Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Gorilla gorilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gorilla gorilla

Macho adulto deGorilla gorilla.
Estado de conservación
Crítico
Crítico[1]
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Clase:Mammalia
Orde:Primates
Familia:Hominidae
Xénero:Gorilla
Especie:G. gorilla
Nome binomial
Gorilla beringei
(Savage, 1847)
Área de distribución do Gorilla gorilla.
Área de distribución doGorilla gorilla.

Área de distribución doGorilla gorilla.
Subespecies

G. g. gorilla
G. g. diehli

OGorilla gorilla é unha das dúasespecies doxéneroGorilla. Á súa vez, oGorilla gorilla está dividido en dúassubespecies: oGorilla gorilla gorilla e oGorilla gorilla diehli. Case a totalidade dosGorilla gorilla pertencen á subespecie doGorilla gorilla gorilla, cunha poboación entre 95.000 e 100.000 individuos. Estímase que só quedan de 250 a 300Gorilla gorilla diehli.

Descrición

[editar |editar a fonte]

En comparanza coGorilla beringei, oGorilla gorilla é sensibelmente máis pequeno, pesa menos, ten unha figura máis estilizada e a súa pelaxe é máis clara. OGorilla gorilla gorilla caracterízase polacoloración da súa pelaxe, que pode ir dende omarrón até o gris, e afrontealaranxada. Os machos miden entre 160 e 170 cm de altura e pesan arredor dos 140 kg.[2][3] As femias son máis pequenas e miden entre 120 e 140 cm de alto e o seu peso oscila entre os 60 e 80 kg. OsGorilla gorilla meirandes poden chegar ós 200 kg nos machos e ós 98 kg nas femias.[3][4] OGorilla gorilla diehli diferénciase no maior tamaño da súa caveira e dos seus dentes. Tamén é uns 10–15 cm máis alto e 20–35 kg máis pesado. Perante isto, segue a ser máis pequeno e lixeiro que oGorilla beringei beringei e oGorilla beringei graueri, que están consideradas as subespecies de maior tamaño.

Galería de imaxes

[editar |editar a fonte]
  • Caveira dun macho adulto.
    Caveira dun macho adulto.
  • Macho de gorila occidental.
    Macho de gorila occidental.
  • Femia coa súa cría.
    Femia coa súa cría.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Maisels, F.; Bergl, R. A.; Williamson, E. A. (2016)."Gorilla gorilla".Lista Vermella da IUCN (IUCN)2016: e.T9404A17963949. Consultado o 5 de setembro de 2016. 
  2. Williamson, E.A. and Butynski, T.M. (2009) Gorilla Gorilla In: Butynski, T.M. (Ed) The Mammals of Africa Volume 6. Elsevier Press, In Press
  3. 3,03,1Burnie D and Wilson DE (Eds.),Animal: The Definitive Visual Guide to the World's Wildlife. DK Adult (2005),ISBN 0789477645
  4. [1]

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Gorilla gorilla

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Ponginae
Homininae
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Gorilla_gorilla&oldid=5202789»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp