Gwyllyn Samuel Newton Ford, nado noQuebec o1 de maio de1916 e finado enBeverly Hills (California) o30 de agosto de2006, foi un actorcanadense nacionalizadoestadounidense coñecido comoGlenn Ford.
Ford era fillo dos anglo-quebequeses Hannah Wood Mitchell e Newton Ford, condutor de ferrocarrís.[1] A través do seu pai era sobriño neto do primeiro Primeiro Ministro do CanadáSir John A. Macdonald.[2] Aos oito anos a familia mudouse aSanta Monica (California) e nacionalizouse estadounidense en 1939.
Tras graduarse do instituto comezou a traballar en pequenos grupos de teatro. Entre outros traballos, foi xinete paraWill Rogers. En 1939 foi contratado porColumbia Pictures, adoptando o seu nome artístico, adaptado da localidade de nacemento do seu pai, Glenford, Alberta.[3]
Durante a segunda guerra mundial interrompeu a súa carreira cinematográfica para ingresar como voluntario nos marines. Tivo que abandonalos en 1944 por mor dunha úlcera duodenal que o tivera hospitalizado varios meses.[4]
O papel que o deu a coñecer foi enGilda conRita Hayworth. A súa carreira floreceu nas décadas de 1950 e 1960 e chegou ata a de 1980, especialmente na televisión. O seu papel no filmeSuperman como Jonathan Kent, pai adoptivo deClark Kent deuno a coñecer entre as novas xeracións. Na escena final de Ford neste filme escóitase a canción deBlackboard Jungle, "Rock Around the Clock", na radio dun coche.
- Ford, Peter.Glenn Ford: A Life (Wisconsin Film Studies). Madison, Wisconsin: University of Wisconsin Press, 2011.ISBN 978-0-299-28154-0.
- Thomas, Nick.Raised by the Stars: Interviews with 29 Children of Hollywood Actors. Jefferson, North Carolina: McFarland, 2011.ISBN 978-0-7864-6403-6.
- Wise, James E. e Anne Collier Rehill.Stars in Blue: Movie Actors in America's Sea Services. Annapolis, Maryland: Naval Institute Press, 1997.ISBN 1-55750-937-9