Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Bretaña.
Gran Bretaña[1] é a maior illa de Europa, situada no noroeste deste continente, entre omar do Norte, o Golfo de Irlanda e oCanal da Mancha.
A illa conforma a maior parte do estado doReino Unido, e está dividida en tres dos países que o conforman:Inglaterra, no centro-sur da illa;Escocia, no norte; eGales, no centro-oeste.
Gran Bretaña atópase ao noroeste daEuropa continental e ao leste de Irlanda. Está separada do continente poloMar do Norte e oCanal da Mancha, que se reduce a 34 km noestreito de Dover.[2] Ocupa unha superficie de 209.331 km², excluíndo todas as illas pequenas ao redor doarquipélago.[3] ACanle do Norte, oMar de Irlanda, oCanal de San Xurxo e oMar Céltico separan a illa da illa deIrlanda ao oeste.[4] A illa atópase conectada fisicamente coa Europa continental a través doCanal da Mancha, co máis longo túnel ferroviario submarino do mundo que se completou en1993. Xeograficamente, a illa caracterízase por unha paisaxe baixa, con suaves outeiros no leste e o sur, mentres que os outeiros e montañas predominan nas rexións occidentais e norteñas. Está rodeado por máis de 1.000 pequenasillas eillotes. A maior distancia entre dous puntos é de 968 km. (entreLand's End,Cornualla eJohn O'Groats,Caithness), ou 1.349 quilómetros usando a rede viaria nacional.
O Canal da mancha crese que creouse entre 450.000 e 180.000 anos atrás. Ao redor de 10.000 anos atrás, durante oÚltimo período glacial coa baixa donivel do mar, Gran Bretaña non era unha illa, senón unha rexión de terras altas do norte de Europa occidental, situada parcialmente debaixo da capa de xeo de Eurasia. O nivel do mar estaba 120 m. máis baixo que hoxe en día, e o leito do Mar do Norte estaba seco e actuou como unha ponte de terra a Europa, agora coñécese comoDoggerland. Xeralmente se pensa que o nivel do mar subiu gradualmente logo do final do último período glacial da idade de xeo actual, Doggerland quedou mergullado baixo o Mar do Norte, cortando o que antes era a península británica do continente europeo en torno ao 6.500 antes de Cristo.
Ver artigo principal:Historia de Gran Bretaña
Esta illa é o centro do Reino Unido e, como tal, a súa historia avanza xunto a el. O sur deGran Bretaña foi conquistado polos romanos. Durante asinvasións bárbaras naBritania posromana foi invadida polossaxóns.
Durante aIdade Media estivo dividida entre os actuais países que a conforman hoxe, cunha moi clara hexemonía sobre os demais de Inglaterra. Aínda que Gales pronto caeu no poder de Inglaterra, Escocia non se uniu a ela moito despois.
Durante aIdade Moderna, o Reino Unido foi acadando cada vez máis poder, e naIdade Contemporánea converteuse no Estado máis poderoso do mundo, cando era chamadaImperio Británico, e foi onde primeiro chegou aRevolución Industrial, converténdose así esta illa nunha das rexións máis importantes do mundo.
O ser unha illa axudou moito ó Reino Unido a defenderse do exterior, frustrando así os intentos de invasión doutros países:España durante o reinado deFilipe II e na época doslevantamentos xacobitas,Francia durante o reinado deNapoleón, e Alemaña durante o seu bloqueo daprimeira guerra mundial e durante a súainvasión aérea nasegunda guerra mundial.
A poboación é moi heteroxénea desde hai séculos nesta illa.
Hai enGran Bretaña unha división relixiosa:calvinistas e outrosprotestantes,anglicanos ecatólicos. A Idade Moderna foi moi convulsa para a illa debido ás persecucións relixiosas, e por esta razón houbo tantos emigrantes ingleses cara ás terras extraeuropeas que tiña naquel momento o Reino Unido.
Tamén hai moita diversidade no sentido de razas e culturas, pois a parte de dividirse entre galeses, escoceses e ingleses, o feito de queLondres fora o centro dun inmenso imperio colonial atraeu durante o séculoXX a moitos inmigrantes das colonias, de orixeindia,africana,caribeña etc.
Hoxe en día, fálanse en Gran Bretaña catro linguas principais, á parte das que falan as comunidades de inmigrantes doutros países: oinglés, ogalés, oescocés e ogaélico escocés, con moi claro predominio da primeira, pois fálase por practicamente toda a poboación, mentres que as outras tres son faladas por minorías mesmo en Gales e Escocia.