OF-16 Fighting Falcon é uncaza lixeiro monomotor de combate multipropósito, desenvolvido pola firmaestadounidenseGeneral Dynamics para aUSAF. Acada velocidades deMach 2 e está deseñado para levar ata 9.726 kg de armamento. Orixinalmente deseñado como avión de combate lixeiro diúrno, foi evolucionando ata converterse nun extraordinario cazabombardeiro todo tempo.
As súas excelentes cualidades fixeron que, ademais dosEstados Unidos, 23 países o mercasen, converténdoo no programa de aviación militar máis exitoso de occidente, con ao redor de 4.500 avións construídos. Aínda que na actualidade xa non está sendo vendido á USAF, continúan fabricándose versións melloradas para clientes estranxeiros. No ano1993 General Dynamics vendeu o seu negocio de fabricación de avións áLockheed Corporation, que ás súa vez converteuse en parte deLockheed Martin tras a fusión en1995 conMartin Marietta.
Os modelos de F-16 están designados por números de bloques que se van incrementando para indicar melloras. Os bloques cobren tanto as versións dun asento como as de dous. Un bo número de melloras de software, hardware, sistemas, armas ou estruturais foron realizadas co paso dos anos para mellorar progresivamente os modelos de produción e modernizar os exemplares entregados.
Mentres que moitos F-16 foron fabricados segundo a eses bloques de deseño, houbo moitas outras variantes con cambios significativos, normalmente debido a programas de modificación. Outros cambios producíronse para especializar aos modelos nunha determinada tarefa, como as variantes de apoio aéreo próximo ou recoñecemento. Varios modelos desenvolvéronse tamén para probar novas tecnoloxías. Ademais, o deseño do F-16 inspirou a outros avións, que son considerados derivados. Os exemplares máis antigos están sendo convertidos en obxectivos non tripulados QF-16.[1]
F-16A/B
Os F-16A (monopraza) e F-16B (bipraza) foron as variantes iniciais de produción. Estas variantes inclúen as versións dos bloques 1, 5, 10 e 20. O bloque 15 foi o primeiro gran cambio no F-16, con estabilizadores horizontais máis longos. É a variante máis numerosa do F-16 con 475 unidades fabricadas.[2]
F-16C/D
Os F-16C (monopraza) e F-16D (bipraza) comezaron a fabricarse en1984. A primeira versión C/D foi o bloque 25, cunha aviónica de cabina mellorada e un radar que engadía capacidades todo-tempo con mísiles BVRAIM-7 eAIM-120 aire-aire. Os bloques 30/32, 40/42 e 50/52 foron as últimas versións C/D.[3] O F-16C/D tiña un custo unitario de 18,8 millóns de dólares (1998).[4]
F-16E/F
Os F-16E (monopraza) e F-16F (bipraza) son as variantes do F-16 máis novas. O bloque 60 baséase no bloque 50/50 do F-16C/D e foi desenvolvido especialmente para osEmiratos Árabes Unidos. Conta cun radarAN/APG-80, así como melloras na aviónica, un tanque de combustible conformable, e un máis potente motorGE F110-132.[5][6]
F-16IN
Para o concurso MRCA indio (para u avión multipropósito) para a Forza Aérea India,Lockheed Martin ofreceu oF-16IN Super Viper. O F-16IN baséase no bloque 60 do F-16E/F e conta con tanques de combustible conformables, radar AN/APG-80 AESA, motor GE F110-132A econ controis FADEC]], equipo de guerra electrónica e busca infravermella (IRST) e cristal da cabina actualizado. No2011 o F-16IN xa non estaba no concurso.
F-16IQ
En setembro do2010, a Axencia de Defensa pola Seguridade e Cooperación informou ao Congreso dosEstados Unidos da posible venda ao estranxeiro de 18 F-16IQ, xunto co equipo asociado á reformada Forza Aérea Iraquí. O valor total da venda estímase en 4.200 millóns de dólares.
F-16V
Lockheed Martin deu a coñecer plans para unha nova variante do F-16 no Singapore Air Show de2012. George Standridge, vicepresidente de desenvolvemento de negocios de Lockheed Martin Aeronautics, dixo que a nova versión disporía dun radar de barrido electrónico (AESA), un novo ordenador de misión e varias melloras na cabina.