Google Maps permite visualizar o mundo a través de imaxes víasatélite, imaxes de mapas ou combinar estas dúas. Grazas ao buscador, podemos buscar lugares de todo o mundo e poder visualizalo de forma efectiva.
As imaxes de satélite comparten a base de datos deGoogle Earth, o que significa que son as mesmas imaxes que se verán no devandito programa e coa mesma resolución.
Os mapas só están dispoñibles en certos lugares, o que significa que a función híbrida de mapa e satélite só estea dispoñible nos lugares onde se cumpran as dúas características.
Como nas aplicacións web de Google, úsanse un gran número de arquivosJavascript para crear Google Maps. Como o usuario pode mover o mapa, a visualización do mesmo báixase dende o servidor. Cando un usuario busca un negocio, a localización é marcada por un indicador en forma de pin, o cal é unha imaxePNG transparente sobre o mapa. Para lograr a conectividade sen sincronía co servidor, Google aplicou o uso deAJAX dentro desta aplicación. É unha aplicación para o desenvolvemento de mapas.