As súas invasións, coma a de tantos outros pobos xermánicos, víronse causadas pola presión doshunos e doutros pobos procedentes deAsia que nesta época invadironEuropa.
A súa relixión era nun principio pagá, pero axiña se converteron ócristianismo, e máis concretamente óarianismo, herexía que posteriormente foi perseguida poloImperio Romano. Por esta razón, ós romanos,católicos na súa enorme maioría (excepto enSiria eExipto, onde a confesión máis importante era omonofisismo), osgodos non lles tiñan en moita estima.
Antes de sercristiáns, osgodos causaban pánico ós seus inimigos, pois os prisioneiros que conseguían capturar eran sacrificados a diversos deuses, especialmente ó da guerra,Tyz.
O dosgodos era un poboagrícola egandeiro. Porén, unha vez que se asentaron nos territorios que previamente invadiran e conquistaran, se converteron na clase dominante, na nobreza, deixando a maioría dos traballos ós pobos conquistados. Non se mesturaron momentaneamente con estes pobos, senón que conformaron unha sociedadeendogámica.