OGran Premio de Bahrain (árabe:جائزة البحرين الكبرى), coñecido oficialmente comoGulf Air Bahrain Grand Prix por motivos de patrocinio, é unha carreira do campionato deFórmula 1 enBahrain.[1] A primeira carreira tivo lugar noCircuíto Internacional de Bahrain o 4 de abril de 2004. Fixo historia como o primeiro Gran Premio de Fórmula Un que se celebrou noOriente Medio, e recibiu o premio ao "Mellor Gran Premio organizado" polaFIA.[2] A carreira foi no pasado a segunda, terceira ou cuarta carreira do calendario de Fórmula Un. Porén, na tempada de2006, Bahrain trocou lugares coa tradicional carreira inaugural, oGran Premio de Australia, que foi atrasado para evitar un enfrontamento cosXogos da Commonwealth. En 2010, Bahrein protagonizou a carreira inaugural da tempada2010 e os coches percorreron o "circuíto de resistencia" completo de 6.299 km. para celebrar o "xubileu de diamante" da F1. En2021, o Gran Premio de Bahrain volveu ser o inicio da tempada porque oGran Premio de Australia de 2021 foi cancelado debido ápandemia de COVID-19.
Fixo historia como o primeiro Gran Premio de Fórmula Un que se celebrou noOriente Medio, e logrou o premio ó "Gran Premio mellor organizado" outorgado polaFIA.[2]
O Gran Premio de Bahain foi xeralmente a terceira carreira do calendario de Fórmula Un. Pero, na tempada2006, Bahrain cambiou de lugar coa primeira carreira tradicional, oGran Premio de Australia, que foi atrasado para evitar a coincidencia cosXogos da Commonwealth. En 2010, Bahrain organizou a primeira carreira da tempada de Fórmula Un de2010 e os coches a disputaron sobre o circuíto de 6´299 chamado "Endurance Circuit" para celebrar as "vodas de diamante" da F1.
O Gran Premio de2011, que se celebraría o 13 de marzo, foi cancelado o 21 de febreiro debido asprotestas de Bahrain de 2011,[3] logo das protestas dos pilotos incluíndoDamon Hill eMark Webber.[4]
Os activistas de dereitos humanos pediron a cancelación dacarreira de 2012. Debido ás denuncias de presuntas violacións de dereitos humanos cometidas polas autoridades de Bahrain. O persoal dos equipos tamén expresaron a súa preocupación pola seguridade, Pero a carreira, con todo, levouse a cabo como estaba previsto, o 22 de abril de 2012.
A carreira de2014 levouse a cabo como unha carreira nocturna con luz artificial. Converteuse na segunda carreira nocturna da Fórmula Un logo doGran Premio de Singapur, para conmemorar o décimo aniversario da primeira posta en escena do Gran Premio.[5] Foi gañado porLewis Hamilton.
Logo dos tests de febreiro de Fórmula Un de 2014, os organizadores do Gran Premio de Bahrain anunciaron a decisión de nomear á icónica primeira curva do circuíto co nome do ex sete veces campión do mundo, o piloto alemánMichael Schumacher en honor aos seus logros e tamén para apoialo despois de que o piloto sufrira un accidente de esquí case fatal a finais de decembro de 2013.[6]
A carreira de2015 tamén disputouse como unha carreira nocturna con luz artificial e foi gañada por Lewis Hamilton con Mercedes.
A construción doCircuíto Internacional de Bahrain en Sakhir iniciouse en 2002 cun alto interese nacional sobre o proxecto, xa que vese como o futuro para a próxima xeración de corredores de Bahrain. Cando finalizou a construción, o circuíto converteuse no centro dos deportes de motor noPérsico, no que disputáronse moitas outras carreiras, como carreiras de resistencia, carreiras de GT, carreiras de Fórmula 3 e a serie V8 Supercar australiana.[7]
A primeira carreira foi en2004. A carreira foi gañada polo piloto alemánMichael Schumacher para Ferrari.Fernando Alonso gañou o segundo Gran Premio de Bahrain con Renault en2005, e logo converteuse no primeiro en repetir vitoria na carreira de Oriente Medio en2006 (de novo con Renault), logo dunha carreira emocionante e cunha longa batalla con Michael Schumacher. En2007 e2008, o brasileiroFelipe Massa gañou a carreira conFerrari.2009 viu a vitoria deJenson Button conBrawn GP. Logo do seu triunfo en2010. Alonso converteuse no primeiro ganador en tres ocasións.
A carreira de 2010 viu unha nova configuración de circuíto utilizado para o Gran Premio. Utilizouse o deseño de "Endurance Circuit", que alarga a lonxitude de volta a 6´299 km..[8] A pista volveu ao seu deseño orixinal para a carreira de2011,[9] e tamén fíxoo para a carreira de 2012.[10]
O 21 de febreiro de 2011, anunciouse que oGran Premio de Bahrain de 2011 programado para o 13 de marzo fora cancelado debido ásprotestas de Bahrain de 2011.[3][11] O 3 de xuño, a FIA decidiu reprogramar a carreira para o 30 de outubro. O piloto campión do mundoDamon Hill, solicitou á Fórmula Un non volver a programar dicindo que se a carreira seguía adiante "imos ter sempre o sambenito de vernos asociados ao uso de métodos represivos para lograr a orde".[12] eBernie Ecclestone díxolle á BBC nunha entrevista: "Esperemos que haberá paz e tranquilidade e poderemos volver no futuro, pero por suposto que non está no calendario non se pode reprogramar sen o acordo dos participantes, son os feitos."[13] Unha semana logo da súa decisión de reprogramar a carreira, a Fórmula Un anunciou a cancelación da carreira de 2011.[4]
Activistas de dereitos humanos pediron a cancelación doGran Premio de Bahrain de 2012, que tivo lugar o 22 de abril, debido a informes sobre o uso continuo de forza excesiva polas autoridades e o uso da tortura durante as detencións.[14][15][16]O 9 de abril de 2012,The Guardian informou que segundo declarara un destacado membro non identificado dun dos equipos, "os equipos de Fórmula Un queren que os organizadores do deporte cancelen, ou polo menos pospoñan, o Gran Premio de Bahrain ..., debido ás crecentes preocupacións de seguridade no medio das protestas en curso no reino ... Séntome moi incómodo por ir a Bahrain. Se son brutalmente franco, o único xeito que poden desenvolver esta carreira sen incidentes é ter un bloqueo militar total. E creo que iso sería inaceptable, tanto para a F1 como para Bahrain. Pero eu non vexo ningunha outro xeito de poder facelo"..[17]
Nese contexto,Anonymous lanzou o 21 de abril de 2012, a operación Bahrain, ameazando aos representantes da Fórmula 1 cunciberataque no caso de que seguir co Gran Premio de Bahrain. Horas máis tarde, os hackers de Anonymous atacaron a páxina web f1-racers.net.[18]
O Gran Premio de 2012 volveu utilizar a configuración de circuíto de 15 curvas utilizado por última vez en 2009, en lugar da configuración de resistencia do circuíto utilizado en 2010.
En resposta ápandemia de COVID-19, os organizadores do evento anunciaron que ningún espectador estaría autorizado a asistir á carreira que debía ter lugar o 22 de marzo.[19] Non obstante, quince días antes de que tivese lugar a carreira, a carreira foi aprazada indefinidamente.[20] A carreira foi reprogramada para o 29 de novembro e foi un dos dous eventos celebrados ao redor do Circuíto Internacional de Bahrain durante dous fins de semana, coa segunda carreira tivo lugar no trazado exterior e recibiu o nome deGran Premio de Sakhir.
O 27 de outubro de 2022, a F1 recibiu unha denuncia legal de que fixo a vista gorda ante as violacións dos dereitos humanos cando anunciou en febreiro que o GP de Bahrain permanecerá no calendario ata 2036. A denuncia, feita a través do Punto de Contacto Nacional do Reino Unido (NCP) do goberno británico, foi atendida poloInstituto de Bahrain para os Dereitos e a Democracia (Bird) e dous supostos superviventes de torturas de Bahrain, Najah Yusuf. e Hajer Mansoor.[21]
Os pilotos en letra grosa aínda compiten no campionato de Fórmula 1 | Nº de vitorias | Piloto | Anos |
|---|
| 5 | Lewis Hamilton | 2014,2015,2019,2020,2021 |
|---|
| 4 | Sebastian Vettel | 2012,2013,2017,2018 |
|---|
| 3 | Fernando Alonso | 2005,2006,2010 |
|---|
| 2 | Felipe Massa | 2007,2008 |
|---|
Max Verstappen | 2023,2024 |
| Equipos en letra grosa compiten no campionato de Fórmula Un na tempada actual. | Nº de vitorias | Construtor | Anos |
|---|
| 7 | Ferrari | 2004,2007,2008,2010,2017,2018,2022 |
|---|
| 6 | Mercedes | 2014,2015,2016,2019,2020,2021 |
|---|
| 4 | Red Bull | 2012,2013,2023,2024 |
|---|
| 2 | Renault | 2005,2006 |
|---|
|
- ↑Grandprix.com."Gulf Air to sponsor Bahrain Grand Prix".www.grandprix.com(eninglés). Arquivado dendeo orixinal o 18 de outubro de 2021. Consultado o2021-05-05.
- ↑2,02,1Huda Al Shamlan (29 de marzo de 2012)."Formula One Comes Back". Bahrain News Agency. Arquivado dendeo orixinal o 8 de abril de 2018. Consultado o 20 de abril de 2012.
- ↑3,03,1"Bahrain Grand Prix called off due to protests", bbc.co.uk, 21 de febreiro de 2011. Retrieved 21 de febreiro de 2011.
- ↑4,04,1"Bahrain's Crash Course; Formula One drivers for democracy", 9 de xuño de 2011,The Wall Street Journal.
- ↑Benson, Andrew (2013-11-29)."Bahrain F1 Grand Prix to become night race in 2014". BBC Sport. Consultado o2013-11-30.
- ↑"Michael Schumacher has Bahrain corner named in his honour".BBC. 2 de febreiro de 2014. Consultado o 2 de febreiro de 2014.
- ↑"Bahrain Grand Prix: in pictures".The Telegraph. 2011. Consultado o2012-04-20.
- ↑Noble, Jonathan (2010-01-25)."Bahrain unveils new layout for F1 race".autosport.com (Haymarket Publications). Arquivado dendeo orixinal o 28 de xaneiro de 2010. Consultado o2010-01-25.
- ↑"Sakhir reverts to old layout for 2011 Bahrain Grand Prix | Formula 1 | Formula 1 news, live F1 | ESPN F1". En.espnf1.com. 2010-08-16. Arquivado dendeo orixinal o 20 de decembro de 2013. Consultado o2012-03-05.
- ↑"Race Preview: 2012 Bahrain Grand Prix 20-22 de abril de 2012". FIA. Arquivado dendeo orixinal o 23 de abril de 2012. Consultado o2012-04-20.
- ↑Baldwin, Alan (3 de xuño de 2011)."Motor racing-Bahrain GP to go ahead this year - circuit chairman".Reuters. Arquivado dendeo orixinal o 27 de abril de 2015. Consultado o 20 de abril de 2015.
- ↑Cary, Tom (2 de xuño de 2011)."Damon Hill calls on Bernie Ecclestone and Formula One to abandon Bahrain Grand Prix".The Daily Telegraph.
- ↑"Bahrain GP cannot go ahead - Bernie Ecclestone | Bahrain Grand Prix | Formula 1 news, live F1 | ESPN F1". En.espnf1.com. 8 de xuño de 2011. Consultado o2012-03-05.
- ↑Lubbock, John; Rajab, Nabeel (30 de xaneiro de 2012)."Bahrain has failed to grasp reform – so why is the grand prix going ahead?".The Guardian. Consultado o2012-04-20.
- ↑"Ecclestone insists on Bahrain GP despite human rights abuses".Al-Akhbar English. 12 de abril de 2012. Arquivado dendeo orixinal o 27 de abril de 2015. Consultado o2012-04-20.
- ↑"Bahrain: Grand Prix Decision Ignores Abuses. F1 Should Consider Rights Implications of Scheduled Race". Human Rights Watch. 14 de abril de 2012. Consultado o2012-04-20.
- ↑Weaver, Paul; Black, Ian (9 de abril de 2012)."Formula One 2012. F1 teams want FIA to postpone Bahrain Grand Prix".The Guardian. Consultado o2012-04-20.
- ↑Protalinski, Emil (21 de abril de 2012)."Anonymous hacks Formula 1".ZDNet. Consultado o 22 de abril de 2012.
- ↑Chapman, Simon (8 de marzo de 2020)."No spectators for Bahrain Grand Prix".Speedcafe. Arquivado dendeo orixinal o 1 de marzo de 2021. Consultado o 12 de marzo de 2020.
- ↑"Bahrain and Vietnam Grands Prix postponed".www.formula1.com(eninglés). 13 de marzo de 2020. Arquivado dendeo orixinal o 15 de marzo de 2020. Consultado o 13 de marzo de 2020.
- ↑Richards, Giles (27 de outubro de 2022)."F1 faces legal challenge over Bahrain contract and sportswashing".The Guardian. Arquivado dendeo orixinal o 27 de outubro de 2022. Consultado o 27 de outubro de 2022.