| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (de)Angela Maria Raubal 4 de xuño de 1908 Linz (Imperio Austrohúngaro) |
| Morte | 18 de setembro de 1931 Múnic, Alemaña |
| Causa da morte | suicidio,ferida por arma de fogo |
| Lugar de sepultura | Cemiterio central de Viena, Gruppe 23E, Reihe 2, Nummer 73 |
| Educación | Universidade de Múnic |
| Actividade | |
| Profesores | Adolf Vogl |
| Familia | |
| Parella | Adolf Hitler(–valor descoñecido) Emil Maurice(–1927) |
| Nai | Angela Hitler |
| Irmáns | Leo Raubal Jr. |
| Parentes | William Patrick Hitler,curmán entregue Heinz Hitler,curmán entregue Alois Hitler,avó materno Johann Georg Hiedler,bisavó Maria Schicklgruber,bisavó |

Angela Maria "Geli" Raubal, nada enLinz o4 de xuño de1908 e finada enMúnic o18 de setembro de1931, foi unha sobriña deAdolf Hitler célebre pola estreita relación afectiva que mantivo con este, que rematou co seu aparentesuicidio.
Os seus pais eranAngela Raubal (filla do segundo matrimonio do pai de Hitler con Franziska Matzelsberger) e Leo Raubal (inspector da facenda). Geli era o familiar con quen mellor se entendía Hitler. Geli quedou orfa de pai en 1910 e a familia conseguiu saír adiante grazas á axuda da irmá do seu pai, Maria Raubal. En1915 Geli trasladouse aPeilstein ao coidado da súa tía, mentres a súa nai buscaba traballo enViena, cidade á que tamén se trasladou Geli en 1917, e permaneceu alí ata1921 cando de novo volveu a Linz.
En 1927 trasladouse aMúnic para estudar medicina e afondou na relación amorosa que mantiña conEmile Maurice, chofer de Hitler, dende1926. A relación contou coa oposición de Hitler e acabou arrefriando. En 1929 deixou a pensión na que residía dende 1927 e pasou a vivir na residencia do seu tío. O18 de setembro de1931 Geli apareceu morta por un disparo no pulmón, e o forense ditaminou suicidio. Non se sabe a causa do seu suicidio, había rumores que Geli e Hitler eran amantes, algo que nunca se puido probar. Outros rumores apuntan a que foi Hitler quen a matou, pero o día da morte Hitler estaba fóra da cidade nun mitin doPartido Nazi. Outras fontes afirman que Geli suicidouse por celos deEva Braun.
Algunhas fontes afirman que Hitler se fixo vexetariano por causa da morte de Geli en 1931, pero o certo é que xa dende 1924 poucas veces comía carne. Consérvanse espidos de Geli asinados por Hitler, pero non hai certeza de que sexan auténticos.