Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Xénero (bioloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Genus»)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Xénero.

Oxénero, no campo dabioloxía, é unha unidade sistemática das clasificacións por categoríastaxonómicas.

Características

[editar |editar a fonte]

Componse deespecies (aínda que existen xéneros monoespecíficos) e, en moitos casos, constitúe un grupo tan natural que é de dominio vulgar: o xéneroPinus, integrado por numerosas especies de piñeiros que usualmente teñen unha nomenclatura binomial semellante á biolóxica (piñeiro albar,piñeiro negral,piñeiro carrasco etc.), é unha unidade "xenérica" en sentido corrente.

O nome xenérico ten de ser un substantivo, sen que existan regras precisas para a súa desinencia.

O concepto de xénero e a propia verba foron establecidos porTournefort.Carl von Linné aceptounos, concretando así o seu pensamento: "Hai tantos xéneros coma fructificacións semellantes producidas por diversas especies naturais" (Palau, na tradución daPhylosophya botanica, de Linneo, p. 84). Orixinariamente Linneo e os botánicos da súa escola estableceron os xéneros sobre a base dos caracteres da frutificación.

Na actualidade, para o establecemento de xéneros tómanse multitude de caracteres. Por exemplo, tratándose deplantas superiores considéranse amorfoloxía xeral da flor, afilotaxe, aanatomía etc.

Ao igual que ocorre con outros niveis, nataxonomía dosseres vivos, e debido á enorme dificultade á hora de clasificar certas especies, variosxéneros poden agruparse ensuperxéneros, e os individuos dunxénero poden organizarse ensubxéneros. Estes, á súa vez, poden organizarse eninfraxéneros.

Unnotoxénero é un nivel de clasificación análogo ó xénero pero creado por hibridación doutros (dous ou máis), máis habitual no caso das plantas que dos animais.

Niveis de clasificación

[editar |editar a fonte]
Familia
[Subfamilia]

[Infrafamilia] [Tribo]

[Superxénero]
Xénero
[Subxénero]
[Infraxénero]
Especie
[Subespecie]

Notas

[editar |editar a fonte]
  • Os niveis obrigatorios marcáronse con fondo rosa.
  • A clasificación ordéase de xeral a concreto.
Conceptos base
Taxons
Conceptos asociados
Normas
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xénero_(bioloxía)&oldid=6669061»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp