Osgnatóstomos (Gnathostomi) ougnatostomados (Gnathostomata)[2] é o grupo dosvertebrados conmandíbulas.
O termo, dolatín científico, está formado polos elementosgantho- (dogrego γνάθοςgnáthos, "mandíbula") e-stomata (plural de-stoma, do grego στόμαstóma, "boca"), é dicir, "os que teñen a boca con mandíbulas".
Trátase dun amplo e heteroxéneo grupo que abarca ospeixes propiamente ditos, osréptiles, osanfibios, asaves e osmamíferos, comprendendo aproximadamente 60 000 especies, que representan o 99 % de todos os vertebrados vivos.
O grupo foi considerado tradicionalmente como unhasuperclase, dividida en tres clases de organismos que deominamos xenericamentepeixes:
- oscondrictios (Chondrichthyes) ou peixes cartilaxinosos,
- osplacodermos (Placodermi), un extintoclado de peixes acoirazados, e
- osteleóstomos (Teleostomi) ou peixes óseos (ademais das coñecidas clases dos anfibios, réptiles, aves e mamíferos).
Algúns sistemas de clasificación usaron o termoanfirrinos (Amphirhina).
É unclado irmán doscraniados sen mandíbula, oságnatos (Agnatha).
Novos achados fósiles suxiren que ostelodontos (Thelodonti) son os parentes máis achegados aos gnatostomados.[3]
Os gnatostomados apareceron no perídodoordovícico (hai case uns 500 millóns de anos) e fixéronse comúns noDevoniano (hai uns 440 millóns de anos).
As mandíbulas pénsase que derivaron da evolución do primeiroarco branquial, que adquiriu un novo papel, modificándose para bombear auga nas branquias, abrindo e pechando a boca máis eficazmente, o chamadomecanismo da bomba bucal. A boca, entón, podería medrar e facerse máis ampla, facendo posíbel capturar grandes presas. Este mecanismo de abrir e pechar foi facéndose co tempo máis forte, o que transformou a boca nunha auténtica mordaza.
Os placodermos utilizaban placas óseas afiadas no canto de dentes, e as máis recentes investigacións indican que as mordazas dos placodermos evolucionaron independentemente das dos outros gnatostomados.[4]
Ademais de mandíbulas, os gnatóstomos viventes tamén teñen dentes, apéndices pares e unhacanle semicircular horizontal nooído interno, xunto con caracteres anatómicos, fisiolóxicos e celulares tales como as vaíñas demielina ao redor dasneuronas, e unsistema inmune particular, que utiliza a chamadarecombinación V(D)J, mecanismo derecombinación xenética polo cal se seleccionan e ensamblan ao azar segmentos dexenes quecodificanproteínas específicas con papeis importantes nosistema inmunitario,[5] que xera un amplo repertorio receptores delinfocitos T (TCR) e moléculas deinmunoglobulina (Ig) que son necesarios para o recoñemento de diversos antíxenos (bacterianos,víricos e deparasitos), así como de células disfuncionais, como son astumorais.[6][7]
- InfrafiloGnathostomata (gnatostomados)
- ClasePlacodermi (placodermos) —extinta (gnatóstomos acoirazados)
- MicrofiloEugnathostomata (eugnatostomados = os verdadeiros vertebrados mandibulados)
- (sen rango)Teleostomi (teleóstomos) (Acanthodii eOsteichthyes)
- ClaseAcanthodii (acantodios) —extinta ("tiburóns espiñentos")
- (sen rango)Amniota (amniotas = embrións con amnio)
Os clados agrupados nos gnatostomados son os seguientes:[8]
SubfiloVertebrata├─(sen rango)Gnathostomatomorpha└─Infrafilo Gnathostomata ├─ClasePlacodermi -extinta └MicrofiloEugnathostomata ├─ClaseChondrichthyes (peixes cartilaxinosos) └─(sen rango)Teleostomi (Acanthodii eOsteichthyes) ├─ClaseAcanthodii -extinta ├SuperclaseOsteichthyes (peixes óseos) ├ ├─ClaseActinopterygii ├ └─ClaseSarcopterygii └SuperclaseTetrapoda ├─ClaseAmphibia (anfibios) └(sen rango)Amniota (ovos amnióticos) ├─ClaseSauropsida (réptiles ou saurópsidos) ├─ClaseAves (paxaros) └─ClaseSynapsida └─ClaseMammalia (mamíferos)
- ↑Gegenbaur, Carl (1874):Grundriss der vergleichenden Anatomie. Leipzig: Verlag von Wilhelm Engelmann. [url=http://www.biodiversitylibrary.org/item/18567#page/7/mode/1up]
- ↑Aínda que o nome "oficial" égnatostomados, adoita usarsegnatóstomos, do mesmo modo que se fai conciclóstomos (Cyclostomi), que se usa máis queciclostomados (Cyclostomata).
- ↑Mark V. H. Wilson & Michael W. Caldwell (1993-02-04)."New Silurian and Devonian fork-tailed 'thelodonts' are jawless vertebrates with stomachs and deep bodies".Nature. Consultado o 26/08/2012..
- ↑Turner, Susan e Miller, Randall F. "New Ideas About Old Sharks".American Scientist. Xuño de 2005.
- ↑Janeway, C. A. Jr.; et al. (2005).Immunobiology. (6th ed. ed.). Garland Science.ISBN 0-443-07310-4.
- ↑Abbas, A. K. e Lichtman, A. H. (2003).Cellular and Molecular Immunology (5th ed.). Saunders, Philadelphia.ISBN 0-7216-0008-5.
- ↑Cooper, M. D. e Alder, M. N. (2006). "The evolution of adaptive immune systems".Cell124 (4): 815–22.PMID 16497590.doi:10.1016/j.cell.2006.02.001.
- ↑Hickman, C. P., Ober, W. C. & Garrison, C. W. (2006):Principios integrales de zoología, 13ª edición. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana.ISBN 84-481-4528-3
- Nelson, Joseph S. (2006):Fishes of the World. 4ª ed. Hoboken, NJ (USA): John Wiley & Sons.ISBN 978-0-471-25031-9
- Schultze, Hans-Peter (2004): "Gnathostomata, Kiefermäuler" in Wilfried Westheide & Reinhard Rieger:Spezielle Zoologie Teil 2: Wirbel und Schädeltiere. 1ª ed. Heidelberg / Berlin: Spektrum Akademischer Verlag.ISBN 3-8274-0307-3
(eninglés)