Aviso médico.Advertencia: A Wikipedianon dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Agastrite[1] é unhainflamación das mucosas gástricas. A palabra procede dogrego γαστήρ (gastēr,gastro = ventre,estómago) e -ίτις (-itis, -ite = inflamación). Dependendo da causa, pode persistir de forma aguda ou crónica e pode coincidir con outras enfermidades graves como a atrofia do estómago.
Evítese o uso de medicamentos irritantes comoantiinflamatorios easpirinas, acudir a un médico xa que os fármacos sen receita alivian a dor pero non curan o estómago. Evitar o abuso debebidas alcohólicas etabaco. Existen controversias sobre o hábito de bebercafé eté negro que inflúe na gastrite[Cómpre referencia], polo que o seu consumo debería depender da tolerancia individual.
A mellora das condicións sanitarias, o tratamento daauga para o consumo doméstico, ahixiene persoal (lavado de mans antes de tocar osalimentos), o coidado na preparación e conservación dos alimentos, diminúe significativamente o número de vítimas de intoxicación alimentaria (gastroenterite).
O tratamento está relacionado co axente causante. Nos casos de gastrite aguda asociada ao uso de fármacos antiinflamatorios, a súa suspensión e/ou substitución, asociada ao uso de fármacos que neutralicen, inhiban ou bloqueen a secreción de ácido estomacal, é o tratamento básico.
Aendoscopia, máis utilizada nos casos de gastrite aguda acompañada de hemorraxia, ademais de poder facer o diagnóstico, pode deter o sangrado aplicando diversos tratamentos locais. Non existe consenso sobre a vantaxe de tratar a bacteriaHelicobacter pylori cando hai gastrite sen úlcera, xa que non se observou unha mellora significativa nos síntomas dixestivos.[Cómpre referencia] Nos casos en que existe unha indicación de tratamento para a erradicación da bacteria, este consiste na administración de antibióticos e bloqueadores da produción de ácido gástrico. O tratamento da gastrite consiste en eliminar as súas causas e utilizar medicamentos baixo supervisión médica. Algúns exemplos de remedios para a gastrite son omeprazol, ranitidina e cimetidina, pero unhanutrición adecuada é moi importante para un tratamento exitoso.
A gastrite ou inflamación da mucosa do estómago, ademais de estar relacionada co consumo de alcohol, tamén se pode xerar por infeccións e pola acción de antiinflamatorios non esteroides (como a aspirina)."Nestes casos, comeramorodos durante ou despois da patoloxía podería aliviar a lesión na mucosa gástrica", suxeriu Maurizio Battino, coordinador do grupo de investigación da Universidade Politécnica das Marcas, enItalia.[Cómpre referencia]