Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Gilles Deleuze

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde novembro de 2020.)
Modelo:BiografíaGilles Deleuze

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xaneiro de 1925Editar o valor en Wikidata
17º distrito de París, FranciaEditar o valor en Wikidata
Morte4 de novembro de 1995Editar o valor en Wikidata (70 anos)
17º distrito de París, FranciaEditar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidioEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemetery of the village of Saint-Léonard-de-Noblat(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmoEditar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de París
Lycée Henri-IV
Lycée Carnot
Liceo Louis-le-GrandEditar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía,ontoloxía,estética,filme earteEditar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, profesor universitario, historiador da filosofía, escritor, historiador, teórico da arteEditar o valor en Wikidata
PeríodoFilosofía contemporáneaEditar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de París 8(1969–1987)
University of Lyon(en)Traducir(1964–1969)
Centre national de la recherche scientifique,investigador posdoutoral(1960–1964)
Liceo Louis-le-Grand
Universidade de ParísEditar o valor en Wikidata
MovementoMaterialismo,postestruturalismo,filosofía occidental efilosofía continentalEditar o valor en Wikidata
ProfesoresJean Hyppolite eGeorges CanguilhemEditar o valor en Wikidata
Influencias
Compañeiro profesionalFélix Guattari:Deleuze and Guattari(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoÉric Alliez(pt)Traducir,Yvonne Toros(pt)Traducir eMiguel AbensourEditar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeDenise Paul GrandjouanEditar o valor en Wikidata
FillosÉmilie DeleuzeEditar o valor en Wikidata
ParentesRégis Deleuze,sobriñoEditar o valor en Wikidata
SinaturaEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteUbuWebEditar o valor en Wikidata
IMDB: nm0989127Enciclopedia Galega Universal: 110676BNE: XX1153545Dialnet: 118845Apple Music: 104926744Musicbrainz: b30c7361-1432-45a1-89ab-cb3f737a33e9Discogs: 29037Find a Grave: 198795581Editar o valor en Wikidata

Gilles Deleuze, nado enParís o18 de xaneiro de1925 e finado na mesma cidade o4 de novembro de1995, foi unfilósofofrancés cuxas ideas se inscriben inicialmente nomovemento estruturalista e nas denominadas "filosofías da morte do suxeito", aínda que o seu pensamento, creador e iconoclasta, é inclasificable.Michel Foucault dixo del que era "o único espírito filosófico de Francia", e que o século XX sería deleuziano.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Estudou filosofía conFerdinand Alquié,Georges Canguilhem,Merleau-Ponty,Maurice de Gandillac eJean Hyppolite naSorbona. Exerceu como profesor de filosofía en varias cidades de provincia e posteriormente simultaneou a súa docencia enParís eLión.

Dende1969 foi profesor de filosofía naUniversidade París VIII -Vincennes, ata a súa xubilación en1987, data na que pasou a ser profesor emérito. Unha das súas últimas actividades foi a de colaborar coa cadea de televisión ARTE narrando a súa visión do mundo a partir doabecedario. Afectado por unha grave insuficiencia respiratoria, suicidouse o sábado 4 de novembro de1995 lanzándose pola fiestra do seu apartamento da avenida de Niel enParís. Esta tráxica morte súmase á deFoucault (que morreu en1984 por mor daSIDA), aos suicidios deGuy Debord eNikos Poulantzas e á morte deAlthusser (en1990, ingresado nun psiquiátrico despois de asasinar a súa muller), e pecha un sombrío destino da denominada escola de París dos anos 60-80.

Pensamento

[editar |editar a fonte]

Segundo Deleuze, a tarefa da filosofía actual é pensar as condicións que fan posible a aparición das nocións mesmas deser e desuxeito que están na base dafilosofía moderna, xurdida pola necesidade de fundamentar o ser no suxeito debido á fin dasmetafísicas do ser que se produciu ao final daIdade Media. Deleuze comparte esta investigación con autores como Foucault, por exemplo, e efectúaa baixo a principal inspiración deNietzsche. Trátase de mostrar que hai un fundamento anterior ao ser e ao suxeito, e ao ser como suxeito. Trátase, pois, de "desconstruir" asubxetividade e criticar aidea segundo a cal o suxeito e a súa representación son o punto de partida e o fundamento. Con isto aborda unha nova forma de pensar, en tanto que se trata de pensar o non-pensado e velado pola lóxica da identidade.

Esta forma de pensar, que en Deleuze se desenvolve a partir do estudo minucioso de grandes filósofos (a súa primeira produción filosófica son unha serie de monografías sobre omaterialismo deLucrecio, opanteísmo deSpinoza, oempirismo deHume, ovitalismo deBergson, o pensamento deKant e o deNietzsche), desenvólvese a partir da crítica da liña de pensamento que vai dendePlatón aHegel pasando polocristianismo eDescartes, e que se baseou nodualismo entremateria eespírito. Contra este dualismo Deleuze reivindica o proxecto nietzscheano da inversión doplatonismo, e unha concepción do real entendido como formado por unha multiplicidade de planos sen cabida para aquel dualismo nin para un pretendido privilexio do suxeito como polo de referencia. Esta crítica do dualismo susténtaa Deleuze novitalismo de Bergson (ata o punto de que pode considerarse que é Deleuze quen desenvolve o bergsonismo), e no vitalismo de Nietzsche (Deleuze contribuíu á súa revitalización como pensador, e foi un dos impulsores do renovado interese pola súa obra). Oélan vital de Bergson, como oeterno retorno nietzscheano aparecen como afirmacións incondicionais da vida fronte ao pensamento negativo de raíz platónica, cristiá e que culmina nas nocións dealienación edialéctica enHegel.

En lugar da negación da negación, Deleuze, seguindo a crítica nietzscheana ao hegelianismo, sustenta a afirmación da afirmación. Por iso a filosofía non pode limitarse a ser crítica, senón que ten que ser creadora de valores novos, e efectuar aquela tarefa de pensar o non pensado, así como pensar as bases da aparición do privilexio metafísico do ser entendido como identidade, e o privilexio do suxeito. Se na demolición do dualismo de raíz platónica Deleuze se inspira en Nietzsche, a posta en cuestión do principio de identidade e do papel do suxeito inspírase nos seus estudos sobre o empirismo de Hume (que, á súa vez, é un dos puntos de partida da filosofía de Bergson).

Deleuze mostra que o que aparece trala subxectividade non é a antiga noción doser, senón a diferenza; o ser comodiferenza, o ser comotempo. O tema dadiferenza é o núcleo do pensamento de Deleuze, quen considera que a noción imperante de subxectividade e de identidade é a que imposibilitou o pensamento da diferenza. A elaboración dun pensamento da diferenza, non subordinado á identidade, implica unha relectura da historia da filosofía xa que, segundo Deleuze, en filósofos tales como Lucrecio, Spinoza,Leibniz, Hume, Kant, Nietzsche e Bergson; en literatos comoProust,Sacher-Masoch ouKafka; en determinados aspectos da noción psicolóxica de inconsciente e en pintores comoBacon, defínense implícita ou explicitamente aspectos clave do ámbito da pre-subxetividade (a duración bergsoniana, por exemplo, que é constitutiva do suxeito). De aí a serie de estudos monográficos que Deleuze elabora sobre os autores mencionados. Así, por exemplo, analiza a filosofía de Hume e con el pregúntase ¿como é posíbel que a partir do dado poida construírse o suxeito? Como Hume, considera que son oshábitos quen o constitúen pero, entón, son estes os que nos teñen a nós e non nós a eles. En lugar dunha teoría do que facemos debe elaborarse unha teoría do que nos fai. Como Bergson, afirmará que todoorganismo é un conxunto de contraccións, retencións e esperas; unhadobra da materia-imaxe, do tempo-duración, dobra que aparece como diferenza.

A filosofía do ser e do suxeito baseada no ocultamento da diferenza considerou dous tipos de diferenzas:

  • a diferenzaconceptual eintrínseca (segundo a cal x e y son diferentes cando non poden definirse da mesma maneira) e
  • a diferenzanon conceptual ouextrínseca (segundo a cal x e x' son diferentes polo feito de non ocupar o mesmo espazo, aínda que poidan definirse da mesma maneira).

Nese caso, a diferenza non conceptual é concibida como repetición do idéntico, pero Deleuze nega que a repetición sexa a reprodución dunha realidade orixinaria: non pode haber unha repetición non conceptual, de maneira que a repetición non é nunca unha repetición dun modelo orixinario. Desta maneira, pon en cuestión as teorizacións doprincipio de identidade e da noción clásica de suxeito que, para Deleuze, é sempre necesariamente heteroxéneo, e o seu pensamento, de raíz bergsoniana, é o do cualitativo, fóra de toda cuantificación. Iso non invalida a necesidade do estudo matemático, pero Deleuze sinala dúas estruturas topolóxicas diferentes do espazo:

  • a estrutura estriada, que procede dun punto de vista fixo, e
  • a estrutura lisa, que é o lugar do devir, do fluxo e das multiplicidades intensivas, que se correspondería ao mundo duncorpo sen órganos.

Análise das súas obras

[editar |editar a fonte]

O conxunto das investigacións e resultados dos seus estudos exponos Deleuze nas súas obras fundamentais, tales comoDifférence et répétition (1968);Logique du sens (1969, obra de gran diversidade temática, na que estuda autores comoLewis Carroll, osestoicos,Klosowski,Gombrowicz,Joyce etc.);Le Pli - Leibniz et le baroque;Cine 1: a imaxe - movemento (1981);Cine 2: a imaxe - tempo (1985). Obras, todas elas, que tiveron unha grande influencia no pensamento contemporáneo, en autores como Foucault ouPaul Virilio, por exemplo.

EnDiferenza e repetición Deleuze aborda a cuádrupla raíz da representación: aidentidade, aanaloxía, aoposición e asemellanza, e o panorama ontolóxico que xorde deste estudo non é xa o dun mundo poboado por suxeitos ou obxectos, senón por singularidades libres, asubxectivas e preindividuais; intensidades virtuais bergsonianas, esencias espinozianas e forzas nietzscheanas.

EnO Antiedipo (1972), escrito en colaboración co ex psiquiatraFélix Guattari, estuda outra das condicións da pre-subxectividade, a noción deinconsciente, e aborda a relación dapsicanálise coa política e a historia. Nesta obra afírmase que a psicanálise, en tanto que se sustenta nun modelo familiar tradicional (o que se manifesta na mesma importancia outorgada ao complexo de Edipo), non é máis ca un instrumento derepresión, entre outros, incapaz de comprender a realidade dodesexo individual, que Deleuze e Guattari mostran multiforme, creador e imposible de canalizar. De feito a mesma noción docomplexo de Edipo é, segundo Deleuze-Guattari, unha manifestación daquela noción viciada da repetición: é o desexo actual do suxeito como repetición alienada dunha catexis orixinaria que o segue atando á nai e institúe o desexo como negatividade, de maneira que todo desexo ulterior será concibido como unha repetición imperfecta daquel primeiro desexo orixinario. En contra disto Deleuze e Guattari sustentan o carácter plenamente afirmativo do desexo, e sinalan que as repeticións non son reprodución de ningunha relación orixinaria fundante: non hai repetición dun primeiro termo. Por iso, contrariamente ás análises clásicas que insisten na relación do desexo coa carencia (esta é a interpretación dePlatón enO banquete eFreud enO complexo de Edipo), Deleuze preséntao como orientado, de feito, cara á produción e articulación de solucións inéditas: desexar é transgredir as normas e facer aflorar fluxos profundos. Por outra parte, non é o desexo o que se converte en necesidade, é todo o contrario: son as necesidades as que se converten en desexo.

EnMil mesetas (1980, segundo tomo deCapitalismo e esquizofrenia, obra da calO Antiedipo é a primeira parte), prolóngase esta concepción do desexo e damáquina desexante, o estudo das estruturas lisas e estriadas do espazo, diríxese fundamentalmente ás súas consecuencias políticas.

Obras

[editar |editar a fonte]
  • Empirisme et subjectivité: essai sur la nature humaine selon Hume (1953).[1]
  • Nietzsche et la philosophie (1962).[1]
  • La philosophie critique de Kant (1963)[1]
  • Proust et les signes (1964)[1]
  • Nietzsche:sa vie, son oeuvre, avec un exposé de sa philosophie (1965)[1]
  • Le bergsonisme (1966)[1]
  • Différence et répétition (1968)[1]
  • Présentation de Sacher-Masoch (1967)[1]
  • Spinoza et le problème de l'expression (1968)[1]
  • Logique du sens (1969)[1]
  • Capitalisme et schizophrénie 1. L'anti-Oedipe' (1972)[1]
  • Capitalisme et schizophrénie 2. Mille plateaux (1980)[1]
  • Spinoza : philosophie pratique (1981)[1]
  • Francis Bacon: logique de la sensation (1981)[1]
  • Cinema 1:the movement-image (1983)[1]
  • Kafka :pour une littérature mineure(1985)[1]
  • Cinéma 2, L'image-temps (1985)[1]
  • Foucault (1986)[1]
  • Périclès et Verdi (1988)[1]
  • Le Pli - Leibniz et le baroque (1988)[1]
  • Qu'est-ce que la philosophie (1991).[1]
  • Critique et clinique (1993)[1]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,001,011,021,031,041,051,061,071,081,091,101,111,121,131,141,151,161,171,181,191,201,21"IdRef - Identifiants et référentiels pour l'Enseignement supérieur et la Recherche".www.idref.fr.https://www.idref.fr/. Consultado o 08 de abril de 2020. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Gilles_Deleuze&oldid=6910343»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp