Ognosticismo (do grego Γνωστικισμóς: gnostikismós; de Γνωσις: gnosis, «coñecemento») é un conxunto de correntessincréticasfilosófico-relixiosas que chegaron a mimetizarse cocristianismo nos tres primeirosséculos da nosa era. Acabou por converterse nun pensamento declaradoherético despois dunha etapa de certo prestixio entre as intelectuaiscristiás. De feito, pode falarse dun gnosticismopagán e duncristián, aínda que o máis significativo acadouse como ramaheterodoxa docristianismo primitivo.
Ateoloxía gnóstica vén da palabragnose, que procede á súa vez do verbogignósko, que significa coñecer. Polo tanto, será coñecia como un coñecemento superior, interno, espiritual e iniciatico. No grego clásico e no popular, denominábase comokoiné, o que na actualidade é coñecido comoepísteme.
En filosofía, epísteme significa "coñecemento científico", o cal é oposto a "opinión". Pola contra, gnosis refírese ao coñecemento, en oposición á ignorancia ou agnose[1].
Ao contrario do coñecemento científico, a gnose é un coñecemento que nace no corazón de forma misteriosa e intuitiva.[Cómpre referencia] É pois a busca do coñecemento, non o intelectual, senón o que lle dá sentido á vida humana. Este vólvese pleno cando o home encontra a súa esencia eterna emarabillosa.[Cómpre referencia]
O obxecto do coñecemento da Gnose é Deus, ou todo aquilo que vén del. Toda gnose parte do punto de confirmación da existencia dun deus totalmente transcendente[2]. "Coñecer" significa ser e actuar no ámbito divino, neste caso do ser humano. Por iso o termocoñecer implica a salvación de todo mal ou Ego, no cal poida estar a persoa que posúa ese coñecemento.
Isto é tanto un concepto relixioso e psicolóxico, como científico, filosófico e artístico. A partir da visión gnóstica, o significado da vida parece unha transformación e unha visión interior, o que hoxe en día coñecemos como psicoloxía profunda.
Pódese dicir que no ámbito relixioso, a gnose é unha sensación dolorosa que tanto mulleres como homes senten pola separación entre o humano e o ser divino.[Cómpre referencia] No fondo, tamén se cre que a pretensión é encontrar a relación entre os humanos e a divindade.
ParaCarl Gustav Jung, moitos gnósticos só eran psicólogos. Pensaba que a gnose era un coñecemento psicolóxico, é dicir, que todo o que abarcaba proviña do subconsciente. Jung chegou a esta conclusión a través da concentración da atención sobre o chamado factor subxectivo, que consiste na acción de demostrar a influencia do subconsciente sobre a conciencia. Así pois, foi grazas a esta teoría como explicou o paralelismo entre asimboloxía gnóstica e apsicoloxía profunda.