George Eastman
 |
Biografía |
---|
Nacemento | 12 de xullo de 1854 Waterville, Estados Unidos de América(en)  |
---|
Morte | 14 de marzo de 1932 (77 anos) Rochester, Estados Unidos de América |
---|
Causa da morte | suicidio,ferida por arma de fogo |
---|
Lugar de sepultura | Eastman Business Park(en) 43°11′52″N77°37′43″O / 43.197806,-77.628589 |
---|
Residencia | George Eastman Museum(en) (1905–1932) |
---|
Actividade |
---|
Ocupación | emprendedor, filántropo, fotógrafo, inventor, mecenas |
---|
Período de actividade | 1881 - 1932 |
---|
Obra |
---|
Arquivos en | |
---|
Familia |
---|
Cónxuxe | sen valor |
---|
Pais | George Eastman e Maria Kilbourn |
---|
Premios |
---|
|
Sinatura  |
|
Descrito pola fonte | Obálky knih, Medvik >>>:Eastman, George, 1854-1932, Enciclopedia Británica de 1922 |
---|
    |
George Eastman, nado enWaterville (Nova York) o12 de xullo de1854 e finado enRochester o14 de marzo de1932, foi un inventor e empresarioestadounidense, o fundador daEastman Kodak Company e inventor do rolo de película, que substituíu a placa de cristal, co cal conseguiu poñer a fotografía a disposición das masas. O rolo de película sería tamén algo básico para a invención docinema, xa que o seu uso se atopaba nas creacións dos pioneiros do cine comoThomas Edison, os IrmánsLumière eGeorges Méliès.
O4 de setembro de1888 Eastman rexistrou a marcaKodak e recibiu unhapatente para a súacámara que usaba o rolo de película. Ese mesmo ano lanza ao mercado a cámaraKodak 100 Vista, que utilizabacarretes de 100 fotos circulares e para cuxa campaña depromoción acuñou a frase «Vostede aperta o botón, nós facemos o resto». O máis importante é que a partir deste momento xa non se requirían grandes coñecementos enfotografía ou na utilización de produtosquímicos.
Esta cámara vendíase xa cargada e lista para realizar as fotos. Unha vez usada, devolvíase á casa que extraía ocarrete, revelaba as fotos e devolvíaas xunto ácámara xa cargada. Os prezos eran moi económicos, uns 25 $ a cámara cargada e o carrete cargado e 10 $ o revelado. Isto supuxo que o uso dafotografía se puido estender a toda a poboación, é xa que logo o momento da popularización da fotografía.
Xa no ano1889 Eastman mudou o carrete de papel por un deceluloide e uns anos máis tarde eliminou a incomodidade de ter que devolver a cámara enteira, ao comezar a comercialización dun carrete protexido que permite a súa colocación e extracción á luz do día. Foi nestes anos cando xurdiu afotografía deafeccionado.
Eastman, de carácter complexo, fíxose multimillonario grazas ás súas innovacións, investindo grandes sumas de diñeiro en diferentes obras benéficas. Con todo, a súa inestabilidade psíquica levouno aosuicidio. Deixou unha nota na que poñía:
Os meus amigos e mais o meu traballo están feitos, por que esperar?