier (parte da zona urbana de Pointe-à-Pitre),Pointe-à-Pitre (parte da zona urbana de Pointe-à-Pitre),Le Moule,Sainte-Anne eMorne-à-l'Eau.

Grande-Terre está rodeado dearrecifes de coral e a propia illa é unha meseta de pedracalcaria. A súa superficie é unha serie de outeiros, praias de area branca e cantís. As praias da illa compóñense de dous tipos de areas, brancas e negras, así como as praias de area dourada. Das dúas illas, Grande-Terre é o fogar da maioría das granxas e centros turísticos de guadalupe.

Pointe de la Grande Vigie, en Grande-Terre, é o punto máis setentrional de Guadalupe. Ao leste atópaseLa Désirade, e ao surMarie-Galante

Galería de imaxes

[editar |editar a fonte]
  • Illa Grande-Terre (parte superior dereita) desde o espazo, de setembro de 1994. O Norte está cara á parte superior esquerda nesta vista
    Illa Grande-Terre (parte superior dereita) desde o espazo, de setembro de 1994. O Norte está cara á parte superior esquerda nesta vista
  • Pointe-à-Pitre, a cidade máis importante
    Pointe-à-Pitre, a cidade máis importante
  • Praia de Grande-Terre
    Praia de Grande-Terre
  • A Punta dos Castelos
    A Punta dos Castelos
  • Punta de La Grande Vigie
    Punta de La Grande Vigie
Panorama da Pointe da Grande Vigie no norte de Grande-Terre, Guadalupe

Notas

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Grande-Terre
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Grande-Terre&oldid=6848665»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp