Gian Lorenzo Bernini
 |
| Biografía |
|---|
| Nacemento | 7 de decembro de 1598 Nápoles (Reino de Nápoles) |
|---|
| Morte | 28 de novembro de1680 (81 anos) Roma (Estados Pontificios) |
|---|
| Lugar de sepultura | basílica de Santa María a Maior |
|---|
| Residencia | Casa Bernini(pt) (1606–1642) Palazzo Bernini(pt)  |
|---|
| Relixión | Catolicismo |
|---|
| Actividade |
|---|
| Lugar de traballo | Italia Roma París Siena |
|---|
| Ocupación | escultor, arquitecto, debuxante arquitectónico, pintor, artista, deseñador |
|---|
| Xénero artístico | Arte cristiá,pintura paisaxística,nudez na arte,retrato eCaricatura |
|---|
| Movemento | Barroco |
|---|
| Obra |
|---|
Obras destacables |
| Familia |
|---|
| Familia | Bernini(en)  |
|---|
| Cónxuxe | Caterina Tezio |
|---|
| Fillos | Domenico Bernini |
|---|
| Pai | Pietro Bernini |
|---|
| Irmáns | Luigi Bernini Giuditta Bernini |
|---|
|
| Descrito pola fonte | Het Gulden Cabinet(en) , (sec:Cavailler Bernin, Het Derde Deel, pag. 445) Teutsche Academie der Edlen Bau- Bild- und Mahlerey-Künste, (sec:Bernini, Gian Lorenzo, 199) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
|---|
      |
Gian Lorenzo Bernini, nado o7 de decembro de1598 enNápoles e finado o28 de novembro de1680 enRoma, foi un prominente escultor e arquitecto na Roma doséculo XVII.
Foi un dos máis fieis intérpretes da arte contrarreformista e da renovación católica romana, a súa visión artística é escenográfica e teatral. Son fundamentais as súas achegas ó nacemento da arte barroca. Tras as súas primeiras esculturas para o cardeal Borghese, con múltiples puntos de vista e dinamismo pleno de realidade, comezou en1624 o seu labor en San Pedro: o baldaquino, a cátedra, as tumbas deUrbano VIII eAlexandre VII caracterizadas por invencións variadas e sorprendentes, movemento e espectacularidade, integración de artes, tipos e materiais e alegorías cristiáns. A columnata exterior, tamén obra súa, relaciona a igrexa co espazo exterior como sucede coas fachadas do palacio Barberini e das súas igrexas, na cal os valores plásticos superan ós espaciais.
Entre as obras máis coñecidas de Bernini están as fontes de Roma, fontes pesadas caracterizadas como axentes da natureza, esculturas e rochas que forman coas fervenzas de auga un todo único, que converte á auga en escultura. Destacan aFonte dos Catro Ríos e aFonte do Tritón.