Ogato ougato doméstico (Felis silvestris catus ouFelis catus),[1][2] chamado familiarmentemicho[3] oumico,[4] é unmamífero doméstico da familia dosfelinos, con unllas retráctiles,carnívoro, depelaxe espesa e suave. Oshumanos adoitan valorar estes animais pola súa compañía e pola súa capacidade de cazar pequenos animais coma osratos. Existen máis de setentarazas de gatos recoñecidas por varios rexistros.
Os gatos posúen unha anatomía semellante á doutrosfélidos, cun corpo forte e flexible, rápidos reflexos, unllas retráctiles afiadas e dentes adaptados para a caza de pequenas presas. Ossentidos de gato entran dentro dunnicho ecolóxicocrepuscular epredatorio. Estes animais poden escoitar sons demasiado leves ou cunhafrecuencia demasiado alta para ooído humano, como os que emiten osratos e outros pequenos animais, e poden ver en condicións deescuridade. Ó igual que a maioría de mamíferos, os gatos teñen unha peorvisión en cor e un mellorsentido do olfacto que os humanos. Malia ser cazadores solitarios, os gatos son unhaespecie social, e a súa comunicación inclúe o uso dunha variedade devocalizacións (por exemploronronando ou miañando) ademais da emisión deferomonas e da linguaxe corporal específica.[5]
Debido áveneración polos gatos noantigo Exipto, a crenza popular máis común foi a de atribuír a súadomesticación a esta época e lugar,[6] mais coñécense instancias de domesticación máis temperás que datan doNeolítico, ó redor do ano 7500 a.C.[7] Un estudo xenético de 2007[8] concluíu que tódolos gatos domésticos descenden degatos salvaxes do Oriente Medio, diverxendo destes ó redor do ano 8000 a.C. no propioOriente Medio,[6][9] e outro estudo de 2017 confirmou que os gatos domésticos descenden destes primeiros gatos domesticados no Oriente Medio.[10][11] Por outra banda, un estudo de 2016 concluíu que oPrionailurus bengalensis pasara por un proceso de domesticación independente naChina ó redor do ano 5500 a.C., malia que esta liña particular de gatos domesticados non deixou traza nas poboacións domésticas actuais.[12][13]
Etimoloxía
O seu nome común procede dolatín vulgarcattus ("gato doméstico"), á súa vez dolatíncatta (usado ó redor do ano75 d. C. porMarco Valerio Marcial).[14][15] Considérase que a palabra latina podería ter a súa orixe nunha linguaafroasiática, mais tódalas palabras destas linguas propostas como orixe presentan problemas. Un gran número de referencias indican o termocabilakaddîska ("gato salvaxe") e o termonubiokadīs como posibles fontes ou cognados, pero segundoLionel Bender o termo nubio é un préstamo doárabeقِطَّة (qiṭṭa).[16]Jean-Paul Savignac suxeriu que a palabra latina procedía dun precursorexipcio docoptoϣⲁⲩ (šau) ou da súa forma en feminino,[17] mais segundoJohn Huehnergard "a fonte [...] era claramente non exipcia en si mesma, onde non se testemuña ningunha forma análoga".[16]
O gato doméstico tería evolucionado doFelis silvestris lybica, que abarca un rango de grandes porcións doOriente Medio en dirección oeste cara á costaatlántica de África.[22][23] Hai entre uns 70000 e 100000 anos, este animal daría lugar á liñaxe xenética que eventualmente produciu os gatos domesticados,[24] diverxendo do gato salvaxe ó redor do ano 8000 a. C. no Oriente Medio.[6][9]
Linneo clasificou inicialmente ós gatos comoFelis catus na súa 10ª edición deSystema Naturae publicada en1758.[1][25] Debido áfiloxenética moderna, os gatos domésticos adoitan considerarse outra subespecie do gato salvaxe,F. silvestris.[1][26][27] Isto deu como resultado unha mestura no uso dos termos, xa que o gato doméstico pode denominarse polo seu nome de subespecie,Felis silvestris catus.[1][26][27] Os gatos salvaxes tamén recibiron en ocasións a clasificación de varias subespecies deF. catus,[27] mais no ano 2003 aComisión Internacional de Nomenclatura Zoolóxica fixou o nome para os gatos salvaxes comoF. silvestris.[28] O nome científico máis común en uso para o gato doméstico éF. catus. En ocasións tamén se denominaronFelis domesticus[29] seguindo a proposta do naturalista alemánJ. C. P. Erxleben en 1777,[30] mais estes non son nomes taxonómicos válidos e só se empregaron en contadas ocasións na literatura científica.[31]
En comparación coscans, os gatos non sufriron cambios maiores durante o seu proceso dedomesticación, xa que as formas e o comportamento do gato doméstico non son radicalmente diferentes ás dosgatos bravos, e os gatos domésticos son perfectamente capaces de sobrevivir en liberdade na natureza.[32][33] É común que gatos domésticos completamente domesticados se crucen con poboacións silvestres deF. catus,[34] producindo híbridos como ogato de Kellas. Esta limitada evolución durante a domesticación significa que a hibridación pode darse con moitos outros félidos, sendo notable no caso doPrionailurus bengalensis asiático.[35] Hai varios comportamentos naturais e características dos gatos bravos que ospredispuxeron para a súa domesticación como mascotas.[33] Entre estas características está o seu pequeno tamaño, a súa natureza social, a súa linguaxe corporal obvia, o gusto polo xogo e a súa relativa alta intelixencia.[36]
Os gatos manteñen unha relación benmutualista oucomensal cos humanos. Existen dúas teorías principais sobre a domesticación dos gatos. Nunha delas indícase que as persoas domesticaron ós gatos deliberadamente mediante un proceso deselección artificial por seren útiles predadores de alimañas.[37] Esta teoría foi criticada por improbable, xa que a recompensa por un esforzo tal sería moi pequena. Os gatos xeralmente non seguen instrucións, e malia que comenroedores, outras especies coma osfuróns ou os cansTerrier poden ser mellores para controlar este tipo de pragas.[26] A teoría alternativa indica que a xente simplemente toleraba os gatos, e que estes diverxeron gradualmente dos seus parentes salvaxes mediante un proceso deselección natural, adaptándose á cazar as alimañas atopadas preto dos humanos nas aldeas e vilas.[26]
Bioloxía
Anatomía
Diagrama do esqueleto dun gato
Lenda
A. Ósos cervicais (7)
B. Ósos dorsais ou torácicos (13, cada un soportando unha costela)
Os gatos domésticos teñen un tamaño semellante ó doutros membros do xéneroFelis, pesando habitualmente entre uns 4 e 5kg.[21] Algunhasrazas coma oMaine Coon poden exceder en ocasións os 11 kg de peso. Pola contra, tamén existen rexistros da existencia de exemplares de gatos domésticos moi pequenos, de menos de 2 kg de peso.[38] Adoitan medir unha media de entre 23 e 25cm de altura e uns 46 cm de lonxitude de cabeza e corpo, sendo os machos habitualmente máis longos que as femias, concolas que miden de media uns 30 cm de largo.[39]
Ocranio dos gatos é infrecuente entre os mamíferos por ter unhasórbitas de gran tamaño e unha forte mandíbula especializada.[43] Na mandíbula os gatos posúendentes adaptados para matar as súas presas e desgarrar carne. Cando conseguen cazar unha presa, os gatos dánlle unha mordedura letal no pescozo cos seus douscairos, inseríndoos entre as vértebras da presa e cortándolle amedula espiñal, o que lles provoca unhaparálise irreversible e a morte.[44] Comparados con outrosfelinos, os gatos domésticos teñen os caninos moi preto o un do outro, sendo isto unha adaptación á súa presa preferida de pequenosroedores con pequenas vértebras.[44] Opremolar e o primeiromolar compoñen o parcarniceiro en cada lado da boca, encargados de rillar de forma eficiente a carne en anacos, como se fosen unhastesoiras. Estes dentes resultan vitais na súa alimentación, xa que os pequenos molares dos gatos fan que estes sexan practicamente incapaces de mastigar.[45] Malia que os gatos adoitan ter unha mellor dentadura que a maioría dos humanos, cun menor decaemento xeral por mor dunha capa protectora deesmalte máis grosa, unhasaliva menos destrutiva, menos retención de partículas de comida entre os dentes e unha dieta na súa maioría libre deazucres, están non obstante suxeitos ás perdas ocasionais de dentes e a infeccións.[46]
Os gatos sondixitígrados, camiñan directamente sobre as súas dedas, mentres que os ósos dos seus pés compoñen a parte inferior da perna visible.[47] Son capaces de camiñar con gran precisión, e ó igual que tódolos felinos pousan cada pata traseira directamente no mesmo lugar onde pousan a pata dianteira correspondente, minimizando o ruído e pegadas visibles que producen. Isto tamén lles proporciona un agarre máis seguro para as súas patas traseiras cando atravesan terreos difíciles. A diferenza da maioría dos mamíferos, o andar dos gatos e rítmico, movendo as dúas patas dun costado antes que as patas do outro. Comparten esta característica coscamelos e coasxirafas. Cando aceleran o paso ata un ritmo de trote, o seu andar cambia a un "diagonal", semellante ó da maioría de mamíferos e outros animais terrestres coma oslagartos, no que as patas traseiras e dianteiras diagonalmente opostas se moven de forma simultánea.[48]
Como case tódolosfélidos, os gatos posúenpoutas protráctiles e retráctiles.[49] Na súa posición relaxada as garras quedan gardadas entre apelaxe e a pel ó redor das dedas das súas patas. Isto mantén as unllas afiadas ó previr que entren en contacto co chan, e permítenlles asexar ás presas de forma silenciosa. As garras das patas dianteiras adoitan ser máis afiadas que as das patas traseiras.[50] Os gatos poden estender as garras de forma voluntaria, habitualmente en defensa propia, para escalar, candoamasan ou cando precisan dunha tracción extra en superficies brandas. A maioría dos gatos posúen cinco garras nas patas dianteiras, e catro nas traseiras.[51] A quinta garra dianteira é proximal en relación ó resto. Tamén posúen unha protusión que se asemella a unha sexta deda. Estas xemas carpais na parte interior dospulsos das patas dianteiras, presentes tamén nas gadoupas doutros grandes felinos e dos cans, non teñen unha función no camiñar normal, mais sérvenlles como axuda para non esvarar cando saltan. Algunhas razas de gatos son propensas ápolidactilia, algo particularmente común na costa nordeste deNorteamérica.[51][52]
A fisioloxía dos gatos aseméllase á do resto de animaiscarnívoros, mais con varias características pouco frecuentes que se atribúen á súa ascendencia de especies nativas dosdesertos.[29] Os gatos son capaces de tolerar temperaturas relativamente altas. Mentres que os humanos adoitan comezar a sentir incomodidade cando a súa temperatura superficial na súa pel supera ós 38 °C, os gatos non amosan incomodidade ata que a súa pel acada uns 52 °C,[53] e son capaces de tolerar temperaturas de ata 56 °C se teñen acceso aauga.[54] Os valores fisiolóxicos normais dos gatos son uns 38,6 °C detemperatura corporal, unritmo cardíaco de entre 120 e 140 latidos por minuto, e unritmo respiratorio de entre 16 e 40 respiracións por minuto.[55]
Os gatos conservan calor reducindo o fluxo desangue cara a súa pel e perden calor por evaporación a través da súa boca. Os gatos posúen unha capacidade mínima desuar, conglándulas localizadas principalmente nas dedas das patas,[56] e sóarfan para aliviar a calor a temperaturas moi altas.[57] A temperatura corporal dun gato non varía durante o día, o que forma parte da falta xeral deritmos circadianos dos gatos e reflicte a súa tendencia de estar activos tanto polo día como pola noite.[58] Asfeces de gato son comparativamente secas e os seusouriños presentan unha alta concentración, ámbalas dúas adaptacións que lles permiten reter unha alta cantidade de auga corporal.[29] Os seusriles son moi eficientes, e poden sobrevivir nunha dieta consistente só de carne, sen auga adicional,[59] e poden incluso rehidratarse bebendoauga mariña.[58][60] Malia que os gatos domésticos sabennadar, son xeralmente reticentes a entrar na auga xa que isto esgótaos con rapidez.[61]
Sentidos
Detalle do ollo e pupila dun gato
Os gatos posúen unha excelentevisión nocturna e son capaces de ver a un sexto do nivel deluz que require a visión humana.[62] Isto débese en parte a que posúen untapetum lucidum nos seus ollos, o cal reflicte a luz que atravesa aretina de volta ó propio ollo, aumentando a súa sensibilidade á luz tenue.[63] A diferenza doutros felinos maiores como por exemplo ostigres, os gatos posúenpupilas en forma de fendedura vertical,[64] capaces de enfocar baixo condicións de luz brillante sen sufriraberración cromática.[64] A baixos niveis de luz, as pupilas dos gatos expándense ata cubrir a maioría da superficie dos seus ollos.[65] Porén, os gatos domésticos teñen unha pobrepercepción da cor, e só posúen dous tipos deconos, optimizados para a sensibilidade óazul e óverdeamarelado, o que lles deixa cunha capacidade limitada para distinguir entre overmello e o verde.[66]
Os gatos teñen un excelente sentido dooído e poden detectar un amplo rango defrecuencias. Poden oirsons máis agudos que os cans e os humanos, sendo capaces de detectar frecuencias dende os 55 Hz ata os 79 000 Hz, nun rango de 10,5 oitavas,[67][68] sendo máis efectivo no rango de entre 500 Hz e 32 kHz.[69] Os gatos poden oírultrasóns, algo que lles axuda na detección e caza deroedores que emiten este tipo de sons.[70][71] Estas capacidades auditivas vense aumentadas polas súas grandesorellas exteriores móbiles, que amplifican os sons e axúdanlles a detectar a dirección da que proceden os mesmos.[70]
Os gatos posúen relativamente poucaspapilas gustativas en comparación cos humanos, ó redor dunhas 470 en comparación das 9 000 dalingua humana.[80] Os gatos domésticos e os bravos comparten unhamutación xenética que lles impide que as súas papilas gustativas para odoce se unan a moléculas azucradas, o que lles impide detectar este sabor.[81] Pola contra, as súas papilas son sensibles ósácidos, ósaminoácidos presentes nasproteínas e ós saboresamargos.[82] Ó igual que outros animais, posúen unórgano de Jacobson naboca que usan no proceso de comportamento coñecido comoreflexo de Flehmen, que lles permite detectar certos aromas. Ademais, os gatos teñen unha preferencia de temperatura distintiva para a súa comida, preferindo a comida a uns 38 °C (100 °F) de temperatura, asemellándose á temperatura dunha presa recentemente cazada, e rexeitando de forma rutineira a comida fría ourefrixerada.[80]
Os gatos posúen ducias devibrisas, especialmente na súa cara. Estas axúdanlle na navegación e na obtención de sensacións, e fornécenlles información sobre a anchura de buracos e da localización de obxectos na escuridade, tanto ó tocar estes obxectos directamente como sentindo correntes de aire. Tamén posúenreflexos corneais para protexer os seus ollos.[83] Cando caen dende lugares altos, entre os 90 cm e os 3 metros de altura,[84] os gatos poden xirar o seu corpo de forma reflexa e endereitarse grazas ó seu agudosentido do equilibrio e a súaflexibilidade,[85] o que se coñece domoreflexo de endereitamento dos gatos.[86] Os gatos sencola (como moitos espécimes das razasmanx ecymric) tamén posúen esta capacidade, xa que os gatos utilizan principalmente o movemento das pernas e a conservación domomento angular para aterrar desta forma.[87]
Saúde e xenética
Aesperanza de vida media dos gatos domésticos foi en aumento dende osanos 1980. A comezos desa década era duns sete anos,[88][89] aumentando ata os 9,4 anos en 1995[88] e ata os 15,1 anos en 2018.[90] Existen non obstante rexistros de gatos que viviron ata superar 30 anos de idade,[91] e o gato máis lonxevo coñecido,Creme Puff, chegou ós 38 anos de idade.[92] Castrar ou capar ós gatos incrementa a súa esperanza de vida. Os gatos machos castrados viven de media o dobre que os non castrados, mentres que as femias castradas viven de media un 62% máis que as non castradas.[88] Acastración resulta beneficiosa para a saúde dos gatos, xa que os machos castrados non poden desenvolvercancro testicular, as femias non desenvolvencancro uterino ouovárico, e ámbolos dous pasan a ter un menor risco decancro de mama.[93]
Os gatos poden verse afectados por unha ampla serie de problemas de saúde, incluíndodoenzas infecciosas,parasitos, feridas edoenzas crónicas. Existenvacinas dispoñibles para moitas destas doenzas, e os gatos domésticos adoitan recibir tratamentos para eliminar parasitos como por exemplo osvermes e aspulgas.[94] O gato doméstico é un organismodiploide que posúe 38cromosomas[95] e aproximadamente 20 000xenes.[96] Identificáronse ó redor de 250trastornos xenéticos nos gatos, moitos deles semellantes óserros conxénitos no metabolismo dos humanos.[97] O alto nivel de semellanza entre ometabolismo dos mamíferos permite que moitas destas doenzas felinas se diagnostiquen empregandoprobas xenéticas orixinalmente deseñadas para os humanos, e de forma inversa permite que os gatos sirvan deorganismos modelo no estudo de doenzas humanas.[98][99]
Os gatos adoitan estar activos tanto de día como de noite, aínda que tenden a estar máis activos polas noites.[100][101] Estes períodos de actividade son flexibles e variados, polo que os gatos domésticos poden ser máisactivos ó amencer e ó anoitecer en resposta a unha maior actividade humana nestes momentos do día.[102] Malia que os gatos domésticos pasan a maioría do tempo nos arredores do fogar ó que pertencen, poden afastarse a varios centos de metros do seu punto central, e establecenterritorios que poden variar considerablemente de tamaño.[101]
Os gatos conservan enerxía ó durmir máis que a maioría doutros animais, sendo isto máis pronunciado segundo se fan máis vellos. O tempo que pasan durmindo varía, sendo habitual unha media de entre 13 e 14 horas ó día, aínda que poden chegar a durmir ata unhas 20 horas ó día. Cando dormen os gatos pasan por curtos períodos desonoREM, acompañados habitualmente de tics musculares, o que suxire que están asoñar durante eses momentos.[103]
Pasan unha cantidade de tempo considerable lambéndose a pelaxe para mantela limpa.[104] Alingua dos gatos posúe unhas espiñas orientadas cara a atrás duns 500 μm de longo, denominadaspapilas. Estas conteñenqueratina, o que fai que sexan ríxidas,[105] actuando en forma depeite. Algúns gatos, en particular os de pelo largo, regurxitan en ocasións bolas de pelo que se acumula nos seus estómagos debido a este tipo de aseo.[104]
Sociabilidade
O comportamento social dos gatos domésticos é variable, e vai dende a individuos solitarios ata colonias de gatos silvestres que se xuntan ó redor dunha fonte de alimento, baseados en grupos de femias cooperativas.[106][107] Porén, algúns gatos domésticos mantidos como mascotas presentan unha pobre socialización. En particular os gatos máis vellos poden ser agresivos cara á gatos novos recentemente chegados, comportamento coñecido como agresión asocial felina.[108]
Malia que os gatos e oscans adoitan caracterizarse como inimigos naturais, poden vivir xuntos se están correctamente socializados.[109] A vida na proximidade de humanos e outros animais domésticos deu lugar a unha adaptación social simbiótica nos gatos, que poden chegar a expresar un grande afecto cara ós humanos e outros animais.Etolóxicamente o dono humano dun gato pode realizar a función dunha especie de "infancia estendida", unha forma deneotenia do comportamento.[110] Os sons agudos que os gatos emiten para pedirlle comida ós humanos poden simular os choros dun bebé humano con fame, algo difícil de ignorar para as persoas.[111] Considérase que o feito de refregarse con humanos ou con outros gatos para impregnar o seu olor é un medio de unión social para os gatos.[112] Os gatos domésticos usan diversasvocalizacións para comunicarse, como por exemplo cando miañan ou cando gruñen.[5] A súalinguaxe corporal, incluíndo a posición das orellas e da cola ou a relaxación do corpo, é un indicador do seu estado de ánimo. A cola e as orellas son un mecanismo de sinais sociais particularmente importante nos gatos.[113][114]
Relacións cos humanos
Unha nena sostendo a un gato
Xunto coscans, os gatos son asmascotas máis comúns en todo o mundo.[115][116] Houbo varios intentos de levar a cabo un censo de gatos, tanto por medio de asociacións nacionais ou internacionais, como o realizado polaCanadian Federation of Humane Societies,[117] coma a través de Internet.[118][119] As estimacións xerais da poboación global de gatos domésticos varían amplamente entre os 200 e os 600 millóns.[120][121][122][123][124][125]
Ademais de manterse como mascotas, os gatos tamén se usan nas industrias internacionais de peles e coiro para facer sombreiros, abrigos, mantas, xoguetes, zapatos e luvas.[126][127][128] Estes usos prohibíronse nosEstados Unidos,Australia e naUnión Europea.[129] Na tradición intelectual occidental, a idea de gatos como obxectos comúns serviu en varias ocasións para ilustrar problemas damecánica cuántica, como por exemplo na disquisición teórica dogato de Schrödinger.[130]
Celébranse tres días comoDía Internacional do Gato: o20 de febreiro (data da morte, en 2009, do gato da filla do presidente norteamericanoBill Clinton),8 de agosto (data proposta en 2002 polo Fondo Internacional para o Benestar Animal) e o29 de outubro (data proposta pola activista Colleen Paige, co obxectivo de estimular o número de adopcións de gatos ventureiros).[131][132][133]
Mordeduras e transmisión de infeccións
Os gatos poden morder ós humanos cando se senten atacados, durante o xogo ou cando son agresivos, e estas mordeduras poden chegar a dar lugar a complicacións de saúde.[134] Unha mordedura de gato difire das mordeduras doutras mascotas xa que os dentes dos gatos son afiados en forma de punta, polo que poden provocarperforacións profundas, que apel adoita cubrir rapidamente atrapandomicroorganismos que poden provocarinfeccións.[134][135]
Tradicionalmente os historiadores tenderon a crer que oAntigo Exipto foi o sitio onde tivo lugar a domesticación do gato, debido as representacións de gatos domésticos en pinturas exipcias de hai uns 3600 anos de antigüidade.[26] Porén, no ano 2004 atopouse nunha tumbaneolítica escavada enShillourokambos,Chipre, ósos dun humano e dun gato depositados preto o un do outro. A estimación sobre a antigüidade desta tumba indicou que tería uns 9500 anos, atrasando no tempo a primeira asociación coñecida entre os humanos e os gatos de forma significativa.[9][140][141] Este descubrimento, combinado con estudos xenéticos, suxeriu que os gatos probablemente foron domesticados noOriente Medio, naCrecente Fértil coincidindo codesenvolvemento da agricultura, e foron levados dende alí ata os actuais Chipre eExipto.[8][11]
No antigo Exipto os gatos erananimais sagrados, e son comúns as representacións da deusaBastet en forma de gato, tomando en ocasións o aspecto guerreiro dunhaleoa.[142] Matar gatos estaba completamente prohibido,[139] e segundo o historiadorgregoHeródoto, cando un gato pertencente a un fogar falecía, a familia enteira pasaría a estar de loito e afeitarían ascellas.[139] As familias levaban ós seus gatos mortos á cidade sagrada deBubastis,[139] onde seembalsamaban e soterraban en depósitos sagrados.[139] Os historiadores indican que os gatos foron introducidos enGrecia e no sur deItalia por primeira vez noséculo V a. C. polosfenicios.[143] A evidencia máis temperá da posesión de gatos domésticos por parte dos gregos provén de dúasmoedas daMagna Grecia que datan de mediados do século V a. C., nas que se representa aIocasto eFalanto, fundadores lendarios deRhegion eTaras respectivamente, xogando cos seus gatos mascota.[144][145]
Porén, os gatos eran aparentemente extremadamente raros entre os antigos gregos e osromanos.[145] Heródoto expresaba o seu asombro dos gatos domésticos en Exipto, xa que anteriormente só viragatos bravos.[145] Incluso en épocas posteriores, osfuróns eran moito máis habituais como mascotas,[145] e considerábanse os cazadores de roedores ideais no lugar dos gatos.[145] A palabra engrego antigo habitual para "gato" eraailouros, que significa "cousa coa cola ondeante",[146][145] malia que esta palabra tamén se podía aplicar a calquera dos "varios carnívoros de longa cola que mantiñan para cazar ratos".[145] Os gatos case non se mencionan naliteratura grega antiga,[145] maisAristóteles si afirmou na súaHistoria dos animais que as "gatas femias son naturalmentelascivas."[147][145] Posteriormente os gregos levaron a cabo unsincretismo da súa propia deusaÁrtemis coa deusa exipciaBastet, adoptando as asociacións desta última cos gatos e adscribíndoas a Ártemis.[148] NasMetamorfoses deOvidio, cando os deuses escapan ó Exipto e toman formas animais, a deusaDiana (equivalente romana de Ártemis) tórnase nun gato.[149]
Os gatos eventualmente desprazaron ós furóns como o control de pragas elixido xa que se consideraban máis agradables para ter ó redor do fogar e eran máis entusiastas na caza de ratos.[150] Durante aIdade Media, moitas das asociacións de Ártemis cos gatos foron implantadas naVirxe María.[150] Os gatos adoitaban representarse en iconografía relixiosa sobre aAnunciación e sobre aSagrada Familia,[150] e segundo unha lenda italiana, na mesma noite que María deu luz aXesús, unha gata virxe enBelén deu a luz a un gato.[150] Os gatos domésticos espalláronse a gran parte do resto do mundo durante aEra dos descubrimentos, levándose comogatos de barcos enveleiros para controlar os roedores a bordo e como talismáns de boa sorte.[151]
Variasrelixións antigas crían que os gatos son ánimas exaltadas, compañeiros ou guías para os humanos, que son omniscientes pero mudos, e polo tanto non poden influenciar as decisións tomadas polos humanos. No Xapón, o gatoManeki Neko é un símbolo de boa fortuna.[152] Namitoloxía nórdica,Freia, deusa doamor, dabeleza e dafertilidade, represéntase montada nun carro tirado por gatos.[153] Nas lendasxudías, o primeiro gato vivía no fogar do primeiro homeAdán como unha mascota que cazabaratos.[154] Segundo estas mesmas lendas, o gato era compañeiro do primeirocan, mais este último rompeu un xuramento que fixeran ambos, o que deu como resultado a inimizade entre os descendentes destes dous animais.[154] Nas lendas xudías tamén se indica que nin os gatos nin osraposos están representados naauga, mentres que tódolos outros animais teñen unha especie mariña que os encarna.[154] Pola súa banda, malia que noislam non hai especies sagradas, osmusulmáns veneran ós gatos. Segundo algúns escritores occidentais,Mahoma tiña un gato favorito, chamadoMuezza.[155] Segundo estes, Mahoma amaba tanto ós gatos que "prefería quedarse sen poder coller o seu manto en lugar de molestar a un gato que estivese durmindo sobre este".[156] Porén, esta historia non ten orixe nos escritores musulmás temperás, e semella ser unha confusión dunha historia dun santosufí posterior,Ahmed ar-Rifa'i, que data de séculos despois de Mahoma.[157] Nasillas británicas vinculados ámitoloxía celta hai lendas como a doCait Sidhe que se mesturan con avistamentos, reais ou non, como os dosgatos de Kellas ou osgrandes gatos británicos.
"Era costume queimar unha cesta, barril ou saco cheo de gatos vivos, que se colgaba dun alto mastro no medio dunhacacharela; en ocasións queimaban unraposo. A xente recollía as brasas e cinzas do lume e levábanas ás súas casas, crendo que traían boa sorte. Os reis franceses adoitaban estar presentes nestes espectáculos e incluso prendían a luminaria coas súas propias mans. En 1648Lois XIV, coroado de rosas e levando unha presa de rosas na súa man, prendeu o lume, bailou perante del e tomou partido no banquete que tivo lugar despois no concello da vila. Mais esta foi a última ocasión na que un monarca presidiu a cacharela deverán enParís. EnMetz prendíanse lumes de verán cunha gran pompa na esplanada, e unha ducia de gatos, metidos en gaiolas devimbio, queimábanse vivos neles, para o divertimento da xente. De forma semellante, enGap, nodepartamento dosAltos Alpes, éra habitual asar gatos sobre as fogatas de verán."[161]
Un dos mitos presentes nun gran número de culturas é que os gatos posúen múltiples vidas. En moitos países a crenza indica que teñen nove vidas, mais enItalia,Alemaña,Grecia e algunhas rexións de falacastelá dise que teñen sete vidas,[162][163] mentres que nas tradiciónsárabes eturcas o número de vidas é de seis.[164] Este mito atribúese á flexibilidade e axilidade natural que exhiben os gatos á hora de escapar de situacións ameazadoras para a súa vida. Outro dos factores que alimenta este mito é o feito de que a miúdo os gatos que caen aterran cos seus pés, usando un reflexo instintivo para xirar os seus corpos. Non obstante e maila este reflexo, os gatos poden resultar igualmente feridos ou falecer a causa dunha caída desde grande altitude.[165]
↑16,016,1Huehnergard, John. "Qitta: Arabic Cats".Classical Arabic Humanities in Their Own Terms.
↑Savignac, Jean-Paul (2004). "chat".Dictionnaire français-gaulois. Paris: Errance. p. 82.
↑Johnson, Warren; O'Brien, Stephen J. (1997). "Phylogenetic Reconstruction of the Felidae Using 16S rRNA and NADH-5 Mitochondrial Genes".Journal of Molecular Evolution44: S98–S116.Bibcode:1997JMolE..44S..98J.PMID9071018.doi:10.1007/PL00000060.
↑Yamaguchi, N.; Kitchener, A.; Driscoll, C.; Nussberger, B. (2015)."Felis silvestris (Wildcat, Wild Cat)".The IUCN Red List of Threatened Species. Arquivado dendeo orixinal o 16 de decembro de 2016. Consultado o 24 de marzo de 2017.
↑Baron, Alan; Stewart, C. N.; Warren, J. M. (1 de xaneiro de 1957). "Patterns of Social Interaction in Cats (Felis domestica)".Behaviour11 (1): 56–66.JSTOR4532869.doi:10.1163/156853956X00084.
↑Bradshawa, J. W. S.; Horsfield, G. F.; Allen, J. A.; Robinson, I. H. (1999). "Feral Cats: Their Role in the Population Dynamics ofFelis catus".Applied Animal Behaviour Science65 (3): 273–283.doi:10.1016/S0168-1591(99)00086-6.
↑Fogle, Bruce, ed. (1981).Interrelations Between People and Pets. Charles C. Thomas Publications. pp. 12–17.ISBN0-398-04169-5.
↑O'Connor, T. P. (2007). "Wild or Domestic? Biometric Variation in the CatFelis silvestris".International Journal of Osteoarchaeology17 (6): 581–595.doi:10.1002/oa.913.
↑Russell, Anthony P.; Bryant, Harold N. (2001). "Claw Retraction and Protraction in the Carnivora: The Cheetah (Acinonyx Jubatus) as an Atypical Felid".Journal of Zoology254 (1): 67–76.doi:10.1017/S0952836901000565.
↑Armes, Annetta F. (22 de decembro de 1900)."Outline of Cat Lessons".The School Journal (E. L. Kellogg & Co.)LXI: 659. Consultado o 12 de novembro de 2007.
↑Lettice, L. A.; Hill, A. E.; Devenney, P. S.; Hill, R. E. (2008). "Point mutations in a distant sonic hedgehog cis-regulator generate a variable regulatory output responsible for preaxial polydactyly".Human Molecular Genetics17 (7): 978–985.PMID18156157.doi:10.1093/hmg/ddm370.
↑US National Research Council Subcommittee on Dog and Cat Nutrition (2006).Nutrient Requirements of Dogs and Cats. Washington DC: National Academies of Sciences, Engineering, and Medicine. p. 292.ISBN0-309-08628-0.
↑Kahn, Cynthia M.; Line, Scott (2007). Hollander, Joseph Lee, ed.The Merck/Merial Manual for Pet Health.Merck & Co. p. 330.ISBN0-911910-99-9.
↑58,058,1US National Research Council Committee on Animal Nutrition (1986).Nutrient Requirements of Cats (2nd ed.). Washington DC: National Academies of Sciences, Engineering, and Medicine. Arquivado dendeo orixinal o 15 de agosto de 2010. Consultado o 19 de agosto de 2018.
↑Ollivier, F. J.; Samuelson, D. A.; Brooks, D. E.; Lewis, P. A.; Kallberg, M. E.; Komaromy, A. M. (2004). "Comparative Morphology of the Tapetum Lucidum (among Selected Species)".Veterinary Ophthalmology7 (1): 11–22.PMID14738502.doi:10.1111/j.1463-5224.2004.00318.x.
↑64,064,1Malmström, T.; Kröger, R. H. (2006). "Pupil shapes and lens optics in the eyes of terrestrial vertebrates".Journal of Experimental Biology209 (Pt. 1): 18–25.PMID16354774.doi:10.1242/jeb.01959.
↑Moulton, David G. (1 de agosto de 1967). "Olfaction in mammals".American Zoology7 (3): 421–429.doi:10.1093/icb/7.3.421.
↑Miyazaki, M.; Yamashita, T; Suzuki, Y.; Saito, Y.; Soeta, S.; Taira, H.; Suzuki, A. (2006). "A major urinary protein of the domestic cat regulates the production of felinine, a putative pheromone precursor".Chemical Biology13 (10): 1071–1079.PMID17052611.doi:10.1016/j.chembiol.2006.08.013.
↑Sommerville, B. A. (1998). "Olfactory Awareness".Applied Animal Behaviour Science57 (3–4): 269–286.doi:10.1016/S0168-1591(98)00102-6.
↑Samorini, Giorgio (2003).Animales que se drogan(encastelán). Barcelona: La Cañamería Global S.L. pp. 29–34.ISBN84-931026-6-0.|data-acceso= require|url= (Axuda)
↑Tucker, Arthur; Tucker, Sharon (1988). "Catnip and the catnip response".Economic Botany42 (2): 214–231.doi:10.1007/BF02858923.
↑Bradshaw, John W. S. (1 de xullo de 2006). "The Evolutionary Basis for the Feeding Behavior of Domestic Dogs (Canis familiaris) and Cats (Felis catus)".Journal of Nutrition136 (7): 1927S–1931.PMID16772461.doi:10.1093/jn/136.7.1927S.
↑"Falling Cats". Arquivado dendeo orixinal o 26 de outubro de 2005. Consultado o 24 de outubro de 2005.
↑Windle, William F.; Fish, Murland W. (1932). "The development of the vestibular righting reflex in the cat".Journal of Comparative Neurology54 (1): 85–96.ISSN0021-9967.doi:10.1002/cne.900540107.
↑Nie, W.; Wang, J.; O'Brien, P. C. (2002). "The Genome Phylogeny of Domestic Cat, Red Panda and Five Mustelid Species Revealed by Comparative Chromosome Painting and G-banding".Chromosome Research10 (3): 209–222.PMID12067210.doi:10.1023/A:1015292005631.
↑Germain, E.; Benhamou, S.; Poulle, M.-L. (2008). "Spatio-temporal Sharing between the European Wildcat, the Domestic Cat and their Hybrids".Journal of Zoology276 (2): 195–203.doi:10.1111/j.1469-7998.2008.00479.x.
↑McComb, K.; Taylor, A. M.; Wilson, C.; Charlton, B. D. (2009). "The Cry Embedded within the Purr".Current Biology19 (13): R507–508.PMID19602409.doi:10.1016/j.cub.2009.05.033.
↑Cafazzo, S.; Natoli, E. (2009). "The Social Function of Tail Up in the Domestic Cat (Felis silvestris catus)".Behav. Processes80 (1): 60–66.PMID18930121.doi:10.1016/j.beproc.2008.09.008.
↑"About Pets".IFAHEurope.org. Animal Health Europe. Arquivado dendeo orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 3 de outubro de 2014.
↑Legay, J. M. (1986). "Sur une tentative d'estimation du nombre total de chats domestiques dans le monde".Comptes Rendus de l'Académie des Sciences, Série III(enfrancés)303 (17): 709–712.PMID3101986.
↑Brush, Stephen G. (1980). "The Chimerical Cat: Philosophy of Quantum Mechanics in Historical Perspective".Social Studies of Science10 (4): 393–447.JSTOR284918.
↑Pate, Alan (2008)."Maneki Neko: Feline Fact & Fiction".Daruma Magazine. Amagasaki, Japan: Takeguchi Momoko. Arquivado dendeo orixinal o 30 de decembro de 2012. Consultado o 30 de decembro de 2012.
↑Al-Thahabi, Shamsuddin."Biography of al-Rifai".سير أعلام النبلاء(enárabe). Arquivado dendeo orixinal o 25 de outubro de 2014. Consultado o 11 de novembro de 2014.