OGran Ducado de Lituania (enbelaruso:Вялікае Княства Літоўскае,lituano:Lietuvos Didžioji Kunigaikštystė,ucraíno:Велике Князівство Литовське,polaco:Wielkie Księstwo Litewskie) foi un estado daEuropa Central e do Leste, que existiu entre os séculos XII, XIII e XVIII. Fundado poloslituanos, unha das tribos bálticas pagás, cuxas terras iniciais cubriron a parte oeste de Lituania,Aukštaitija.[1][2][3] Posteriormente, expandiron o seu territorio adquirindo grandes partes do antigoRus de Kíiv. O Gran Ducado de Lituania cubriu o territorio dos actuais países deLituania,Belarús,Ucraína,Transnistria eMoldova (antesBesarabia); incluíndo partes dePolonia eRusia. O seu período de maior extensión foi oséculo XV, sendo o país maior de Europa.[4]
O título de Gran Ducado de Lituania comezouse a aplicar regularmente desde oséculo XIV, pero oestado multiétnico e multirrelixioso xurdiu só nos últimos anos do reinado deGediminas.
Os primeiros escritos nos que se fai referencia a Lituania son osAnais de Quedlinburg, que datan de1009. Este documento menciona pouco sobre este estado ou a súa estrutura social, exceptuando que Lituania confinaba coRus de Kíiv e que a xente que vivía na rexión eran activos pagáns.
Outras referencias a Lituania aparecen enCrónicas eslavas, como unha das áreas que os deRus atacaron; aparentemente a súa primeira incursión foi errada, pero os duques deKíiv continuaron facendo incursións en territorio lituano.
A consolidación das súas terras comezou noséculo XII, coas numerosas incursións delituanos entre as cidades prósperas, comoNóvgorod ePskov. Os lituanos saquearon tamén grandes territorios doutras tribos bálticas. No ano1131 Lituania sufriu un ataque en grande escala por parte deMstislav I de Kíiv. De todos os xeitos, cando o exército de Mstislav volvía ao seu país, cargado de tesouros saqueados, os lituanos puideron vencer os rexementos da retagarda do exército principal de Mstislav, que estaba separada por un intervalo na formación. Non foi unha gran vitoria para os lituanos, pero igualmente isto indicaba que Lituania estaba gañando poder.
Nalgún punto entre1180 e1183 os lituanos empezaron a organizar incursións regulares nasprovincias eslavas, asaltando oDucado de Pólatsk e taménPskov, e mesmo ameazaron o deNóvgorod. Logo da vitoriosa incursión enLivonia en 1185, os habitantes locais construíron gran cantidade de castelos, tratando de se protexeren. Desde o século XII en diante, os lituanos representaron unha ameaza real para os reinados occidentais veciños como para os eslavos.
A repentina faísca das incursións militares marcaron o proceso de consolidación do estado de Lituania, ao redor doséculo XII, no norte de Lituania, e posiblemente no final do século o Gran Ducado de Lituania xa se formou nestes territorios.
O século XIII significou o inicio doutras guerras cosCabaleiros Teutóns, aIrmáns Livonios da Espada e o alzamento deMindaugas, o cal foi coroado comoRei de Lituania en1253. O ano1202 marcou outro desenvolvemento que galvanizou a formación do estado: o establecemento dunha milicia cristiá, aOrde Livónica, que representou un gran risco para o paganismo na rexión. Esta ameaza reforzouse coa formación doutras ordes como aTeutónica, establecida en1226. O sinal máis importante de consolidación foi o tratado do ano1219, que é o documento máis antigo sobre cooperación entre o gran grupo dos duques lituanos. Este tratado lista 21 duques lituanos coas súas señorías, incluíndo o deMindaugas. Aínda que pelexasen no pasado, lituanos ezemaiciai falaban un dialecto similar e agora enfrontábanse cun inimigo común. O formal recoñecemento de intereses comúns, e o establecemento dunha xerarquía entre os participantes do tratado mostrou o estado de urxencia.
Mindaugas, un dos mencionados grandes duques, alzou a Lituania entre estados Europeos Occidentais durante moitos anos.
Non se sabe exactamente como Mindaugas, un duque do sur conseguiu o poder supremo sobre Lituania. Certas crónicas eslavas mencionan que matou ou exiliou varios duques, incluíndo os seus propios parentes. Logo de asegurar o seu poder no Reino de Lituania, Mindaugas dirixiu a súa mirada a provincias e rexións eslavas, anexando aos seus dominiosGoradnia e outros lugares, que eran parte doRus de Kíiv. Estas rexións entraron no seu poder durante os anos 1239 e 1248. Logo de conquistar numerosas provincias deRutenia, Mindaugas encargou ao seu filloVaišvilkas a gobernación de tales provincias, quen aparentemente suprimiu grandemente a poboación local. Un evento importante tivo lugar en 1236, que repercutiu sobre toda a rexión: un exército dirixido polo soberano zemaiciaiVykintas gañou aBatalla do Sol, inflixíndolle un catastrófico resultado para aOrde Livona, que perdeu o seu poder e se viu forzada a ser unha das ramas da Orde Teutónica. Iso significou queZemaitija se tornase o obxectivo primario de ambas as Ordes, xa que só esa rexión as separaba fisicamente. Outra consecuencia do resultado da batalla foi unha pequena interrupción nas guerras entre osCabaleiros Teutóns, e Lituania aproveitou esta situación, organizando ataques nas rexións rutenias.
Cristianización de Mindaugas.
Así ao redor de 1248 Mindaugas enviou os seus sobriños para conquistarSmolensk, pero non tiveron éxito. Os duques deHalych eVolhynia encargáronse de obter o control so Rutenia Negra, terras controladas por Vaišvilkas.Tautvilas, buscando apoio dos Cabaleiros Teutóns, foi aRiga, onde o arcebispo o bautizou e recibiu soporte militar. Pouco despois a Orde Teutónica ordenou dúas grandes incursións: unha enNalga e outra nos dominios de Mindaugas e partes de Zemaitija que aínda o apoiaban. Mindaugas, enfrontándose cunha situación extremadamente dificultosa, amañouse para beneficiarse cos conflitos entre a Orde Livona e oArcebispo deRiga: subornou o mestre da Orde, quen aínda estaba anoxado pola derrota deVykintas en 1236.Andreas von Stierland acordou axudar a Mindaugas e prometeulle o seu auxilio, pero impúxolle como condición que abandonase opaganismo e se unise áFe Católica. Mindaugas accedeu a ser bautizado e mesmo lle outorgou á Orde algunhas terras na parte oeste de Lituania. Xunto coa súa esposa e fillos foi bautizado no rito católico en 1251. O 17 de xullo de 1251 oPapa Inocencio IV expediu unhabula papal proclamando a Lituania como un Reino e o estado foi posto baixo a xurisdición doBispo de Roma.
En 1252 Tautvilas e os aliados que quedaban atacaron a Mindaugas enVoruta. O ataque fallou e os aliados tiveron que defenderse no Castelo deTver. Logo da morte de Vykintas, Tautvilas viuse forzado a volver conDaniel de Halych. Estes acontecementos significaron o colapso da coalición, e Daniel e Tautvilas reconciliáronse pouco despois. Cando estas pelexas terminaron, non había obstáculos para Mindaugas exercer o seu poder e en 1235 foi coroado comoRei de Lituania enVilna, onde Mindaugas tivo a súa corte e construíu unha novacatedral.
OPapa Inocencio IV apoiou a Mindaugas, porque cría que el podería deter as incursións dosmongois-tártaros. Para fortalecer a presenza do cristianismo en Lituania designouse un bispo de Lituania, sendo o primeiro aosacerdote dominico Vito e en 1254, Cristian. Con todo, como os eventos mostraron, oslituanos non estaban preparados para aceptar a cristiandade.
Durante os anos seguintes Mindaugas tratou de expandir a súa influencia enPólatsk, un gran centro de comercio no val do RíoDaugava ePinsk. Tamén estableceu a paz con Halych-Volhynia, e arranxou un matrimonio entre a súa filla eShvarn, fillo de Daniel de Volhynia e futuro gobernador de Lituania. En 1255, Mindaugas obtivo permiso doPapa Alexandre IV para coroar un dos seus fillos como Rei de Lituania.
A Orde Teutónica usou este período para fortalecer a súa posición en partes de Zemaitija eLivonia, pero en 1259 e 1260 sufriu senllas derrotas, o que deu coraxe aosprusianos, conquistados pola Orde Teutónica, a rebelarse contra estes. Animado polo seu sobriño, Mindaugas, rompeu a paz coa Orde Teutónica, puxo os zemaiciai de novo na súa xurisdición e tratou de usar a situación entre tribos bálticas rebeldes ao seu favor. As Crónicas mencionan tamén que volveu ás súas antigas crenzas.
Mindaugas fixo un trato conAlexandre Nevski deNóvgorod e marchou contra a Orde Teutónica. Treniota dirixiu o exército contraMasovia, esperando animar as tribos bálticas conquistadas para se rebelaren contra a Orde. Non obstante, a campaña non conseguiu alcanzar os seus obxectivos e serviu para empeorar as relacións entre Mindaugas e Treniota, quen finalmente conDaumantas asasinou a Mindaugas e os seus dous fillos, Ruklys e Rupeikis en 1263.
O Gran Ducado de Lituania caeu en guerras internas.
Logo da morte de Mindaugas, Treniota tomou para si o título de Gran Duque. Con todo, o seu poder era fráxil e poucos anos despois, en 1264 foi asasinado polo fillo de MindaugasVaišvilkas e o seu aliado de VolhyniaShvarn. Daumantas escapou paraPskov e bautizouse como Timofei e gobernou alí con éxito entre 1266-1299. Vaišvilkas, que unha vez fora un pagán fero, converteuse nun devoto daIgrexa ortodoxa. Este, logo de tres anos de reinado, cedeulle o título a Shvarn. A situación política inestable que imperaba en Lituania resultou en falta de apoio para os rebeldes bálticos, quen foron inicialmente apoiados por Mindaugas e Treniota, e as rebelións das tribos bálticas comezaron lentamente a acougar.
Shvarn tomou o poder en 1267. É probable que el non puidese tomar o control de toda Lituania e gobernase soamente o sur do Gran Ducado. Ao mesmo tempo Vaišvilkas foi asasinado porLev Danýlovich, irmán de Shvarn, quen estaba furioso con Vaišvilkas porque este non lle transferira o poder supremo de Lituania.
No 1268 oPapa Clemente IV expediu unhabula papal, onde daba permiso aoRei de BohemiaOttokar II de revivir aMonarquía Lituana. No mesmo ano, o Rei e os seus soldados bohemios eaustríacos chegaron aPrusia a través dePolonia e comezaron cos preparativos para unha invasión a Lituania, pero debido ás malas condicións climáticas a campaña non se puido realizar. Un ano despois Shvarn foi removido do trono lituano polo pagánTraidenis, duque deKernavé.
Traidenis comezou a facer guerra contra Halych-Volhynia entre1274 e1276, saíndo vitorioso, conquistando finalmenteRutenia Negra. Traidenis tamén tivo éxito pelexando contra aOrde Livona. No ano 1270 gañou unha batalla nos xeos próximos aSaaremaa. En 1279 a Orde atacou terras lituanas e mesmo se achegou ao mesmo trono de Traidenis en Kernavė, pero na volta da campaña sufriron un gran derrota enAizkraukle. Trala batalla, ossemigalianos rebeláronse e recoñeceron a superioridade de Lituania. Traidenis fixo moitas máis campañas, morrendo en1282.
Hai incerteza sobre quen foron os Grandes Duques de Lituania logo da morte de Traidenis.
O primeiro Gedimínida en gobernar Lituania foiButigeidis, quen morreu en1290 ou1292, e o seu irmán e sub-monarcaButvydas herdou a coroa. Este á súa vez morreu en1296, deixando o trono ao seu filloVytenis, quen foi mencionado como rei e señor de Lituania en 1296. Baixo o seu mandato comezou a construción da rede de castelos doNiemen que gradualmente se converteu no principal posto de avanzada e estruturas defensivas contra aOrde Teutónica. Vytenis saqueou terras polacas en1295, continuando os seus ataques sobre estes territorios ata 1306. Estes anos foron testemuñas da desintegración doReino de Polonia, o que Vytenis usou a favor das necesidades do seu estado e logo el apoiou ao pretendente polaco ao trono do Reino. Vytenis tamén interveu nos asuntos doDucado de Masovia, xa que o Duque masovioBoleslaw II casou coa princesa lituana.
No final do século XIII apareceron conflitos entre cidadáns deRiga e Cabaleiros Teutóns, e Vytenis ofreceuse a axudar aos cidadáns da cidade enviando unha gornición lituana en 1298. A gornición lituana tiña o deber de protexer a cidade dos Cabaleiros. Oslituanos permaneceron en Riga ata o ano 1313. Asegurar as posicións en Riga proveulle unha situación favorable para fortalecer as rutas de comercio na rexión e organizar campañas militares contra a Orde Teutónica e provincias rutenias. Entre 1298 e 1313 Vytenis realizou ao redor de once campañas en terras prusianas controladas pola Orde, inflixíndolle unha serie de derrotas ao inimigo. Ao redor do1307, Pólatsk foi anexada por forzas militares. A anexión dePólatsk serviu para asegurar importantes rutas comerciais que permitiron un comercio consistente na rexión e incrementou a influencia lituana sobre as provincias rutenias restantes.
Vytenis organizou moitas máis incursións militares en terras gobernadas pola Orde Teutónica ata1315 e figurou por última vez en fontes escritas contemporáneas a fins dese ano. O que sucedeu con Vytenis descoñécese; non obstante, o título de Gran Duque pasou a seu irmánGediminas, o sub-monarca reinante enSamogitia e probablemente tamén enTrakai, mentres Vytenis estaba vivo. Como soberano Gediminas cambiou o seu trono de Trakai paraVilnius.[5][6]
A expansión chegou ao cume baixo o mandato de Gediminas, quen creou un forte goberno central e estableceu un imperio, que logo se estendía desde oMar Negro eMar Báltico. No ano 1320, moitos dos principados dependentes doPrincipado de Kíiv foron ou anexados ou volvéronse vasalos do Gran Ducado de Lituania. No ano 1321 Gediminas capturouKíiv e logo restableceuVilnius como capital lituana, despois de retirarlle o título a Trakai en1323.
A facilidade con que Lituania construíu o seu imperio pódese atribuír ás capacidades diplomáticas e tácticas dos seus Grandes Duques, tanto como á debilidade de todos os principados dependentes do de Kíiv; Lituania estaba nunha posición ideal para herdar a parte oeste e sur doRus de Kíiv. Mentres case todos os estados ao redor del foransaqueados ou derrotados polos mongois, pero as súas hordas nunca chegaron máis aló de Lituania cara ao norte e o seu territorio permaneceu intacto. A expansión lituana foi acelerada polo débil control que os mongois exercían sobre as áreas que conquistaran (os principados dependentes do de Kíiv nunca foron incorporados directamente áHorda de Ouro. No canto diso, foron estados vasalos cun xusto grao de independencia). O alzamento de Lituania ocorreu oportunamente, cando podían expandirse enfrontando pouca resistencia por parte dos territorios poboados por eslavos orientais e unha limitada oposición mongol.
Xa os lituanos abrazaran de novo o paganismo había varias décadas, era por isto e por razóns territoriais que a Orde Teutónica conducía unha ardua guerra cruzada contra eles. Aínda que en1333 e1339 os lituanos derrotaron as forzas mongois que querían conquistarSmolensk e sacala da esfera de influencia lituana, media década despois uniuse un exército cruzado que avanzou cara a Lituania para enfrontalos. Desta forma, o Ducado Lituano viuse forzado a enfrontar as forzas cruzadas cristiás dos reisLois I de Hungría, deXoán I de Bohemia e o seu filloCarlos IV de Luxemburgo, cuxo propósito era cristianizar os lituanos pagáns. Con todo, a guerra cruzada foi un fracaso e conflitos directos co reiCasimiro III de Polonia. Estes atacaron ao rei polaco en1345, e Lois I de Hungría auxiliouno salvandoCracovia do monarca bohemio e o seu fillo. Para o1355, o Estado deMoldova xa se formou. A Horda de Ouro fixo pouco para retomar a área.
O Estado lituano non se construíu soamente en base a agresións militares. A súa existencia sempre dependeu tanto da diplomacia como das armas. Moitas das cidades que conquistou nunca foron derrotadas en batallas, senón que aceptaron volverse vasalos de Lituania. Anteriormente moitas destas cidades foran vasalas da Horda de Ouro ou doPrincipado de Moscova, as decisións lituanas non eran as de darlles independencia senón que cambiasen de señor. Un exemplo disto éNóvgorod, que foi atraída á esfera de influencia lituana e converteuse nunha dependencia do Gran Ducado, sen os exércitos lituanos atacaren nunca a cidade. Igualmente, o control lituano sobre Nóvgorod foi o resultado de friccións internas da cidade, que quería escapar ao sometemento ruso. Este método de construción estatal era inestable. O cambio das políticas internas coas cidades podía resultar en que Lituania perdese o control, como ocorreu en varias ocasións con Nóvgorod e outras cidades rusas.
O sucesor deAlgirdas foiXogaila e de acordo áUnión de Krewo, que se asinou en 1386, o Gran Duque de Lituania realizou unhaunión persoal coReino de Polonia, ao casar coa raíñaHeduvixes. Jogaila comezou a cristianización de Lituania no ano 1387, o que marcou a conversión dos lituanos, o último pobo pagán de Europa, á fe católica. Ese mesmo ano Moldavia volveuse vasalo de Polonia e noutro sentido, de Lituania. Para estes anos Lituania xa conquistara algúns territorios da Horda de Ouro camiño aorío Dniéper. Nunha cruzada contra a Horda de Ouro en 1398, (en alianza conToqtamish), Lituania invadiu o norte deCrimea e obtivo unha vitoria decisiva. Logo, en 1399, Lituania (tratando de situar a Toqtamish no trono da Horda) moveuse de novo contra estes. NaBatalla do Río Vorskla Lituania foi esmagada pola Horda de Ouro, perdendo a rexión da estepa.
Despois o goberno do Ducado foi tomado porVitautas o Grande, quen dirixiu o exército do Gran Ducado de Lituania naBatalla de Grünwald (chamada tamén Batalla de Tannenberg ou Žalgirio mūšis) en 1410, que tivo como resultado unha vitoria lituano-polaca decisiva que significou a caída daOrde Teutónica.[7]
Baixo o mandato de Vitautas, o Gran Ducado de Lituania paulatinamente volveuse máis centralizado, xa que os príncipes dinásticos locais foron substituídos por gobernantes leais a Vitautas. Os gobernantes eran ricos terratenentes que formaron as bases da nobreza lituana. Durante o goberno de Vitautas as influentes familiasRadziwiłł comezaron a formarse. Logo da morte de Vitautas, as relacións coReino de Polonia deterioráronse enormemente. En 1432 comezaron as loitas internas polo poder entre os dous pretendentes ao trono dos queŽygimantas Kęstutaitis emerxeu vitorioso logo daBatalla de Pabaiskas.
Lituania cristianizouse no ano 1387. A cristianización foi dirixida por XJgaila, quen persoalmente traduciu pregarias cristiás aolituano. O estado alcanzou un pico baixo o reinado de Vytatuas o Grande, quen gobernou desde o 1392 ao 1430. Vytatuas foi un dos máis famosos soberanos do Gran Ducado de Lituania. El era oGran Duque desde 1401 a 1430, tamén o Príncipe deGoradnia (1370-1382) e o Príncipe deLutsk (1387-1389).Vitautas o Grande era o fillo deKęstutis, primo deXogaila, quen se tornou Rei de Polonia no ano1386, e avó deBasilio II de Moscova.
Logo do asasinato do Gran Duque Žygimantas Kęstutaitis os nobres do Gran Ducado intentaron romper a unión persoal coReino de Polonia. As guerras sen éxito contra oPrincipado de Moscova avivaron a unión, malia a oposición de certas familias nobres, como os Radziwiłł.
A rápida expansión de Rusia volveuna un rival para Lituania. Despois da anexión de Nóvgorod en 1478, Rusia era incuestionablemente o máis preeminente estado de Europa do Nordeste. Entre 1492 e 1508Iván III de Rusia, despois de gañar a batalla clave enVedrosha, reconquistou antigas terras doRus,Chernígov eBryansk. A perda de terras con Rusia e a continua presión pola expansión do estado ruso, representaron unha verdadeira ameaza para existencia do estado de Lituania, así que se viu forzada a establecer unha alianza conPolonia, uníndose co seu veciño occidental na República das Dúas Nacións, naUnión de Lublin en 1569. De acordo á Unión, moitos territorios anteriormente gobernados polo rutenizado Gran Ducado de Lituania transferíronse áCoroa Polaca, mentres Lituania mantiña os seus dereitos na súa federación (tiña o seu propio exército, goberno e tesouro) ata aConstitución do 3 de maio, que se regulamentou en 1791. A morte deSexismundo II Augusto Jagellón, que mediou a creación daUnión de Lublin, marcou o fin da era da Dinastía Gedimínida, cuxos membros gobernaran Lituania desde finais doséculo XII.
Durante a existencia daRepública das Dúas Nacións, o Gran Ducado de Lituania viuse envolvido en numerosas guerras, como aGuerra Livona, aGuerra do Norte e outras. Malia vitorias e derrotas a vida cultural floreceu no Gran Ducado de Lituania, significando a apertura daUniversidade de Vilnius, o aumento da publicación de libros e a construción de novos palacios e igrexas.
Universidade de Vilnius.Áreas da lingua lituana no século XVI.
As linguas oficiais no Gran Ducado eran oruteno, olatín e opolaco. Ata 1697, o primeiro era usado para escribir leis e para falar con países orientais; o latín cos países occidentais e, en 1697, o polaco substituíu o ruteno como idioma oficial. Aínda que o uso do idioma lituano para gobernar o estado logo de Vytatuas e Jogaila (fillos deKęstutis eAlgirdas respectivamente) sexa debatible, sábese con certeza que o Rei polaco e o Gran Duque de Lituania Alexandre Xagellón aínda podían falar e entender a lingua lituana. Despois del non existen evidencias válidas. Tamén, nese tempo o nacionalismo aínda non estaba presente, e os nobres que migraban podían adaptarse á nova localidade, adoptando a cultura e relixión locais. Polo tanto, os nobres lituanos que migraron para áreas eslavas, co paso das xeracións tomaron a súa cultura. Non existen información sobre que idioma falaban estes lituanos na súa época.
Ao nacemento do estado, oslituanos conformaban o 70% da poboación total. Coa conquista de novos territorios eslavos, decreceron ao 50% e logo ao 30%. Outras nacións importantes foron osxudeus e ostártaros. Na última época do Gran Ducado, os eslavos conformaban a gran maioría, e as linguas eslavas usábanse para as leis escritas. Esta é unha das razóns pola cal se considera o tardío Gran Ducado de Lituania como un país eslavo, comoPolonia,Rusia etc.
Unha das máis antigas universidades deEuropa Oriental, aUniversidade de Vilnius, foi fundada porEstevo I Bathory, Rei dePolonia e Gran Duque de Lituania, en 1579. Debido ao traballo dosXesuítas durante aContrarreforma, a universidade converteuse axiña nuns dos máis importantes centros científicos e culturais da rexión e no máis notable centro científico do Gran Ducado de Lituania.
Despois do bautismo (en 1252) e a coroación (en 1253) do ReiMindaugas, Lituania foi recoñecida como un estado cristián ata 1260, cando Mindaugas apoiou un levantamento enCurlandia e (segundo a Orde Teutónica) renunciou á cristiandade. Ata 1387, os nobres lituanos profesaron a súa propia relixión, que era unha crenzapagá baseada na deificación dos fenómenos naturais. Os lituanos de sangue eran moi devotos da súa fe. As crenzas pagás estaban profundamente apegadas na xente, e así puideron sobrevivir ás fortes presións por parte de misioneiros e poderes estranxeiros. Ata oséculo XVII existían reliquias da antiga fe, como alimentar ásCobras de colar ou ofrecer alimentos nas tumbas dos devanceiros. As terras que hoxe en día ocupanBelarús eUcraína, os duques locais pertencían áIgrexa Greco-Católica Ucraína. Mentres as crenzas pagás en Lituania eran o suficientemente fortes como para resistir séculos a presión de ordes militares e misioneiros, os ortodoxos caeron. En1387, Lituania converteuse aoCatolicismo, mentres que a maioría das terras rutenas permaneceron fieis áIgrexa ortodoxa. Houbo un esforzo para polarizar aos ortodoxos a partir daUnión de Brest en1596, na cal aIgrexa ortodoxa grega recoñeceron a autoridade papal e o catecismo católico, pero preservaron a liturxia ortodoxa.