Granada é unha cidadeespañola, capital daprovincia homónima, no territorio histórico de Granada, enAndalucía. Segundo oINE, no ano 2024 tiña unha poboación de 232.717 habitantes e de 544.000 na súa área metropolitana que se estende pola Vega de Granada. Está situada aos pés deSerra Nevada, na confluencia dos ríosGenil,Darro eBeiro, cunha altitude media de 700 m sobre onivel do mar. Ao bordo dunha fértil planicie, a Veiga de Granada, que está rodeada por tres macizos montañosos.
Foron oszirís os que noséculo XI trasladaron a capital deMedina Elvira atéMedina Garnata, nome que lle foi dado en referencia á froita do mesmo nome que abundaba naquela rexión.
Poboada desde temposiberos (século VIII a.C.) segundo parece co nomeIlturir, ten contacto coa cultura deTartessos e cos pobosBastetanos. Consérvanse restos de murallas defensivas doséculo VI a. C. do asentamento que cambiou o seu nome porIliberri, que se mantén até a súa submisión aosromanos en193 a.C.. Os romanos chamáronlleIliberis.
A cidade forma parte do Reino Visigodo de Toledo até que en711,Tarik somete Iliberis. En713Abdelaziz conquista definitivamente o territorio despois de sufocar unha rebelión. En740 hai unha rebelión dosbérberes africanos. Tropas sirias acoden a loitar contra eles. EnEspaña conseguen vencer os sirios. Outórganselles terras en varios lugares, entre outros en Elvira. En756, a poboación moura defínese no asentamento de dous núcleos (é a época doEmirato Independente): oAlbaicín e aAlhambra.
Foi un importante centro urbano deAl-Andalus, formou parte doCalifato de Córdoba comoMadina Ilbira ou deElvira. Coa chegada doszirís noséculo XI, trasládase a cidade desde Medina Elvira —no chan— atéMedina Garnata —nos outeiros—, o seu primitivo e actual localización na aba doAlbaicín.
En1010 produciuse a destrución da cidade, feito que xa se coñece como Garnata. Sucede un período de continuas guerras civís por acadar o trono. En1013 chega ao poder a dinastía dos zirís, fundada porZawi ben Ziri, procedente deÁfrica. Continúan as guerras por conseguir o poder. En1035 é xa unReino de Taifas. En Granada a maioría son bérberes. Despois ven a dominación dosalmorábides e hai moitas loitas internas. A pesar disto, o desenvolvemento continúa. En1146 chaman na súa axuda, e para a loita contra os reinos cristiáns, aosalmohades. Granada segue desenvolvéndose en boa medida. Abatalla das Navas de Tolosa significa un desastre para os almohades e como consecuencia desenvólvese unha grande anarquía. Até que no ano1232 entra en Granada pola Porta de Elvira e para ocupar o Palacio do Galo do Vento (antiga casa real), Mohamed ibn Yusuf ibn Nâzar (ou Nasr), chamadoAlhamar (o Roxo, porque tiña a barba de cor roxa). Funda a dinastíaNazarí e oReino de Granada. Houbo 20 sultáns granadinos desta dinastía. O último foiBoabdil.
Granada converteuse nunha das cidades máis prósperas deEuropa. Baixo o reinado de Alhamar construíuse o Palacio daAlhambra (non o que vemos agora porque o seu aspecto actual débese aIusuf I eMohamed V,século XIV).
No Albayzín vivían os artesáns e a nobreza. A poboación ocupou a parte máis baixa cara ao sur, con grandes industrias, alfándegas e a "Madraza" (Universidade relixiosa e de ensinanzas coránicas).
NoRealexo vivía o barrio xudeu. Tiñan unha base sólida e económica. Estes tiñan o seu barrio granadino na banda esquerda dorío Darro. Foron identificados como "Garnata al-Yahud". Cando chegaron os reis cristiáns, renomeárono co nome actual doRealexo. O máis significativo que ten o barrio é o Campo do Príncipe, mandado construír polos Reis Católicos para o gozo das festas do seu fillo "Juan", aínda que a súa vida foi curta e non se puido gozar nada.
O clima de Granada é mediterráneo continental. As temperaturas son frescas no inverno, con abundantes xeadas, e temperadas no verán, con máximas que superan moitas veces os 35 °C. A oscilación térmica é moi alta durante todo o ano superando moitas veces os 20º nun día. As precipitacións son escasas e prodúcense sobre todo nos meses máis fríos, presentando unha forte seca estival.
AUniversidade de Granada, fundada porCarlos I en1531, é unha das máis prestixiosas do país, e dálle á cidade un ambiente estudantil e a súa popular vida nocturna. Ten case 60.000 estudantes (censo universitario das eleccións a reitor do ano2003).
A mediados doséculo XIII, candoFernando III o Santo conquistouCórdoba eSevilla, os artistas musulmáns refuxiáronse en Granada e norte de África. Os seus descendentes e a súa tradición deron forma ao estilo granadino que na Alhambra é a culminación da arte árabe do norte que non se realizou até mediados doséculo con Iusuf I e Mohamed V en1333 e1354. Granada non ten arte califal que sexa anterior aos alhamares.
Está situada ao oeste da catedral, fronte á súa fachada principal. O seu nome debese ás mulleres procedentes da comarca do Pas, enCantabria, que chegaron durante oséculo XVII e que se reunían nese lugar para ofrecer os seus servizos de nodrizas. Despois da guerra dos mouriscos e a súa expulsión,Filipe III concedeulles a estas xentes do norte de España, terras para repoboar a zona dasAlpujarras e Granada, lugares que naquel entón ficaran bastante desertos. É por isto polo que a maioría dos actuais granadinos procedan degalegos,cántabros,vascos,navarros earagoneses, a diferenza dos andaluces occidentais, que son descendentes deleoneses,casteláns emanchegos.