Ocupou diferentes cargos de importancia na educación nacional francesa na época deNapoleón e tras a restauración dosBorbóns, e foi profesor de anatomía comparada no Museo Nacional de Historia Natural de Francia, en París. Tamén é famoso por ser o principal enunciador docatastrofismo.
Dedica os seus tempos de lecer ao estudo dahistoria natural: recollefósiles e fai comparacións coas especies viventes. Destes traballos solitarios deduciría a lei decorrelación das formas, que lle permitiu a reconstitución de esqueletos completos a partir duns poucos fragmentos. Moi cedo ten a intuición da necesidade dunha nova clasificación doreino animal.
O talento de Cuvier chamoulle a atención aHenri Alexandre Tessier (1741-1837),agrónomo, que o chama aParís en1795, onde de contado se fai notar, quer polas súas clases, quer polos seus escritos. O seu saber de autodidacta e a orixinalidade dos seus métodos fan que sexa admitido noJardin des Plantes de París, ondeJean-Claude Mertrud, e despoisLouis Jean-Marie Daubenton, procuran a súa colaboración e o introducen na Academia das Ciencias de Francia.
Foi nomeado sucesivamente profesor de historia natural nasescolas centrais, e asistente da cátedra de anatomía comparada (desempeñada por Mertud) no Museo Nacional de Historia Natural de Francia. Á morte de Mertrud en1802, ocupou como titular esta cátedra no Museo de París.[4] Nesta institución, Cuvier emprendeu gran cantidade de estudos de anatomía comparada que deron lugar ao recoñecemento dos seus métodos pola comunidade científica da época, á cal conseguiu adherir ao seu programa científico para o estudo dosfósiles.[5]
Foi tamén profesor doCollège de France e membro da Academia das Ciencias, onde foi nomeado secretario perpetuo para as ciencias físicas en1803. O mesmo ano casa coa viúva do antigofermier général Duvaucel, guillotinado no ano I. Os seus catro fillos morreron antes do que el, e a súa morte causoulle moita dor. Foi admitido como membro estranxeiro daRoyal Society o17 de abril de1806.
Unha sucesión de honores conducírono áAcadémie française en1818, a serpar de Francia en1831, pasando poloConsello de Estado e á chancelaría da Instrución pública, por non falar das distincións académicas que lle chegaron do mundo enteiro.
Foi inspector de estudos, co-conselleiro e chanceler da Universidade (1808), e desempeñou varias veces as funcións de gran mestre, aproveitando esta posición para favorecer o ensino da historia natural e das ciencias en xeral. Nomeado en1814 conselleiro de Estado, e despois presidente do comité do interior, destaca nesta nova actividade por unha alta capacidade, pero amosándose demasiado compracente cara ao poder e consente en encargarse de soster na tribuna medidas impopulares.
Criticado por ambicioso, fixo numerosos adversarios porque non vacilou en atacar as teses de grandes sabios (comoBuffon ouÉtienne Geoffroy Saint-Hilaire); pero tampouco vacilou en axudar financeiramente a colegas necesitados.[6]
Cuvier é un dos fundadores daanatomía comparada moderna. Partindo da súa concepción funcional do organismo, Cuvier investigou a permanencia das grandes funcións fisiolóxicas na diversidade das especies, e enunciou o principio de subordinación dos órganos e a lei de correlación das formas. Así, —sinalaba Cuvier— apredación implica un certo tipo de dentición, untubo dixestivo capaz de asimilar a carne e membros que permitan unha locomoción adaptada a esa dieta.
Cuvier foi o primeiro naturalista en clasificar oreino animal desde o punto de vista estrutural ou morfolóxico que, non obstante, estaba completamente subordinado á función. A súa obra máis importante foiRegne animal distribué d'après son organisation ("Reino animal distribuído a partir da súa organización") que apareceu en catro volumes na súa primeira edición en1817 e en cinco a partir da segunda edición (1829-1830).
Cuvier defendeu o principio segundo o cal, tendo en conta os datos proporcionados pola anatomía comparada, os animais debían ser agrupados en catroplans estruturais de organización (embranchements):vertebrados,moluscos,articulados eradiados. Cada un destes grupos definíase por unha disposición particular dos sistemas esenciais entre os cales se encontraban, fundamentalmente, os núcleos vitais, a saber, ocerebro e oaparello circulatorio. Osistema nervioso, oaparello respiratorio e o resto dosórganos pode variar dentro de cadaplan corporal, indicando sucesivamente aorde, afamilia, oxénero e, en fin, aespecie.
Cuvier xogou un papel crucial no desenvolvemento dapaleontoloxía, considerándose o pai desta especialidade. Grazas ao seu principio de correlación puido crear, por así dicilo, un mundo novo, establecendo, por numerosas observacións, que deberon existir na superficie do globo animais e vexetais que xa desapareceron, pero que se poden reconstruír aínda que só queden apenas algúns restos, e clasificalos metodicamente.
En fin, deulle áxeoloxía novas bases, proporcionando os medios para determinar a antigüidade dos estratos terrestres pola natureza dos restos que gardan. Foi el quen bautizou o períodoxurásico da era secundaria (oumesozoico) en referencia aos estratos sedimentarios no macizo doJura, que coñecía ben.[8]
Por outra parte era seguidor doactualismo ouuniformitarismo (termo empregado porWilliam Whewell en1832: "Os choques actuais son os mesmos que os do pasado"), e está de acordo coas ideasfixistas (que se referían sobre todo á creacióndivina) ecatastrofistas. Por tanto, opoñíase radicalmente aogradualismo, porque estes plans eran considerados irredutíbeis entre si. Tanto o seu funcionalismo como a súa defensa desta irredutibilidade conducírono á súa célebre polémica conGeoffroy Saint-Hilaire.
Partindo das súas observacións paleontolóxicas, Cuvier elaborou unha historia da Terra fundamentada nofixismo e ocatastrofismo. Así, concibiu a historia xeolóxica como unha historia puntuada por revolucións ou catástrofes. En tales períodos produciríase a extinción das especies até entón existentes e a súa substitución por outras.
Non fala de extincións en masa, pero si de extincións maiores (que el chama "revolucións do globo"). Estas extincións produciríanse por catástrofes do tipo de inundacións ou sismos, e despois a Terra sería axiña repoboada por unha nova creación ou por migracións de novas especies que procederían doutras rexións do planeta nas que se salvaran da catástrofe. Así explicaba Cuvier os baleirosestratigráficos do rexistro fósil, que non parecían permitir a inferencia dunha continuidade das formas orgánicas.
Por prudencia de cara ás autoridades relixiosas, excluía o home desta historia xeolóxica.[6]
Desde a perspectiva do catastrofismo, a idade da Terra non necesitaba ser excesivamente prolongada. De aí que Cuvier avogase por só 6.000 anos de antigüidade, o que o enfrontou aCharles Lyell, cuxogradualismo requiría millóns de anos.
Afonte Cuvier, que conmemora a Georges Cuvier ao lado doJardin des Plantes de París
Esta defensa da constancia das especies -fixismo- fixo que se opuxera violentamente aogradualismo, e o enfrontara á correntetransformista iniciada porBuffon e desenvolvida amplamente porLamarck.[9] Xefe de filas da corrente oposta ao transformismo, utilizou todos os poderes que lle daban a súa posición de profesor do Museo de Historia Natural e de secretario perpetuo da Academia de Ciencias para dificultar a difusión das ideas transformistas. Bloqueou o acceso dos seus partidarios á promoción académica, prohibiu o seu acceso ás coleccións do Museo e ás páxinas das revistas científicas nas que tiña o control.[10]
Estas medidas non foron suficientes para desanimar os naturalistas opostos a Cuvier. Os afeccionados -é dicir, os non recoñecidos por unha institución oficial- proseguían con éxito os seus traballos, arrequecían as súas coleccións e publicaban as súas obras. Tiñan as súas propias revistas que, fóra do círculo parisiense, eran ben coñecidas. O ensañamento de Cuvier contra as teorías transformistas está tamén testificado pola tentativa de dificultar a publicación dosAnnales des sciences de l'observation.François-Vincent Raspail, testemuña dos métodos empregados nesta ocasión, dixo:
Cuvier e máis dun dos seus ilustres colegas participan en maquinacións secretas, polas cales o editor foi obrigado a cesar co fin de recuperar a súa liberdade ameazada por unha condena política.[11]
Á morte deLamarck, Cuvier compuxo un "eloxio fúnebre"[12] onde non se privou de ridiculizar e deformar as ideas transformistas deLamarck. Este eloxio, cualificado de "malleira académica", non se leu na Academia de Ciencias até o26 de novembro de1832. Foi traducido para o inglés e constitúe moi probabelmente a orixe da idea errónea segundo a calLamarck atribuía a transformación dos animais á súa "vontade" e aos seus "desexos".
No seu leito de morte, Cuvier tivo coidado de designar aPierre Flourens como o seu sucesor no posto de secretario perpetuo da Academia de Ciencias, o cal, desde a súa dimisión en1864, foi o derradeiro defensor, e o máis encarnizado deles, da doutrina de Cuvier no dominio das ciencias zoolóxicas.[13] Cuvier morreu durante unha epidemia de cólera que asolou París; porén, a causa da súa morte foi un accidente vascular cerebral.[14]
Cuvier representaba o pensamento científico dominante enFrancia, de acordo cos prexuízos racistas da época, e a súa influencia foi grande.[6]
Neste contexto, fixo investigacións sobre os negros africanos que lle parecía que pertencían á "máis degradada dasrazas humanas, na cal as formas se aproximaban ás máis brutas, e onde a intelixencia non se podía educar de ningunha maneira de xeito que puideran chegar a un goberno regular"[15]
Pouco despois da morte deSaartjie Baartman (coñecida como aVenus hotentote), procedeu a disecala en nome do progreso dos coñecementos humanos. Realizou un baleirado completo do corpo e extraeu oesqueleto, ocerebro e osórganos xenitais, que colocou en frascos deformol e expuxo noMuseo do Home.[16] En1817, expuxo o resultado do seu traballo diante da Academia Nacional de Medicina. A publicación das súasObservations sur le cadavre d'une femme connue à Paris et à Londres sous le nom de Vénus hottentote pon de relevo as teoríasracistas dos científicos da época.[17] Fixo sobre todo alusión á clasificación das razas humanas polo "esqueleto da cabeza", e a unha "lei cruel que semella ter condenado a unha eterna inferioridade as razas de cranio deprimido e comprimido".
Saartjie Baartman foi descrita máis polos seus trazos simiescos que pola súa pertenza á raza negra:
A nosa bosquimá do museo é máis prominente aínda que os negros, ten a cara máis ensanchada que os calmucos, e os ósos do nariz máis planos que os uns e os outros. A este último respecto, sobre todo, non teño visto xamais unha cabeza humana máis parecida á dos simios que a súa.[18]
Essais sur la géographie minéralogique des environs de Paris, avec une carte géognostique et des coupes de terrain, conAlexandre Brongniart 1811.(enfrancés)
Le Règne animal distribué d'après son organisation, pour servir de base à l'histoire naturelle des animaux et d'introduction à l'anatomie comparée. 4 vols. 1817.(enfrancés)
Recherches sur les ossemens fossiles de quadrupèdes, où l'on rétablit les caractères de plusieurs espèces d'animaux que les révolutions du globe paroissent avoir détruites. 4 vols. 1812234(enfrancés)
Mémoires pour servir à l'histoire et à l'anatomie des mollusques. 1817.(enfrancés)
Éloges historiques des membres de l'Académie royale des sciences, lus dans les séances de l'Institut royal de France par M. Cuvier. 3 vols. 1819-1827Vol. 1,Vol. 2 , eVol. 3.(enfrancés)
Discours sur les révolutions de la surface du globe et sur les changements qu'elles ont produits dans le règne animal. 1822. Nova edición: Christian Bourgeois, París, 1985.[2](enfrancés)
Histoire des progrès des sciences naturelles depuis 1789 jusqu'à ce jour. 5 vols. 1826-1836.(enfrancés)
Histoire des sciences naturelles depuis leur origine jusqu'à nos jours, chez tous les peuples connus, professée au Collège de France. 5 vols. 1841-1845, editado, anotado, e publicado por Magdeleine de Saint-Agit.(enfrancés)
Cuvier tamén colaborou noDictionnaire des sciences naturelles. 61 vols. 1816-1845, e enBiographie universelle. 45 vols. 1843-18??
↑Foi denominado Georges-Léopold-Chrétien-Frédéric-Dagobert Cuvier. Ver: Mémoires du Baron Georges Cuvier, publicada en inglés porSarah Lee e en francés porThéodore Lacordaire, R. Fournier libraire, Paris, 1833, p.9. "Georges Cuvier", inLouis-François Jéhan,Dictionnaire historique des Sciences physiques et naturelles,J.-P. Migne éditeur, Paris, 1857, p.401-402. "Cuvier (Georges-Léopold-Chrétien-Frédéric-Dagobert, baron)" inPierre Larousse,Grand dictionnaire universel du XIXe siècle, Tome Cinquième, Paris, 1869, p.693-694.
↑Mémoires du Baron Georges Cuvier, publcadas en inglés porSarah Lee e en francés porThéodore Lacordaire, R. Fournier libraire, Paris, 1833, p.13-14. Georges Cuvier, « Mémoires pour servir à qui fera mon éloge », écrits en 1822-1823, in L.-F. Jéhan,Dictionnaire historique des Sciences physiques et naturelles, J.-P. Migne éditeur, Paris, 1857, p.401-402.
↑Vendido nunha poxa, encóntranse partes del no Museo de Historia Natural de París, no Museo de Rouen e nalgunhas coleccións privadas.
↑Caponi, Gustavo (2008).Georges Cuvier: un fisiólogo de museo, 2008.ISBN2-85653-565-8.
↑Gustave Chaix d'Est-Ange (1863-1923),Dictionnaire des familles françaises anciennes ou notables à la fin du XIXe siècle, Tome Treizième, Imprimerie Charles Hérissey, Evreux, 1914, p.31.
↑Nathalie Richard,Inventer la préhistoire. Les Débuts de l'archéologie en France, Vuibert, 2008
↑Taquet, Philippe (2006). Odile Jacob, ed.Georges Cuvier: naissance d'un génie, 2006.ISBN2-7381-0969-1.
↑George Cuvier,Recherches sur les ossements fossiles, Vol. 1, Deterville, Paris, 1812, p. 105.
↑François Clarac, Jean-Pierre Ternaux (dir.),Encyclopédie historique des neurosciences : du neurone à l'émergence de la pensée, De Boeck Université, 2008, p. 531.
↑Mémoires du Muséum d'histoire naturelle, Volume 3, Belin, Paris, 1817, p. 259-274.
↑Mémoires du Muséum d'histoire naturelle, Volume 3, Belin, Paris, 1817, p. 273.
Dorinda Outram,Georges Cuvier: Vocation, Science and Authority in Post-Revolutionary France. Palgrave Macmillan, 1984
Pietro Corsi,Rapport historique sur les progrès des sciences naturelles depuis 1789, et sur leur état actuel, présenté à Sa Majesté l'Empereur et Roi, en son Conseil d'État, le 6 février 1808, par la classe des sciences physiques et mathématiques de l'Institut... conformément à l'arrêté du gouvernement du 13 ventôse an X. París, 2005
Russell, E. S. 1982.Form and function: A contribution to the history of animal morphology. Chicago: University of Chicago Press.
Philippe Taquet,Georges Cuvier, Naissance d'un Génie; 539 pp. Ed. Odile Jacob, París, 2006;ISBN 2-7381-0969-1, en francés