Gerard Piqué i Bernabéu, nado enBarcelona o2 de febreiro de1987, é unfutbolista catalán que xoga comodefensa noFútbol Club Barcelona. Foi o terceiro futbolista, trasMarcel Desailly ePaulo Sousa, en lograr gañar aLiga de Campións da UEFA dous anos seguidos con dous equipos diferentes,[1] no 2008 coManchester United e no 2009 co Barcelona.
Tamén xoga naselección de fútbol de España, coa que gañou aCopa Mundial de Fútbol en2010 e aEurocopa de2012, dous dos tres títulos do triplete conseguido pola selección entre2008 e2012, inédito na historia do fútbol.[2]
Xogou en todas as categorías inferiores doFC Barcelona, con todo asinou o seu primeiro contrato profesional coManchester United un dos clubs dofútbol profesional inglés onde se puido formar como profesional.
Debutou co primeiro equipo doManchester United en outubro de2004 substituíndo aJohn O'Shea na vitoria do equipored por 0-3 ante oCrewe Alexandra, na terceira rolda daCarling Cup[3],
Asinou o seu segundo contrato cos ingleses en febreiro de2005, logo de ter varias boas actuacións no equipo reserva do equipo de Manchester. O seu debut como titular no primeiro equipo chegou o 26 de marzo de2006, nun partido dePremier League ante oWest Ham United.
No verán de2006, oManchester United e oReal Zaragoza chegaron a un acordo para a cesión do xogador por unha tempada. Xogou 22 encontros de titular co equipo zaragozano, formando no centro da defensa xunto ao arxentinoGabriel Milito. Tamén actuou na posición demediocentro defensivo con solvencia. Finalizan na 6ª posición clasificándose así para disputar aCopa da UEFA.
OManchester anunciou en maio de2007 que Piqué volvería á entidade inglesa tras a súa boa tempada enEspaña[4]. Piqué entrou a formar parte do primeiro equipo. Marcou o seu primeiro gol naLiga de Campións da UEFA o7 de novembro de2007, ante oDynamo de Kíiv deUcraína na fase de grupos. Volveu marcar en devandita competición o 12 de decembro, fronte aoAS Roma. Esa tempada conseguiu o título daPremier League coManchester United e tamén aLiga de Campións da UEFA da tempada.
O27 de maio de2008, Piqué asinou un contrato de 4 anos coFC Barcelona cunha cláusula de 50 millóns de euros[5]. Da man do técnicoPep Guardiola, Piqué converteuse nun dos activos máis importantes para a defensa "azulgrana". O equipo catalán asinou unha primeira volta histórica, conseguindo 50 puntos.
O2 de maio de2009 anotou o sexto gol na goleada por 2-6 que oFC Barcelona conseguiu fronte aoReal Madrid noEstadio Santiago Bernabéu.
O13 de maio de2009 foi titular na final onde o seu equipo proclamouse campión daCopa do Rei, partido que venceu o club blaugrana por 1-4 enfrontándose aoAthletic Club de Bilbao. O16 de maio de2009, gañou o seu primeiro título dePrimeira División de España, ao perder oReal Madrid por 3-2 fronte aoVillarreal CF, sendo campión matematicamente oFC Barcelona.
Esa mesma tempada, o27 de maio de2009 formaría parte do once titular doFC Barcelona que disputou a final daLiga de Campións da UEFA, precisamente contra o seu exequipo, oManchester United, noEstadio Olímpico de Roma. OFC Barcelona venceu por 2-0, conseguindo así Piqué a súa segundaUEFA Champions League consecutiva grazas aos goles deEto'o e o arxentinoMessi.
O26 de febreiro de2010, Gerard Piqué renovou[6] o seu contrato coFC Barcelona ata 2015 cunha cláusula de rescisión de 200 millóns de euros.
Foi internacional en 14 ocasións coaselección de España. Debutou, como titular, o 11 de febreiro de 2009 nun partido amigable anteInglaterra noRamón Sánchez Pizjuán,Sevilla. O28 de marzo de2009, no seu segundo partido internacional, noEstadio Santiago Bernabéu anteTurquía, anotou o seu primeirogol coa camiseta dea vermella.
O11 de xullo de2010 xogou a final doMundial de Fútbol Suráfrica 2010, proclamándose campión. Gerard Piqué, Iker Casillas e Joan Capdevila foron os únicos xogadores da selección española que disputaron todos os partidos do Mundial.
Tamén xogou en 3 ocasións coaSelección de fútbol de Cataluña, aínda que sen marcar ningún gol. A última ocasión foi o 22 de decembro de 2009 contra aSelección Arxentina de fútbol onde gañaron 4-2 baixo as ordes deJohann Cruyff.
Actualizado o 15 de maio de 2010
O pai de Piqué, Joan éavogado e a súa nai Montserrat é directora dunhospital.[7] O seu avó,Amador Bernabéu, foi vicepresidente doFC Barcelona.