| Nome na lingua orixinal | (fr)65e Grand Prix de France |
|---|---|
| Tipo | Gran Premio de Francia |
| Deporte | automobilismo |
| Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1979 |
| Distancia do evento | 80 |
| Localización e Datas | |
| Localización | Dijon (Côte-d’Or) Circuíto de Dijon-Prenois (Prenois) |
| País | Francia |
| Data | 1 de xullo de 1979 |
| Competición | |
| Primeiro posto | Jean-Pierre Jabouille Renault Elf |
| Pole position | Jean-Pierre Jabouille |
| Volta máis rápida | René Arnoux |

OGran Premio de Francia defórmula 1 de1979 celebrouse noCircuíto de Dijon-Prenois enFrancia o1 de xullo de 1979. Foi a oitava proba da tempada de Fórmula Un de1979, o 57ºGran Premio de Francia.
Foi a primeira vitoria dun coche con turbo na Fórmula Un, Renault superou os problemas de fiabilidade que afectaran inicialmente a seu coche. ParaJean-Pierre Jabouille foi unha vitoria na súa terra natal, pilotando un coche francés (Renault), con pneumáticos franceses (Michelin), cun motor francés (Renault), e combustible francés (Elf). Jabouille foi o primeiro francés en gañar o Gran Premio de Francia desdeJean-Pierre Wimille en1948.
A carreira é recordada por presentar unha das batallas máis feroces para acadar o segundo lugar, entre o piloto de FerrariGilles Villeneuve e o piloto de RenaultRené Arnoux, en varias ocasións durante as últimas voltas tocábanse cas rodas e intercambiaban as posicións. Esta loita é citada a miúdo como unha das máis memorables das carreiras de Fórmula Un.[1] Villeneuve, que pasou a liña de meta a menos dun cuarto de segundo por diante de Arnoux, máis tarde describiu a loita como "o meu mellor recordo dunha carreira de Gran Premio".[2]
|
|
| Carreira anterior: Gran Premio de Mónaco de 1979 | Campionato Mundial deFórmula 1 daFIA Temporada 1979 | Carreira seguinte: Gran Premio do Reino Unido de 1979 |
| Carreira anterior: Gran Premio de Francia de 1978 | Gran Premio de Francia | Carreira seguinte: Gran Premio de Francia de 1980 |
| A Galipedia ten unportal sobre:Fórmula 1 |
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Francia de 1979 |