Mapa con todas as sedes do Gran Premio de Europa e outros Grandes Premios designados como gran Premio de Europa.
OGran Premio de Europa foi unha carreira para o campionato mundial deFórmula 1. Disputouse tres veces durante osanos 1980 e regularmente desde1993 ata o2012, retirouse do calendario en2013 e volveu a disputarse en2016 en Azerbaidján para, un ano despois, retirarse novamente do calendario en2017 sendo substituído poloGran Premio de Azerbaidján.
Nos primeiros anos, o Gran Premio de Europa non era unha carreira no seu propio dereito, era só un título honorífico, un dos grandes premios nacionais tamén era designada como oGran premio de Europa. A primeira carreira chamada así foi oGran Premio de Italia de 1923, que tivo lugar enMonza e gañounaCarlo Salamano nunFiat e o último foi oGran Premio do Reino Unido de 1977.
Desde a súa reintroducción, o Gran Premio de Europa polo xeral celebrouse nun país de Europa que tamén albergaba un Gran Premio nacional nese mesmo ano.
O Gran Premio de Europa foi creado como un título honorífico pola AIACR, a predecesora daFIA na organización de eventos de carreiras de motor. A primeira carreira en recibir o título foi oGran Premio de Italia, en 1923, e foi seguido poloGran Premio de Francia eGran Premio de Bélxica. Logo dun paréntesis en 1929, Spa recibiu o último título honorífico dos anos previos á segunda guerra mundial, en 1930.
O título foi restablecido polaFIA logo da segunda guerra mundial, e déuselle primeiro aoGran Premio de Bélxica en 1947, e foi distribuído en varios países ata oGran Premio do Reino Unido de 1977, a última carreira en recibir o título honorífico. Todos os grandes premios honoríficos europeos da posguerra foron carreiras de Fórmula Un, agás a carreira de1952, que se disputou baixo as regulacións daFórmula Dúas.
O Gran Premio de Italia foi nomeado Gran Premio de Europa sete veces, máis que calquera outra carreira. Recibiu o título tres veces na década de 1920.
O evento foi creado inicialmente como un recurso provisional. En 1983, o calendario da Fórmula Un tiña orixinalmente unha carreira preto deFlushing Meadows Park enNova York. Cando a carreira foi cancelada tres meses antes do evento, os organizadores doCircuíto de Brands Hatch foron capaces de crear un Gran Premio de Europa no seu lugar. O éxito do evento, impulsado por unha enérxica batalla polo Campionato Mundial, levou ao evento de regresar no calendario do ano seguinte.
Brands Hatch foi incapaz de acoller o Gran Premio de Europa en 1984, xa que era o anfitrión daGran Premio do Reino Unido nos anos pares (alternando conSilverstone) palo que o GP de Europa desprazouse a un redeseñado e máis curto circuíto deNürburgring en1984.
Brands Hatch volveu acoller o Gran Premio de Europa en 1985, pero a carreira foi substituída en1986 poloGran Premio de Hungría.
En 1990, un adiñeirado empresarioxaponés,Tomonori Tsurumaki, construíu oNippon Autopolis coa idea de organizar unha carreira de Fórmula Un. En 1992, fixéronse plans para ter unGran Premio de Asia en 1993 para substituír oGran Premio de México no calendario. Con todo, estes plans non se materializaron, e para substituilo,Bernie Ecclestone engadiu unha carreira enDonington Park, que levou nome de Gran Premio de Europa.A carreira foi creación deTom Wheatcroft, que tratara de levar a F1 á pista desde un intento errado para acoller o Gran Premio do Reino Unido en 1988. O primeiro e ata agora único Gran Premio de Fórmula Un disputado en Donington Park resultou serAyrton Senna baixo condicións meteorolóxicas cambiantes.
O seguinte Gran Premio de Europa disputouse enXerez enEspaña. Xerez acolleu 14ª rolda das 16 de1994 e o final de tempada en1997 en substitución do oGran Premio de Portugal, e foi o escenario da famosa colisión entreMichael Schumacher eJacques Villeneuve, que viu a Schumacher quedar descualificado do campionato e foi tamén o escenario da primeira vitoria deMika Häkkinen na Fórmula Un.
Brands Hatch foi incapaz de acoller o Gran Premio de Europa en 1984, polo que o GP de Europa dese ano foi ao novo circuíto deNürburgring cun novo deseño máis curto. Estaba moi lonxe do Nürburgring de case 23 km que a maioría estaban afeitos ver, e inicialmente foi impopular no seu regreso á Fórmula Un.
A carreira volveu a Nürburgring en1995, que agora era máis popular entre os pilotos. Pero logo das queixas doutros países que non podían conseguir unha carreira, a carreira de Nürburgring cambiou o nome áGran Premio de Luxemburgo en1997 e1998. Xerez aloxou a carreira de1997.
En1998, o Gran Premio de Europa foi eliminado da programación, pero regresou en1999 cando a carreira en Nürburgring re-adoptou o nome de Gran Premio de Europa.
A carreira de 1999 viuse condicionada polas choiva torrenciais que causaron numerosas retiradas, dando aJohnny Herbert a oportunidade de lograr conStewart Grand Prix a primeira e única vitoria na súa última tempada antes de ser vendida aFord.
A carreira continuou disputándose enNürburgring ata o ano2007. O 29 de agosto de 2006 anunciouse que fora retirada do calendario da F1 para a tempada 2007. A partir de entón só habería un GP aloxado en Alemaña cada ano, alternando entre Hockenheim e Nürburgring. Con todo, foi incerto durante un tempo cal sería o nome deste Gran Premio, mentres que orixinalmente a intención era ser oGran Premio de Alemaña a partir de 2007,[1] a carreira de Nürburgring de 2007 aínda denominouse "Großer Preis von Europa" (GP de Europa)[2] debido á disputa sobre a propiedade do nome deGran Premio de Alemaña.[3]
Desde2008 a2012 o Gran Premio de Europa tivo lugar enValencia,España. Durante o evento de 2009, Valencia asinou un acordo por un período de 5 carreiras, o que puxo a Valencia no calendario ata2014.[Cómpre referencia] Malia iso, en marzo de 2012, anunciouse que o Gran Premio de Europa non se celebraría en2013, e oGran Premio de España alternaríase entreBarcelona eValencia.[4]Modelo:Fv Con todo, Barcelona conservou a carreira desde2013, e a circuíto de Valencia retirouse do calendario.
Circuíto urbano de Valencia, usado de 2008 a 2012Nürburgring GP, usado 1984, 1995-1996 e 1999-2007Xerez, usado en 1994 e 1997Donington, usado en 1993Brands Hatch, usado en 1983 e 1985
↑"Nürburgring".Official Homepage of the Nürburgring. Consultado o2007-04-14.
↑A carreira celebrada en Nürburgring en 2007 orixinalmente ía ser chamado o Gran Premio de Alemaña, pero o título foi cambiado a Gran Premio de Europa debido á disputa sobre a propiedade do nome de Gran Premio de Alemaña. SeeAutosport: Name row leads to return of European GP