Godzilla(ゴジラ,Gojira?) é unkaiju xaponés que apareceu por vez primeira no filme deIshirō HondaGodzilla (1954). Dende aquela, Godzilla converteuse nunha icona mundial da cultura pop protagonizando máis de 28 filmes producidos porToho Co., Ltd.. O monstro apareceu en gran variedade de medios comovideoxogos, novelas,banda deseñada eseries de televisión. Producíronse dúas versións americanas con este personaxe como protagonista, ofilme de 1998 e ofilme de 2014.[1] O personaxe tamén é coñecido comoRei dos Monstros, un epíteto usado naversión americanizada do filme orixinal de 1954.
Póster xaponés do primeiro filme de Godzilla (1954).
Gojira(ゴジラ?) é unhaamálgama das palabras xaponesas"(ゴリラ,gorira?) (gorila) e"鯨(クジラ)(kujira?) (balea), que se empezou a utilizar por que ao comezo da súa planificación describiuse como un cruzamento entre un gorila e unha balea[2] aludindo ao seu tamaño, poder e orixe acuática. Existe tamén unha lenda apócrifa que afirma que "Gojira" era o alcume dun traballador do Toho Studio,[3] que se puido orixinar como un chiste dos propios traballadores.[4] Enman'yōgana, a escrita kana xaponesa que utiliza caracteres chineses, escríbese comoGojira(呉爾羅?).[5] A pronuncia xaponesa do nome é [ɡodʑiɽa] que deu lugar á forma anglicizada do termo, Godzilla, co que se coñece internacionalmente.