| GeoNames | |||||
|---|---|---|---|---|---|
Tema principal | |||||
Composto por | |||||
| Persoas e organizacións | |||||
Fundador/a | |||||
| Datas e cronoloxía | |||||
Fundación | |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Fontes e ligazóns | |||||
Páxina WEB | |||||
| Wikidata C:Commons |

GeoNames é unha base de datos xeográfica libre e accesible a través de Internet baixo unha licenzaCreative Commons Atribución 3.0.
A base de datos contén máis de 8 millóns de nomes xeográficos correspondente a máis de 6,5 millóns de sitios existentes.[1] Estes nomes están organizados en 9 categorías e 645 sub-categorías. Datos tales como a latitude, alonxitude,a altitude, apoboación, o sub-división administrativa, eos códigos postais están dispoñibles en varias linguas e para cada localización.
Ascoordenadas xeográficas están baseadas no sistema de coordenadas WGS 84 (Sistema Xeodésico Mundial 1984).
A información é de acceso libre e de balde a través dunha interface de Internet.[2] É posible atopar lugares con base nun código postal, ou preto dun determinado lugar e atopar ligazóns para a sección do artigo daWikipedia.
A interface é de tipoWiki e os usuarios poden engadir datos, mellorar ou corrixir os datos.
Cada recurso enGeoNames é representado como un lugar de recursos identificado por un identificadorURI estable. Este id de URI ofrece acceso, a través da transferencia de información a unha páxina Wiki en HTML ou unha descrición dos recursos en RDF utilizando o dialectoGeoNames.
Este dialecto describe as propiedades dos caracteres GeoNames usando a OWL. As clases e códigos son tamén descritos na lingua SKOS. A través da URL dos artigos na Wikipedia ligados na descrición RDF, os datos GeoNames ffan unha conexión ós datos DBpedia e outros RDF.