Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Gorila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gorila
Gorilla
Isidore Geoffroy Saint-Hilaire1852Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Categoría taxonómica
Características
 Período de xestación
270 DDEditar o valor en Wikidata
Distribución
Clasificación taxonómica
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdePrimates
SuperfamiliaHominoidea
FamiliaHominidae
SubfamiliaHomininae
TriboGorillini
XéneroGorilla
Identificadores
ITIS572837Editar o valor en Wikidata
OTT417969Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

Osgorilas[1] constitúense como oepónimo doxéneroGorilla, sendo os maioresprimates existentes por tamaño. Son animaisherbívoros que habitan asselvas tropicais deÁfrica central. Oxénero está dividido en dúasespecies, e de catro a cincosubespecies segundo oszoólogos. OADN dos gorilas é moi semellante ao doser humano, cunha coincidencia do 95–99%. Isto fai dos gorilas un dos primates vivos máis próximos do ser humano, despois dosbonobos e oschimpancés.[2]

O hábitat natural dos gorilas é obosque chuvioso de zonas tropicais e subtropicais. Malia que a súa área de distribución abrangue unha pequena porcentaxe deÁfrica, os gorilas distribúense nunha gran variedade dealtitudes. OsGorilla beringei beringei habitan bosques entre os 2.225 e os 4.267 m, mentres que pola súa banda, oGorilla gorilla mora en selvas densas e pantanos das terras baixas até onivel do mar.

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]

O físico e misioneiro americanoThomas Staughton Savage e o naturalistaJeffries Wyman foron os primeiros en describir oGorilla gorilla, que eles chamaronTroglodytes gorilla en1847 a partir de espécimes obtidos deLiberia.[3] O nome foi derivado dogregoΓόριλλαι (Gorillai), que significa "tribo de mulleres peludas"[4]. Este nome foi dado polocartaxinésHannón o Navegante, quen posibelmente visitou a área que hoxe se coñece comoSerra Leoa cara ao ano-480.[5]

Clasificación

[editar |editar a fonte]
Área de distribución das catro subespecies de gorila.

Até hai pouco, considerábase que o gorila era unha única especie con tressubespecies: oGorilla gorilla, oGorilla beringei e oGorilla beringei beringei. Na actualidade, o gorila está dividido en dúas especies, divididas á súa vez en dúas subespecies cada unha. Máis recentemente, tense afirmado a existencia dunha terceira subespecie deGorilla beringei, a cal non recibiu unha denominación latina completa. Coñécese comoGorilla beringei beringei deBwindi.

Debido á falta de consenso, os científicos continúan estudando as relacións entre as diferentes especies de gorila. Deseguido aparece a clasificación coas catro subespecies, que é a que conta co maiorconsenso científico:[6]

Comportamento e ecoloxía

[editar |editar a fonte]

Os gorilas desprázanse xeralmente a catro patas. As súas extremidades anteriores son máis longas que as posteriores e aseméllanse a brazos, aínda que son utilizadas tamén como punto de apoio ao camiñar. Os machos miden entre 1,65 e 2 m de altura, e pesan entre 170 e 250 kg. As femias pesan arredor da metade do que os machos.

O gorila é unhaespecie en perigo e foi branco de cazadores furtivos durante longos períodos de tempo. As ameazas á supervivencia dos gorilas inclúen adestrución do seu hábitat e acacería. Esta última incrementouse cos conflitos armados nos países en que habita, e tamén por un crecente interese polas "carnes exóticas". Na actualidade, estímase que hai arredor de 100.000Gorilla gorilla gorilla en liberdade e 4.000 enzoos. Pola súa banda, oGorilla beringei graueri rolda os 4.000 individuos en liberdade e 24 en catividade. En novembro de 2012, estimábase que a poboación total deGorilla beringei beringei ascendía a 880. A pesar de que o seu número está medrando lentamente con respecto a anos anteriores, oGorilla beringei beringei segue a considerarse como unha especie en perigo crítico de extinción.[7]

Folerpa de Neve foi o único caso de gorila albino que se coñece até o momento presente. Calcúlase que naceu sobre1964 e faleceu enBarcelona en2003.

Gorila.
Dimorfismo sexual nas caveiras.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras paragorila.
  2. In a talk presented at the Annual Meeting of the American Anthropological Association o 20 de novembro de 1999, Jonathan Marks stated: "Humans, chimpanzees, and gorillas are within two percentage points of one another genetically.""What It Really Means To Be 99% Chimpanzee"(en inglés). 10 de outubro de 2006. Arquivado dendeo orixinal o 27 de marzo de 2013. Consultado o 28 de xullo de 2013. 
  3. Conniff R. Discovering gorilla. Evolutionary Anthropology, 18: 55–61.doi 10.1002/evan.20203
  4. Γόριλλαι,Henry George Liddell, Robert Scott,A Greek-English Lexicon, on Perseus Digital Library
  5. Müller, C. (1855–61).Geographici Graeci Minores. pp. 1.1–14: text and trans. Ed, J. Blomqvist (1979). 
  6. "Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (Editors). 2005.Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed).". Arquivado dendeo orixinal o 08 de setembro de 2011. Consultado o 28 de xullo de 2013. 
  7. Aldred, Jessica (13 de novembro de 2012)."Mountain gorilla numbers rise by 10%". Consultado o 29 de xullo de 2013. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Gorila

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Ponginae
Homininae
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Gorila&oldid=7148082»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp