OFicheiro Integrado de Autoridades (alemán:Gemeinsame Normdatei) ouGND é un ficheiro de autoridades internacional para a organización de nomes persoais, títulos temáticos e entidades corporativas paracatálogos.
A especificación GND fornece unha xerarquía de entidades de alto nivel e subclases, útiles nas clasificacións das bibliotecas, e un sistema para a identificación sen ambigüidades de elementos únicos.
Tornouse operacional en abril do ano2012, e integra o contido doutros ficheiros de autoridades que dende entón xa non están en uso:
Personennamendatei (PND)
Gemeinsame Körperschaftsdatei (GKD)
Schlagwortnormdatei (SWD)
Einheitssachtitel-Datei des Deutschen Musikarchivs (DMA-EST)