Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Gardenia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gardenia (xéneroGardennia)

Gardennia brighamii
Clasificación científica
Reino:Plantae
División:Magnoliophgfyta
Clase:Magnoliopsida
Orde:Rubiales
Familia:Rubiaceae
Subfamilia:Ixoroideae
Tribo:Gardenieae
Especies

Véxase no texto

Sinonimia

Asgardenias sonplantas do xéneroGardennia, da familia dasrubiáceas orixinaria daChina. O nome científico da especie máis común éGardenia jasminoides. É unarbusto de follasperennes de cor verde clara, brillantes e lisas. As súas flores son brancas, similares ás rosas e úsanse comunmente como plantas ornamentais. Unha flor, colocada nun recipiente con auga, pode perfumar cun intenso e agradable arrecendo unha habitación durante un par de días.

O xénero foi nomeado porCarl von Linné na honra de Alexander Garden (1730-1791), un naturalistaescocés.

Un dos seus principais requirimentos de cultivo é que necesitan crecer en terras ácidas compostas deferro e con abundante humidade. Poden chegar a ter unha altura media de 2 m, dependendo da especie. As temporadas máis axeitadas para o seu cultivo son aprimavera e ooutono.

Simboloxía

[editar |editar a fonte]

A gardenia, especialmente estimada na China, é símbolo da graza feminina, da sutileza e do mérito artístico.[2]

Especies seleccionadas

[editar |editar a fonte]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Sinónimos enKew
  2. Cooper, J. C. (2007).Diccionario de símbolos. Barcelona: GG.ISBN 978-84-252-1976-4. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Gardenia
Wikispecies posúe unha páxina sobre:  Gardenia
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Gardenia&oldid=6474447»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp