- Para outros artigos de persoas chamadas George Hill, véxase a páxina de homónimosGeorge Hill
George Roy Hill, nado enMinneapolis,Minnesota, o 20 de decembro de 1921 e finado enNova York o 27 de decembro de 2002, foi undirector de cineestadounidense.
Nado nunha familia relacionada co mundo da prensa, obtivo a licenza de piloto aos dezaseis anos. Durante asegunda guerra mundial foi piloto no Pacífico Sur.
Tras estudar música naUniversidade Yale e noTrinity College deDublín, comezou unha carreira como actor de teatro en Nova York, ata que volveu ser chamado ao servizo militar por mor daguerra de Corea.
Logo de pasar polo teatro e a televisión, comezou a ser recoñecido como director de cine conXoguetes no ático en 1963.
A súa sona en Hollywood aumentou a finais dos sesenta, conMillie, unha rapaza moderna eButch Cassidy and the Sundance Kid. Repetiu cos protagonistas deste último filme,Paul Newman eRobert Redford enO golpe, que lle proporcionou oÓscar ó mellor director.
Finou en 2002.