| Nome oficial | 2016 Formula 1 Grand Prix of Europe |
|---|---|
| Tipo | Gran Premio de Europa |
| Deporte | automobilismo |
| Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2016 |
| Distancia do evento | 51 |
| Localización e Datas | |
| Localización | Circuíto urbano de Bakú (Bakú) Bakú (Azerbaidján) |
| País | Azerbaidján |
| Data | 19 de xuño de 2016 |
| Competición | |
| Primeiro posto | Nico Rosberg Mercedes |
| Pole position | Nico Rosberg |
| Volta máis rápida | Nico Rosberg |
OGran Premio de Europa 2016 (oficialmente2016 Formula One Grand Prix of Europe)[1] foi a oitava carreira da tempada2016. Celebrouse o 19 de xuño de 2016 noCircuíto urbano de Bakú enBakú,Azerbaidján.[2] Foi o vixésimo terceiroGran Premio de Europa como unha rolda do Campionato Mundial de fórmula 1. foi a primeira vez que a carreira se celebrou no circuíto e a primeira vez que un Gran Premio se celebrou en Azerbaidján.
A raíz dacarreira de 2012, o Gran Premio de Europa enValencia cesou. CoGran Premio de Corea cubrindo o incumprimento de contrato,Bernie Ecclestone titular dos dereitos comerciais do deporte, buscou unha carreira para substituílo,[3][4] Logo de explorar a posibilidade de revivir o Gran Premio de Europa en2015, a carreira incluíuse no calendario de2016.
Logo de proporcionar aos equipos o composto ultrabrando paraMónaco eCanadá,[5] o fornecedor de pneumáticosPirelli trouxo os compostos superbrando, brando e medio para a carreira, a pesar de que o composto ultrabrando está deseñado especificamente para circuítos urbanos.[6] Pirelli explicou a decisión de non proporcionar os pneumáticos ultrabrandos como consecuencia da falta de datos de rendemento dispoñibles no circuíto.[7] Pirelli fixo previamente unha elección de pneumáticos conservadora similar para as primeiras carreiras noutros circuítos.
O circuíto tamén será sede da terceira rolda do campionato dasGP2 Series de 2016 como unha carreira de apoio.[8]
Tralo anuncio inicial da súa reactivación, a carreira foi obxecto de críticas poloa falta de dereitos humanos en Azerbaidján, xa que a carreira se estableceu co apoio financeiro do goberno de Azerbaidján[9], as mesmas críticas que se fixeron na preparación para oGran Premio de Rusia de 2014 que tamén se estableceu co apoio do goberno e polas acusacións da participación rusa no derribo doVoo 17 de Malaysia Airlines sobreUcraína.[10] En resposta, os directores de equipo deRed Bull Racing eMercedes,Christian Horner eToto Wolff trataron de distanciar o deporte das cuestións políticas.[11]
A carreira, programada para o 19 de xuño, coincidía coa conclusión da24 Horas de Le Mans de 2016.[12] O piloto deForce IndiaNico Hülkenberg, que gañou acarreira de 2015 conPorsche, non podería volver e defender o seu título, polo que acusou aFórmula One Management de programar deliberadamente a carreira en conflito con Le Mans e impedir participar aos pilotos de Fórmula Un.[13]
|
|
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Europa de 2016 |
| Carreira anterior: Gran Premio do Canadá de 2016 | Campionato Mundial deFórmula 1 daFIA Temporada 2016 | Carreira seguinte: Gran Premio de Austria de 2016 |
| Carreira anterior: Gran Premio de Europa de 2012 | Gran Premio de Europa | Carreira seguinte: Gran Premio de Europa de 2017 |