
Atinguidura de Giemsa é un método habitual para o exame de frotis sanguíneos, cortes histolóxicos e outro tipo de mostras biolóxicas. Este método ten utilidade sobre todo para manifesta-lasrickettsias localizadas dentro dacélula hóspede. A coloración Giemsa emprégase tamén para tinguir frotis de sangue no exame para protozoos, aínda que tamén se poden empregar outras coloracións como é a técnica de citoconcentración para parasitos sanguíneos, a cal ten un baixo custo e ofrece a posibilidade de illar e identificar no mesmo sedimento o parasito principal, con excepción dos trofozoitos máis novos e oPlasmodium falciparum. Tamén se emprega a modificación de Wright.

Estes organismos adquiren unha coloración diferencial e vense dentro do citoplasma da célula hóspede. A técnica de Giemsa está formada por varios colorantes: as tinturas neutras empregadas combinan oazul de metileno como tintura básica e a eosina como tintura ácida, o que dá unha ampla gama de cores; o azul de metileno é un colorante metacromático, de aí que moitas estruturas se tingan de púrpura e non de azul. O pH da solución de coloración é crítico e débese axustar idealmente de acordo a diversos fixadores. A gama do pH debe estar entre 6.4 e 6.9.
Para mostras histolóxicas, os mellores resultados obtéñense en mostras fixadas con formol, incluídas en parafina e cortadas entre 3 e 6microns.
Os resultados obtidos son os seguintes:
Esta técnica presenta multitude de variantes, pero as diferenzas baséanse no emprego ou non de diferenciador, o tempo de permanencia do colorante, o uso de alcohois en diferente graduación etc.