Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Gonzalo Torrente Ballester

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo contén variasligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto.
Por favor,mellora o artigo introducindonotas ao pé,citando as fontes.
Podes ver exemplos de como se fainestes artigos.

Modelo:BiografíaGonzalo Torrente Ballester
Biografía
Nacemento13 de xuño de 1910Editar o valor en Wikidata
Serantes, EspañaEditar o valor en Wikidata
Morte27 de xaneiro de 1999Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Salamanca, EspañaEditar o valor en Wikidata
Membro da Real Academia Española
27 de marzo de 1977 – 27 de xaneiro de 1999
← Juan Ignacio Luca de TenaCarmen Iglesias →Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Oviedo
Universidade de Santiago de CompostelaEditar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, crítico literario, tradutor, dramaturgo, guionista, xornalista, novelistaEditar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade do Estado de Nova York en AlbanyEditar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticonovela
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeJosefina MalvidoEditar o valor en Wikidata
FillosGonzalo Torrente Malvido, Álvaro Torrente, Luis Felipe TorrenteEditar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura

Descrito pola fonteObálky knih,Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0868485Enciclopedia Galega Universal: 193291Galiciana: 41742BNE: XX1102334Bitraga: 723BUSC: torrente-ballester-gonzalo-1910-1999Dialnet: 51291Find a Grave: 10912499Editar o valor en Wikidata

Gonzalo Torrente Ballester, nado enSerantes (Ferrol) o13 de xuño de1910 e finado enSalamanca o27 de xaneiro de1999, foi un novelistagalego enlingua castelá. Entre outros recoñecementos, recibiu oPremio Cervantes, oPremio Princesa de Asturias das Letras e oPremio Nacional de Narrativa.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]
Casa natal de Torrente Ballester enSerantes.
Placa na casa na que viviu enVigo.

Gonzalo Torrente Ballester naceu no concello de Serantes, dende 1940 integrado no concello deFerrol. Era fillo de Gonzalo Torrente Piñón, militar da Mariña, e de Ángela Ballester Freire. Estudou no Colexio da Nosa Señora da Mercede, e fixo obacharelato naCoruña como alumno libre doInstituto Eusebio da Guarda. A súamiopía disuadiuno de facer carreira naArmada. En 1926 matriculouse por libre naUniversidade de Santiago de Compostela para facer Filosofía e Letras.

Estatua de Gonzalo Torrente Ballester enFerrol.

Por motivos familiares, en 1927, trasladouse aOviedo, onde comezou a estudarDereito. Alí tivo os seus primeiros contactos coasvangardas literarias, e iniciou a súa actividade periodística no diarioEl Carbayón. En 1928 foi vivir aoConcello de Lavadores, e en 1929 marchou aMadrid, onde coñeceu aValle-Inclán, comezou a estudar Filosofía e Letras e colaborou na publicaciónanarquistaLa Tierra. En 1930 volveu a Ferrol, e en 1931 marcha coa familia aBueu. Alí coñeceu a Josefina Malvido Lorenzo, mestra, coa que casou en1932 e coa que tivo catro fillos entre 1934 e 1938. Logo dunha estancia enValencia, regresou a Ferrol por mor daasma da súa muller. Nesta cidade traballou como profesor degramática,latín e historia na academia Rapariz. Matriculouse de novo como alumno libre na Facultade de Letras de Santiago e afiliouse aoPartido Galeguista. En 1935 licenciouse en Historia, e exerceu de secretario local do partido. En 1936 aprobou a oposición para profesor auxiliar na universidade compostelá na especialidade de Historia Antiga.

Guerra e posguerra

[editar |editar a fonte]
Presentación dunha escultura no Café Novelty deSalamanca en2000. De esquerda a dereita, o escultorFernando Mayoral,Carlos Casares, a súa viúvaMaría Fernanda Sánchez-Guisande Caamaño, e o director daRAEVíctor García de la Concha.

OGolpe de Estado do 18 de xullo de 1936 que deu pé águerra civil española colleuno enParís, onde preparaba a súa tese doutoral. Regresou a Galiza en outubro para estar coa familia. Por consello dun sacerdote coñecido seu afiliouse áFalange Española. En 1937 coñeceu enPamplona aDionisio Ridruejo e os demais intelectuais falanxistas do Grupo de Burgos,[1] comoPedro Laín Entralgo,Luis Rosales ouLuis Felipe Vivanco, cos que en 1941 creourevista Escorial. Publicou o ensaioRazón y ser de la dramática futura na revistaJerarquía. En 1938 marchou aBurgos, onde publicouEl viaje del joven Tobías. Milagro representable en siete coloquios. En 1939 incorporouse como profesor auxiliar á Universidade de Santiago, e publicouLas ideas políticas: el liberalismo,Antecedentes históricos de la subversión universal eEl Casamiento engañoso (Premio Nacional de Autos Sacramentales). En 1940 preparou a oposición para ser docente de ensino medio e gañou a praza enÁvila, pero permaneceu en Santiago en comisión de servizo. PublicouLope de Aguirre, na revistaVértice. En 1942 volveu a Ferrol, dando clases no instituto Concepción Arenal. PublicouRepública Barataria. Teomaquia en tres actos, el primero dividido en dos cuadros eSiete ensayos y una farsa. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en marzo de 1941 por ser directivo do Partido Galeguista, que foi sobresido en setembro de 1944.[2]

En 1943 publicou a súa primeira novela,Javier Mariño, que foi secuestrada pola censura aos vinte días de saír. En 1944 publicou os relatos "Gerineldo" no diarioArriba, e "Cómo se fue Miguela", enEl Español. En 1946 publicouEl retorno de Ulises. Comedia eEl Golpe de Estado de Guadalupe Limón, e traduciu, prologou e anotouLas elegías de Duino deRainer María Rilke enNueva Época, xunto coa alemáMetchild von Hesse Podewils.

Madrid

[editar |editar a fonte]

En 1947 trasladouse a Madrid como profesor de Historia Universal na Escola de Guerra Naval, onde permaneceu até 1962. En 1948 iniciou a súa actividade como crítico teatral no diarioArriba e publicouCompostela y su ángel. En 1949 comezou como crítico teatral enRadio Nacional de España, publicouLiteratura Española Contemporánea e participou nos guións das películasLlegada de noche eEl cerco del diablo deJosé Antonio Nieves Conde. En 1950 escribiuLa Princesa durmiente va a la escuela (editada en 1983), e publicouIfigenia, eAtardecer en Longwood. En 1951 escribiu o guión da películaSurcos e en 1953 o deRebeldía, as dúas deJosé Antonio Nieves Conde. En 1954 publicouFarruquiño, enCid (La novela del Sábado).

En 1957 publicouEl señor llega (primeiro volume da triloxíaLos gozos y las sombras), eTeatro Español Contemporáneo. En xaneiro de 1958 enviuvou, e ao mes seguinte faleceu o seu pai. En 1959 publicouEl señor llega, que recibiu o Premio de Novela da Fundación Joan March. Viaxou a Mallorca para continuar a triloxía, e alí escribiuDonde da la vuelta el aire. En xaneiro de 1960 coñeceu aMaría Fernanda Sánchez-Guisande Caamaño (Ordes 1928), coa que casou en maio e coa que tivo sete fillos. Viaxou a París e Alemaña, e en Ferrol mercou o seu primeiromagnetófono, que utilizou desde entón no seu traballo. Nese mesmo ano publicouDonde da la vuelta el aire. En 1961 publicouPanorama de la literatura española contemporánea (2 volumes, Ediciones Guadarrama).

En 1962 firmou un manifesto na defensa da folga dos mineiros enAsturias, o que lle custou o posto de traballo como docente e como colaborador en RNE eArriba. Tamén neste ano rematou a triloxía conLa Pascua triste. En 1963 publicouDon Juan, que tivo problemas coa censura e pouca acollida entre o público, motivo polo que deixou de lado durante un tempo a escritura e se adicou átradución. Interveu no Congreso de Escritores de Madrid. En 1964 solicitou a reincorporación no ensino medio, sendo destinado aPontevedra. Comezou a colaborar noFaro de Vigo coa columna "Amodo". En 1965 publicouAprendiz de hombre.

Estados Unidos

[editar |editar a fonte]

En 1966 foi invitado como profesor distinguido áState University of New York enAlbany. Cruzou o Atlántico en agosto, cos seus cinco fillos do segundo matrimonio e a súa biblioteca particular. En 1968 recibiu as visitas deDionisio Ridruejo,Ramón Piñeiro eDámaso Alonso. Rematou a novelaOff-side, escrita cunha bolsa da Fundación Joan March, e comezou a escritura deCampana y piedra, que deu pé aLa saga/fuga de J. B..

Trala morte da súa nai en 1970, regresou a España e foi destinado ao instituto de Orcasitas (Madrid). En 1971 regresou temporalmente Albany e rematouLa saga/fuga de J. B., que recibiu o premio da Crítica e o Ciudad de Barcelona en 1972. En 1973 abandonou a docencia nos EUA, sendo destinado ao instituto da Guía, en Vigo. Iniciou a columna "Cuadernos de la Romana" enInformaciones. En 1975 foi elixido membro daReal Academia Española.

Recoñecemento

[editar |editar a fonte]

Trasladouse aSalamanca para impartir aulas noinstituto Torres Villarroel. Durante os case vinte e cinco anos que viviu en Salamanca congregou arredor súa a vida cultural da cidade universitaria, e era habitual velo no centenario café Novelty da praza Maior, onde actualmente hai unha escultura na súa memoria. Publicou o ensaioEl Quijote como juego, e apareceu en libro a columnaCuadernos de la Romana. En 1976 sufriu uninfarto, e publicouNuevos Cuadernos de la Romana, continuación da columna deInformaciones. En 1977 leu o seu discurso de ingreso na RAE, na que ocupou a cadeira E, co títuloAcerca del novelista y de su arte. Foi contestado porCamilo José Cela. PublicouFragmentos de Apocalipsis e saíu o primeiro volume dun proxecto deObra Completa, que non rematou. En 1978 iniciou a redacción de relatos paraLas sombras recobradas, libro publicado en 1979. En 1980 xubilouse da docencia. En 1981 acadou oPremio Nacional de Narrativa porLa isla de los Jacintos Cortados e iniciou a serie de artigosCotufas en el golfo, no diarioABC. Publicou unCurriculum, en cierto modo, na revistaTriunfo. Supervisou o guión e a produción da serie de TVLos gozos y las sombras, baseada na súa triloxía e rodada enPontevedra. A serie emitiuse ao ano seguinte enTVE, con grande éxito de crítica e público.

En 1982 recibiu oPremio Príncipe de Asturias das Letras,ex aequo conMiguel Delibes. PublicouEnsayos críticos,Los cuadernos de un vate vago eDafne y ensueños. En 1983 foi nomeado Fillo Predilecto de Ferrol e publicouLa Princesa Durmiente va a la escuela. En 1984 foi nomeado Fillo Adoptivo de Salamanca e publicouQuizá nos lleve el viento al infinito. En 1985 recibiu oPremio Miguel de Cervantes, sendo o primeiro novelista español en acadalo; recibiu tamén o Premio Vitalicio daFundación Pedro Barrié de la Maza polo conxunto da súa obra. PublicouLa rosa de los vientos. En 1986 viaxou como conferenciante aosPaíses Baixos,Dinamarca e aArxentina. PublicouCotufas en el golfo e representouse por vez primeira unha versión dunha obra teatral súa,¡Oh, Penélope!, baseada enEl retorno de Ulises.

En 1987 publicouYo no soy yo, evidentemente e foi nomeado DoutorHonoris Causa polaUniversidade de Salamanca. En 1988 foino polas universidades de Santiago de Compostela eDijon, e foi nomeado Cabaleiro de Honor das Artes e as Letras da República de Francia. Gañou oPremio Planeta conFilomeno, a mi pesar, e publicouIfigenia otros cuentos. En 1989, ano en que foi operado de cataratas, publicouCrónica del rey pasmado eSantiago de Rosalía Castro. ADeputación da Coruña instituíu oPremio de Narrativa Torrente Ballester. En 1990 recibiu o premio Libro de Ouro da Confederación Española de Libreiros e a Medalla de Ouro ao mérito cultural de Santiago de Compostela. Supervisou o guión da películaEl rey pasmado, escrito polo seu filloGonzalo Torrente Malvido e mais porJuan Potau. O filme, dirixido porImanol Uribe, acadou oitoPremios Goya.

En 1991 publicouLas islas extraordinarias. En 1992 viaxou aCuba para inaugurar a Cátedra de Cultura Galega daUniversidade da Habana, e reuniuse conFidel Castro e foi nomeado DoutorHonoris Causa pola Universidade da Habana. Inaugurouse unha praza co seu nome na Coruña e publicouLa muerte del decano eTorre del Aire, onde recompilou os artigos firmados con ese título. En 1993 tivo lugar unha semana de estudos sobre a súa obra naUniversidade de Vigo. En 1994 recibiu o Premio Azorín de novela porLa novela de Pepe Ansúrez, unha sátira dos círculos literarios de provincias. En 1995 publicouLa boda de Chon Recalde. Ao ano seguinte recibiu oPremio Castilla y León de las Letras. Viaxou aLuxemburgo para un encontro cos tradutores da súa obra (Claude Bleton,Colin Smith eAntónio Gonçalves). En 1997 visitou enLanzarote aFundación César Manrique e aJosé Saramago. Participou nunha homenaxe en Lugo a Dámaso Alonso. En setembro ingresou no hospital durante dúas semanas por mor dunha pneumonía. Obtivo o Premio Rosalía de Castro doPEN Clube de Galicia. Foi nomeado Fillo adoptivo de Santiago de Compostela, Pontevedra, Nigrán e Fene. PublicouMemoria de un inconformista, recompilación dos artigos publicados baixo o títuloAmodo, enFaro de Vigo. PublicouLos años indecisos. En 1998 ingresou no hospital en xullo e setembro. Foi nomeado Cabaleiro da Orde de Santiago da Espada, máxima condecoración ás Artes da República de Portugal.

Faleceu en Salamanca o 27 de xaneiro de 1999. Foi soterrado no camposanto de Serantes, nunha cerimonia na queCarlos Núñez interpretou nagaita "Negra Sombra".

Entre os once fillos e fillas dos seus dous matrimonios, están o novelistaGonzalo Torrente Malvido, o musicólogoÁlvaro Torrente Sánchez-Guisande (especializado no barroco español e profesor daUniversidade Complutense de Madrid, actual presidente daFundación Gonzalo Torrente Ballester), o historiadorJuan Pablo Torrente Sánchez-Guisande, o periodistaLuis Felipe Torrente Sánchez-Guisande e a profesora daUniversidade de FlorenciaFrancisca Ángela Torrente Sánchez-Guisande.

Obra

[editar |editar a fonte]
Estatua noCafé Novelty napraza Maior de Salamanca, obra deFernando Mayoral.

Torrente Ballester recoñeceu a influencia fundamental danarrativa oral galega de principios do século XX, como por exemplo a mariñeiros que falaban de pelexas enHong-Kong. Como narrador destacou na exposición e resolución irónicas das narracións. Esta ironía está baseada na percepción do real no marabilloso e do marabilloso no real.

Torrente Ballester escribiu sempre en castelán, agás algún artigo en revistas literarias galegas. Aínda así declarou o seguinte:

"Por una serie de azares, nunca he tenido ocasión de ampliar la lengua materna, elevarla a lengua culta y hacer de ella mi instrumento único de expresión literaria. La Literatura gallega no tiene, pues, nada que agradecerme, y lo siento... No pertenezco a esa clase de españoles que, cuando van a Barcelona, se consideran ofendidos porque la gente hable en catalán. La irritación de los tales es la manifestación de un complejo de inferioridad. ¿Hay algo más natural que un pueblo hable con normalidad su propia lengua? Que la pierda debería considerarse como causa de vergüenza colectiva. Y el gallego ha estado a punto de perderse. Algún día se hará la debida justicia a los que lo han evitado (…) El porvenir del gallego está, pues, en manos de la sociedad gallega"
Faro de Vigo, 23.10.1964

Novela

[editar |editar a fonte]

Teatro

[editar |editar a fonte]

Relato curto

[editar |editar a fonte]

Ensaio

[editar |editar a fonte]
  • Panorama de la literatura española contemporánea (1956)
  • Teatro español contemporáneo (1957)
  • Siete ensayos y una farsa (1972)
  • El Quijote como juego (1975)
  • Cuadernos de un vate vago (1982)
  • Diarios de trabajo 1942–1947 (1982)
  • Mi fuero interno (2011)

Xornalismo

[editar |editar a fonte]
  • Cuadernos de La Romana (1975)
  • Nuevos Cuadernos de La Romana (1977)
  • Cotufas en el golfo (1986)
  • Torre del aire (1993)
  • Memoria de un inconformista (1997)

Miscelánea

[editar |editar a fonte]
  • Compostela y su ángel (1948)
  • Compostela (1948; con ilustracións de María Droc)
  • Farruquiño (1954)
  • Santiago de Rosalía Castro (1989)
  • Lo mejor de Gonzalo Torrente Ballester (1989)
  • Los mundos imaginarios (1994)

Adaptacións

[editar |editar a fonte]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Rodríguez Pastoriza, Francisco (2021).Torrente Ballester: os anos da Falanxe. Concello de Bueu. 
  2. Expediente de responsabilidades políticas de Ricardo Carballo Calero e outros
  3. A tradución ao galego é deValentín Arias.
  4. A tradución é deCarlos Casares (1999,Espasa juvenil).

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Gonzalo Torrente BallesterModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Década de 1980
Década de 1990
Década de 2000
Década de 2010
Década de 2020
Galardoados coaMedalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019
2020
2021
2022
2023
2024
2025
Membros de honra daReal Academia Galega
Laureados coPremio Cervantes
1976–2000
2001
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Gonzalo_Torrente_Ballester&oldid=7230882»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp